Rock psicodélico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rock psicodélico
Orixe musical British Rock, folk, blues, folk-rock, garage rock
Orixe cultural ao redor de 1964 nos Estados Unidos
Instrumentos típicos guitarra eléctrica (normalmente con efectos coma fuzz, phaser, flanger, reverb etc.), baixo, batería, órgano electrónico, sitar, sintetizador Moog, theremin, efectos de son de estudo

O rock psicodélico é un estilo de rock que intenta evocar a experiencia psicodélica usualmente asociada co uso de substancias psicodélicas como o cánnabis, a mescalina ou o LSD, aínda que non necesariamente implica o uso de drogas. Dentro da historia do rock, o rock psicodelico é unha ponte desde o rock blues face o rock progresivo e o heavy metal, así como tamén as fusións do rock con xéneros como o jazz ou xéneros musicais do mundo, moi especialmente a música da India polo seu toque místico. Na metade da década dos sesenta nace o rock psicodélico cos experimentos de bandas como The Doors, The Beatles, The Who, The Byrds, Pink Floyd e The Beach Boys para despois influenciar moitas bandas ao redor do mundo que se inspirarían nos modelos sobre todo californianos e británicos de rock psicodélico. En décadas posteriores aparecerian diversas bandas cunha forte influencia psicodélica entre as que destacan grupos tan variados como Hawkwind, XTC, Spacemen 3 o Animal Collective.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.