The Libertines
| The Libertines | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Xénero
| |||||||||||
|
Composto por
| |||||||||||
|
Selo discográfico
| |||||||||||
| Obra | |||||||||||
|
Discografía
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
The Libertines é unha banda inglesa formada en Londres en 1997 por Carl Barât (voces/guitarra) e Pete Doherty (voces/guitarra). O grupo, centrado na parella de compositores formada por Barât e Doherty, tamén inclúe a John Hassall (baixo) e a Gary Powell (batería). A banda é unha das principais representantes do movemento garage rock revival no Reino Unido.
A banda conseguiu certa notoriedade a principios doas anos 2000. A pesar de que o seu éxito entre o gran público foi inicialmente limitado, este medrou rapidamente, chegando a conseguir un sinxelo número 2 e un álbum número 1 no Reino Unido. En decembro do ano 2004, o seu auto-titulado segundo álbuma foi votado o segundo mellor álbum do ano pola revista NME. Ámbolos dous discos do grupo foron producidos por Mick Jones, da banda The Clash.
A pesar do seu éxito de crítica, a música da banda foi eclipsada acotío polos seus conflitos internos, derivados da adición de Doherty ao crack e á heroína, que finalmente levou á ruptura da banda. Doherty ten afirmado que a separación debeuse ás difíciles relacións entre el e Barât, e non aos seus problemas coas drogas.
E agosto do 2010 os catro membros de The Libertines reuníronse para realizar unha serie de concertos, que recibiron unha resposta positiva dos seareiros e a prensa.