Taking Tiger Mountain (By Strategy)
| Taking Tiger Mountain (By Strategy) | ||||
|---|---|---|---|---|
| Álbum de Brian Eno | ||||
| Publicado | novembro de 1974 | |||
| Gravación | setembro de 1974 | |||
| Duración | 48:14 | |||
| Xénero(s) | art rock, glam rock, avant-pop | |||
| Selo(s) | Island Records | |||
| Produtor | Brian Eno | |||
| Cronoloxía | ||||
| ||||
| Na rede | ||||
| [ editar datos en Wikidata ] | ||||
Taking Tiger Mountain (By Strategy) é o segundo álbum en solitario do músico inglés Brian Eno, publicado en novembro de 1974 a través do selo Island Records. A diferenza do seu anterior traballo Here Come the Warm Jets, Eno usou unha banda nuclear de cinco instrumentistas (teclados, guitarras, baixo, batería epercusión) e menos músicos convidados. Tamén participou o guitarrista Phil Manzanera, que tocara con Eno en Roxy Music. Para axudar a guiar a produción do álbum, Eno e Peter Schmidt desenvolveron tarxetas de instrucións chamadas Oblique Strategies para usar a través do proceso creativo.
Taking Tiger Mountain (By Strategy) é unha especie de álbum conceptual con temas que van dende a espionaxe ata a Revolución Comunista Chinesa. A música do traballo ten un son alegre e animado pero con letras escuras. O álbum non entrou nas listas estadounidenses e británicas, pero tivo unha gran cobertura da prensa musical. Foi reeditado nunha versión remasterizada no ano 2004 por Virgin Records.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Brian Eno, agás onde se indique.
| Cara A | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
| 1. | "Burning Airlines Give You So Much More" | 3:18 | |||||||
| 2. | "Back in Judy's Jungle" | 5:16 | |||||||
| 3. | "The Fat Lady of Limbourg" | 5:03 | |||||||
| 4. | "Mother Whale Eyeless" | 5:45 | |||||||
| 5. | "The Great Pretender" | 5:11 | |||||||
| Cara B | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
| 1. | "Third Uncle" | Eno; arranxada por Brian Turrington | 4:48 | ||||||
| 2. | "Put a Straw Under Baby" | 3:25 | |||||||
| 3. | "The True Wheel" | Eno, Phil Manzanera | 5:11 | ||||||
| 4. | "China My China" | 4:44 | |||||||
| 5. | "Taking Tiger Mountain" | 5:32 | |||||||