Archers of Loaf
Archers of Loaf | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Chapel Hill, Carolina do Norte, ![]() |
Período | 1991 - 1998 2011 - presente |
Xénero(s) | indie rock, noise rock |
Selo(s) discográfico(s) | Alias Records |
Membros | Eric Bachmann Matt Gentling Eric Johnson Mark Price |
Na rede | |
http://archersofloaf.net/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Archers of Loaf é unha banda estadounidense de indie rock formada en Chapel Hill, Carolina do Norte no ano 1991. O grupo xirou extensamente e publicou catro álbums de estudio, un recompilatorio, varios sinxelos e EPs, e un álbum ao vivo que foi lanzado despois de que a banda se separase en 1998.[1] No ano 2011 a banda comezou unha xira de reunión que coincidiu coa reedición dos seus álbums a través do selo Merge Records.[2]
Historia[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
O cantante e guitarrista Eric Bachmann, o guitarrista Eric Johnson, o baixista Matt Gentling, e o batería Mark Price, todos orixinarios de Asheville, Carolina do Norte,[3] formaron Archers of Loaf a principios dos 90. Eric Bachmann especializouse en saxofón na Appalachian State University antes de deixalo porque "non quería ser director da banda dun instituto".[4]
O seu primeiro lanzamento en 1992 foi un sinxelo de 45", "Wrong" coa cara b "South Carolina", regalado co primeiro número da revista Stay Free![5][6]
A banda fichou por Alias Records e publicou o seu segundo sinxelo, "Web in Front", en febreiro de 1993, recibindo unha moderada atención por parte das radios universitarias. A canción apareceu nun capítulo da quinta tempada de Beavis and Butt-Head, e foi incluída na banda sonora da película Mallrats en 1995.
Archers of Loaf lanzaron o seu álbum de estrea, Icky Mettle, en setembro de 1993. Foi ben recibido pola crítica, dándolle o crítico Robert Christgau a súa segunda cualificación máis alta,[7] e chegando ao número 18 na lista dos mellores 150 álbum de CMJ New Music Monthly, onde estivo durante 21 semanas. No libro de 2008 The Pitchfork 500 menciónase a "Web in Front" como unha das mellores 500 cancións de décadas recentes.[8]
En 1994 a banda publicou o EP Vs the Greatest of All Time. Porén, a canción "The Greatest of All Time" non aparece neste lanzamento senón no seu segundo álbum, Vee Vee, publicado en 1995. Vee Vee seguía un esquema semellante ao das súas gravacións anteriores e contaba co tema "Harnessed in Slums", que se fixo popular na radio universitaria. O álbum tamén conseguiu certa repercusión fóra da escena independente, e Maverick Records, unha división do Warner Music Group, ofreceulle á banda un contrato que esta rexeitou.[9] Bachmann posteriormente dixo que o grupo non considerou realmente a oferta. A banda aínda tiña un contrato con Alias, e cambiar de selo significaría que terían unha gran débeda con Maverick. Segundo Bachmann, "Xa asináramos un contrato [con Alias] e custa moitos cartos saír desas cousas. Se fixésemos que Maverick comprase o noso contrato, teríamos unha débeda con eles de varios milleiros de dólares. É realmente complexo deste xeito e non tiña sentido facelo". A banda tiña outra razón para rexeitar a oferta de Maverick: non querían verse asociados coas outras bandas de alto perfil do selo. "As outras bandas [en Maverick] eran tan malas..." dixo Price na época. "Hai outras bandas en grandes selos que se asocian con moita merda, pero son tan grandes que hai polomenos algunhas bandas que che gustan. Para nós en Maverick, seríamos nós e Candlebox e Alanis Morissette..."[10]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums de estudio[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Icky Mettle | 1993 | Alias Records |
Vee Vee | 1995 | Alias Records |
All the Nations Airports | 1996 | Alias Records |
White Trash Heroes | 1998 | Alias Records |
Reason in Decline | 2022 | Merge Records |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Discogs (ed.). "Archers of Loaf". Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ Pitchfork (ed.). "Archers of Loaf Announce Reissue Campaign". Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Introduction to the Asheville Music Scene". Asheville Now. 2010-09-11. Archived from the original on 11 de setembro de 2010. Consultado o 2022-07-06.
- ↑ Melanie Haupt (27 de novembro de 2003). "Houston - Music - Quit Loafing!". Houston Press.
- ↑ "Archers of Loaf Discography - Singles - Pette Discographies: A Record Collector's Guide". pettediscographies.com. Consultado o 2022-07-06.
- ↑ "Archers Of Loaf - South Carolina" (en castelán). Consultado o 2022-07-06.
- ↑ "Robert Christgau: Album: Archers of Loaf: Icky Mettle". www.robertchristgau.com. Consultado o 2022-07-07.
- ↑ The Pitchfork 500 : our guide to the greatest songs from punk to the present (1st Fireside trade pbk ed ed.). New York: Simon & Schuster. 2008. ISBN 978-1-4165-6202-3. OCLC 224441121.
- ↑ "Last of the Independents: Archers of Loaf : Rolling Stone". web.archive.org. 2008-11-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 2022-07-11.
- ↑ "Archers of Loaf interview". www.furious.com. Consultado o 2022-07-11.