Saltar ao contido

Pulp (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pulp
Imaxe
 Instancia de
 Nome oficial
Pulp (mul) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
1978 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1978 Editar o valor en Wikidata
 Fin de actividade
2013 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF136822592 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123374687 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0l34z Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm2128978 Facebook: pulppeople Twitter: pulp2011 Youtube: UCXjPo9Camh_4-TTMCQ-OMXA BNE: XX158396 Souncloud: pulp-official Spotify: 36E7oYfz3LLRto6l2WmDcD Apple Music: 312518 Last fm: Pulp Musicbrainz: 76b2e842-5e85-4c97-ab62-d5bc315595b5 Songkick: 97789 Discogs: 2811 Allmusic: mn0000308645 Deezer: 2003 Genius: Pulp Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Pulp é unha banda de rock alternativo formada en Sheffield, Inglaterra en 1978 polo entón adolescente de 15 anos Jarvis Cocker. Foi orixinalmente coñecida como "Arabacus Pulp", pero o nome foi acurtado un ano despois. Os membros de Pulp eran todos compañeiros que asistían á City High School en Sheffield e acompañaron á banda Crude, da mesma escola, nos seus primeiros concertos. Citan como as súas influencias a David Bowie, The Cure, The Beatles e The Kinks.

Durante os anos 80 a banda esforzouse por conseguir o éxito, pero non sería ata os 90 cando gañarían prominencia no Reino Unido coa edición dos álbums His 'n' Hers en 1994 e particularmente Different Class en 1995, que acadou o número 1 na lista de álbums británica. Different Class conseguiu catro sinxelos top 10, incluídos "Common People" e "Sorted for E's & Wizz", que foron número 2 no seu país. O sexto álbum da banda, This Is Hardcore (1998), tamén debutou no número un no Reino Unido e foi nomeado ao Mercury Prize. No seu auxe, Pulp encabezaron o escenario Pyramid do Festival de Glastonbury dúas veces e foron considerados entre os "catro grandes" do Britpop, xunto con Blur, Oasis e Suede.[1][2]

O estilo musical de Pulp durante este período era un pop-rock influenciado pola música disco cunhas letras ultrarrealistas.

A banda lanzou We Love Life en 2001 e despois tomouse unha pausa dunha década, despois de vender máis de 10 millóns de discos.[3] Pulp reuniuse en 2011 para tocar en varios festivais e lanzaron "After You" en 2013, a súa primeira canción en 12 anos. A banda reuniuse por segunda vez en 2022 para unha nova xira e, máis tarde, lanzou o seu oitavo álbum, More, en xuño de 2025.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
It1983Red Rhino Records
Freaks1987Fire Records
Separations1992Fire Records
His 'n' Hers1994Island Records
Different Class1995PolyGram, Island
This Is Hardcore1998Island Records
We Love Life2001PolyGram, Island
More2025Rough Trade Records
  1. Hann, Michael (2013-08-25). "Suede – review". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-11-16.
  2. Campion, Freddie. "Band of the Week:
    The Drowners"
    . Vogue (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 2025-11-16.
  3. Brown, Glyn. "Darren Spooner: Who the Hell Does He Think He Is?". The Independent. 23 de outubro de 2003

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.