Beat Happening

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beat Happening
Calvin Johnson
OrixeOlympia, Washington,
Período1982-presente
Xénero(s)indie pop, twee pop, lo-fi, noise pop
Selo(s) discográfico(s)K Records, Sub Pop, Domino Records
MembrosCalvin Johnson
Heather Lewis
Bret Lunsford
Artistas relacionadosThe Go Team, D+, The Halo Benders, Dub Narcotic Sound System
Na rede
Facebook: 56959120464 Spotify: 1qHR9DMfOJQjvWLEfMZQlG iTunes: 14835761 Last fm: Beat+Happening Musicbrainz: 449e44cb-bcae-4c48-a1af-5d8df0f81456 Songkick: 417505 Discogs: 243267 Allmusic: mn0000154530 Deezer: 1705 Editar o valor em Wikidata

Beat Happening é unha banda estadounidense de indie pop formada en Olympia, Washington en 1982. Calvin Johnson, Heather Lewis e Bret Lunsford veñen sendo os membros permanentes do grupo. Beat Happening foi un dos primeiros líderes dos movementos indie pop e lo-fi estadounidenses, destacando polo seu uso de primitivas técnicas de gravación, o seu desprezo polos aspectos técnicos na creación de música, e por cancións con temas de natureza infantil ou tímida.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Os membros de Beat Happening coñecéronse mentres estudaban en The Evergreen State College ecomezaron a gravar en 1983. A banda colleu o seu nome dunha película realizada pola moza de Bret Lunsford, Beatnik Happening.[1] A formación básica era batería, guitarra e voces, aínda que cando o grupo naceu os seus únicos instrumentos eran un par de maracas e unha guitarra Sears Silvertone mercada nunha tenda de segunda man. Heather Lewis bromeou unha vez nunha entrevistasobre que a historia da banda podería contarse a través dunha lista das distintas persoas ás cales lle pediron prestados baterías. Heather e Calvin foran membros dunha banda antes e achegáronse a Bret, que non tiña ningunha experiencia musical na época, dicindo que deberían crear unha banda e ir ao Xapón.[1]

Nas súas primeiras gravacións usaron un efecto de dealy Echoplex para engadir unha forte reverberación á guitarra de Bret, nun intento de enmascarar a súa pobre interpretación.[1]

A banda viaxou a Toquio en 1984 coa intención de facer unha xira. O seu primeiro concerto no Xapón foi no instituto dun antigo estudante de intercambio que coñecera Calvin.[1] Os membros do grupo gravaron Three Tea Breakfast, un EP de 5 temas que sería a primeira edición de Beat Happening.[2]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Beat Happening (1985), o seu álbum de estrea, recibiu a aclamación da crítica, ao igual que Jamboree (1988). No tempo da edición de Dreamy en 1991, Beat Happening era unha das bandas máis populares da comunidade indie rock, tendo un papel fundamental no International Pop Underground Festival, que lle conseguiu ao rock anti-corporativo a súa primeira aceptación mainstream. O seu derradeiro álbum foi You Turn Me On, editado en 1992, que representa o afastamento da banda de moitas das súas convencións establecidas nos seus anteriores traballos, destacando o tema "Godsend", que dura 9 minutos e presenta un evidente uso de gravación multipista. O disco foi descrito por Allmusic como unha "obra mestra".[3] Aínda que nunca anunciaron a súa disolución e de dicir nalgún momento que seguían ensaiando unha vez ao mes, os membros de Beat Happening movéronse cara a outros proxectos. No ano 2000 publicaron o sinxelo "Angel Gone", o seu primeiro lanzamento en oito anos.[4]

Crashing Through, que recompila toda a música editada oficialmente pola banda agás dous temas dun casete ao vivo compartido con The Vaselines, foi publicado en 2002. O box set inclúe un libreto cun longo ensaio sobre a historia e o impacto da banda escrito por Lois Maffeo, así como fotografías raras de Calvin, Heather e Bret.

En setembro de 2015 a banda anunciou a edición dun novo recompilatorio abarcando toda a súa carreira titulado Look Around, lanzado a través do selo discográfico Domino Records.[5]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Beat Happening 1985 K Records
Jamboree 1988 K Records/Rough Trade Records
Black Candy 1989 K Records/Rough Trade Records
Dreamy 1991 K Records/Sub Pop
You Turn Me On 1992 K Records/Sub Pop

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Baumgarten, Mark (2012). Love Rock Revolution. Seattle: Sasquatch Books. p. 72. ISBN 978-1-57061-822-2
  2. Baumgarten, Mark (2012). Love Rock Revolution. Seattle: Sasquatch Books. p. 89. ISBN 978-1-57061-822-2
  3. "You Turn Me On - Beat Happening | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-14. 
  4. "Beat Happening - Angel Gone". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-14. 
  5. Coughlan, Jamie (2015-09-22). "Beat Happening Announce Career Spanning Compilation". Overblown (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 2019-11-14.