Interpol (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Interpol (Logo).png
Interpol Concert in Las Vegas, September 19, 2005-4.jpg
Interpol en concerto
OrixeNova York, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período1998 - presente
Xénero(s)indie rock, post-punk revival
Selo(s) discográfico(s)Matador, Capitol Records, Parlophone Records
MembrosPaul Banks
Sam Fogarino
Daniel Kessler
Antigos membrosGreg Drudy
Carlos Dengler
Páxina webhttp://www.interpolny.com

Interpol é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Nova York fundada no ano 1998. A súa formación orixinal estaba composta por Paul Banks (voz, guitarra), Carlos Dengler (baixo, teclados), Greg Drudy (batería, percusión) e Daniel Kessler (voz, guitarra). Drudy deixou a banda no ano 2000 e foi substituído por Sam Fogarino. No 2010, pouco despois de gravar o seu cuarto álbum, Interpol, Dengler abandonou o grupo para dedicarse a proxectos persoais. Na actualidade a banda é oficialmente un trío, contando con David Pajo como baixista e con Brandon Curtis como teclista e corista na súa actual xira.

Daniel Kessler en Santiago no 2010
Daniel Kessler en Santiago no 2010
Paul Banks en Santiago no 2010
Paul Banks en Santiago no 2010


Historia[editar | editar a fonte]

Formación e primeiras edicións[editar | editar a fonte]

O embrión de Interpol naceu cando Daniel Kessler e un amigo chamado Greg Drudy resolveron xuntarse para tocar algunhas cancións, con Daniel na guitarra e Greg na batería. Máis tarde, Daniel coñeceu ao baixista e teclista Carlos "D" Dengler nunha clase de filosofía na universidade, e este entrou no grupo tamén. Para finalizar, Daniel convidou a Paul Banks, que coñecera nunha tempada en París, para se xuntar ao grupo. Unha única visita de Paul ao estudio onde Daniel, Greg e Carlos tocaban foi suficiente para que se interesase e integrase na banda. Nacía así Interpol, en 1998.

A banda pasou algún tempo traballando duro, tocando en estudios, ensaiando e desenvolvendo pouco a pouco o seu son. En 2000, despois de editar o EP Fukd I.D. #3, Greg Drudy deixou o grupo para centarse na banda Hot Cross e no seu selo Level Plane Records, sendo substituído por Sam Fogarino, ao que contratou Kessler.[1]

Matador Records[editar | editar a fonte]

Despois de auto-editar unha serie de EPs entre os anos 1998 e 2001, a banda asinaría un contrato co selo Matador Records a principios do 2002.

No ano seguinte, a banda xa tiña conseguido un certo grao de recoñecemento, o que lles permitiu ser elixidos como banda de apertura de xente como Trail of Dead, The Delgados e Arab Strap. No ano de 2001 continuou a ascensión do grupo, cando participaron nas famosas John Peel Sessions e pasaron a ter unha certa difusión nas radios europeas.

En novembro de 2001, ao lado dos produtores Peter Katis e Gareth Jones, a banda entrou no estudio Tarquin (un antigo manicomio infantil), en Connecticut, para comezar a gravar aquilo que sería un dos máis antolóxicos disco de estrea dos últimos tempos.

Turn on the Bright Lights, o álbum de estrea de Interpol, saiu en agosto do ano seguinte e conquistou de maneira case unánime a crítica e o público ao redor do mundo. A pesar de das frecuentes comparacións con Joy Division e o post-punk británico en xeral, a banda traballa a súa atmosfera sombría e sonoridade densa de maneira orixinal e ben apoiada na competencia técnica dos seus membros. Interpol xa destacou o suficiente para ser apreciado e respectado pola súa música. O presente de Interpol é brillante e seu futuro, altamente prometedor.

Despois de moitos directos chegou a hora da importante proba do segundo disco. Antics foi lanzado no 2004, novamente ben recibido por crítica e público, pero sen o entusiasmo do debut de dous anos atrás. Con Antics, Interpol garantíu a súa reputación dunha das máis competentes bandas actuais. A banda xirou despois da edición do álbum, con máis datas e en lugares máis grandes. A xira alongouse durante 18 meses, e a banda chegou a tocar de abreconcertos de U2 e The Cure.

Capitol Records[editar | editar a fonte]

A finais de marzo do 2006 o batería Sam Fogarino confirmou que a banda estaba de volta no estudio traballando en material novo. Fogarino tamén insinuou que Interpol podería ter asinado co selo Interscope Records, confirmando que deixaría Matador, o seu selo nese momento. O 14 de agosto coñeceuse que Interpol asinara un contrato con Capitol Records.

O seu novo traballo, Our Love to Admire, editouse en xullo do 2007. A banda realizou unha extensa xira de promoción, comezando polo circuíto de festivais de verán dos Estados Unidos e Europa. En agosto foi cabeza de cartel un dos días do festival Lollapalooza celebrado en Chicago.

Regreso a Matador[editar | editar a fonte]

O 6 de marzo do 2009 Interpol anunciou na súa páxina que estaban traballando en cancións para o seu cuarto álbum. O disco foi gravado nos Electric Lady Studios durante a primavera dese ano.[2] Nunha entrevista Fogarino referíuse ao disco como volver atrás ao son orixinal de Turn On the Bright Lights.[3] Posteriormente Banks afirmou que non soaría en nada como o seu álbum de estrea e que había "algunhas cousas clásicas" nel.[4] Non houbo máis novas sobre o novo álbum ata finais de abril, cando a banda envoiu un correo electrónico enlazando á descarga gratuíta de "Lights", a primeira canción editada oficialmente. Citando cambios na xestión do selo, a banda deixou Capitol Records antes do lanzamento do disco, fichando novamente por Matador Records.

O cuarto traballo da banda, Interpol, foi lanzado o 7 de setembro do 2010 e foi o último traballo do baixista Carlos Dengler co grupo.[5] O grupo anunciou a súa saída, pouco despois de rematar o álbum, na súa páxina o 9 de maio. Cando o resto dos membros saíron de xira para promocionar o disco, foi substituído por varios baixistas. A principios de xuño anunciouse que os músicos que acompañarían á banda serían David Pajo no baixo e Brandon Curtis nos teclados e nos coros.[6] O álbum foi publicado a través do selo Matador Records nos Estados Unidos, e a través de Cooperative Music en Europa, Australia e Xapón.[7] En febreiro de 2011 Pajo anunciou que deixaba de xirar con Interpol para dedicarlle máis tempo á súa familia. Pajo foi substituído por Brad Truax.[8]

Durante a xira de presentación de Interpol, a banda achegouse por vez primeira a Galiza o día 1 de outubro, realizando un concerto na sala Capitol de Santiago de Compostela enmarcado no ciclo Xacobeo Importa.[9]

A banda foi anunciada como abreconcertos para a terceira e cuarta etapa da xira 360° Tour de U2,[10] e posteriormente Interpol anunciou 18 concertos nos Estados Unidos da terceira etapa desa xira, aínda que finalmente só chegou a realizar tres deles despois de que a hernia discal de Bono cancelase a terceira etapa da xira. O grupo xirou polo Reino Unido e Irlanda en novembro e decembro de 2010.

A banda foi abreconcertos de U2 no concerto reprogramado da xira no Soldier Field en Chicago, Illinois, o 5 de xuño de 2011, e no resto dos concertos da xira dese verán.

Hiato e El Pintor[editar | editar a fonte]

Tras a aparición da banda en Reading e Leeds en 2011, Fogarino foi entrevistado e dixo, "necesitamos un gran descanso. Interpol necesítao. Precisamos recuperarnos e facer un hiato".[11] Fogarino afirmou que o resto dos membros do grupo dedicaríanse a outros proxectos, un dos cales incluía un segundo álbum en solitario de Paul Banks.

O 14 de decembro de 2012 publicouse unha edición de luxo do primeiro álbum da banda, Turn on the Bright Lights, para celebrar o seu décimo aniversario. O lanzamento incluíu canción anteriormente difíciles de atopar, como "Get The Girls" e "Cubed".[12]

A banda anunciou o 5 de xuño de 2014 que o seu quinto álbum, titulado El Pintor, sería editado o 9 de setembro dese mesmo ano.[6] Foi o primeiro disco do grupo dende a marcha do baixista Carlos Dengler, encargándose Paul Banks do baixo por primeira vez. O membro de xira Brandon Curtis encargouse do teclado en nove das dez cancións do álbum.[13]

Para promocionar o álbum Interpol comezou unha xira mundial no mes de xuño de 2014. Mentres estaban na xira en novembro o seu autobús quedou atrapado debido ás fortes tormentas de neve en Buffalo, Nova York. O autobús non pudo moverse debido á neve durante máis de 50 horas. A banda tivo que adiar tres concertos, dous en Canadá e un en Boston.[14] A xira de El Pintor rematou cunha actuación no festival Electric Picnic de 2015.

El Pintor foi seguido por un álbum de remesturas, El Pintor Remixes, que conta con músicos electrónicos como Panda Bear, Factory Floor e The Field.[15]

Presente[editar | editar a fonte]

No mes de setembro de 2016 Paul Banks revelou nunha entrevista en Beats 1 que Interpol volvería a compoñer no outono.[16] En xaneiro de 2017 a banda anunciou que o seu sexto álbum de estudio sairía 2018 e que iniciaría nunha xira polo 15 aniversario do Turn On the Bright Lights, tocando a totalidade do álbum.[17] En febreiro Interpol lanzou o EP El Pintor Bonus Tracks, formado por cancións extra de El Pintor. Os temas incluídos foron "The Depths", "Malfeasance" e "What Is What".[18]

O 24 de maio de 2018 Pitchfork destacou que o nome do novo traballo sería Marauder na súa lista Guía de novos álbums: verán de 2018. En xuño de 2018 a banda realizou unha rolda de prensa na Cidade de México e anunciou a data de lanzamento de Marauder, o 24 de agosto de 2018. O mesmo día publicouse o primeiro sinxelo do álbum, "The Rover".[19] Un mes despois Interpol lanzou o segundo sinxelo do disco, "Number 10".[20] O 23 de agosto editouse o video musical do sinxelo "If You Really Love Nothing".[21]

O 30 de xaneiro de 2019 Interpol publicou "Fine Mess", unha canción que quedou fóra de Marauder, como un sinxelo.[22] O 28 de marzo a banda anunciou un novo EP, A Fine Mess, formado por cancións das sesións de gravación de Marauder que non entraron no disco. O EP foi lanzado o 17 de maio e ese mesmo día publicouse tamén o sinxelo "The Weekend".[23]

Discografía[editar | editar a fonte]

Concerto de Interpol na sala Capitol de Santiago

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Turn on the Bright Lights 2002 Matador Records
Antics 2004 Matador Records
Our Love to Admire 2007 Capitol Records, Parlophone
Interpol 2010 Matador Records
El Pintor 2014 Matador Records, Soft Limit
Marauder 2018 Matador Records

EPs[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Fukd I.D. #3 2000 Chemikal Underground
Precipitate EP 2001 autoeditado
Interpol EP 2002 Matador
The Black EP 2003 EMI
Interpol Remix 2005 Matador
Live in Astoria EP 2007 Capitol

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Raftery, Brian. "Night Falls on Manhattan". Spin. Abril de 2005
  2. "New Interpol Album Coming Next Year". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  3. "Sam Fogarino Talks New Interpol Album, Courtney Love". pastemagazine.com (en inglés). 2009-11-17. Consultado o 2019-12-29. 
  4. BBC. "BBC - 6Music News - Interpol go orchestral". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  5. "Interpol finds new bassist, titles new album". Consequence of Sound (en inglés). 2010-06-04. Consultado o 2019-12-29. 
  6. 6,0 6,1 "INTERPOL". web.archive.org. 2010-06-05. Consultado o 2019-12-29. 
  7. "INTERPOL signe chez Cooperative Music". web.archive.org. 2010-06-18. Consultado o 2019-12-29. 
  8. "INTERPOL". web.archive.org. 2010-06-05. Consultado o 2019-04-04. 
  9. "Xacobeo importa leva a Santiago ao grupo estadounidense Interpol, que presentará o seu último disco o 1 de outubro na sala Capitol - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-04-04. 
  10. "Interpol to Tour With U2". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  11. "Interpol: We Need A Big Break Before Next Album". www.gigwise.com. Consultado o 2019-12-29. 
  12. "Interpol's 'Turn On The Bright Lights' gets 10th anniversary reissue | NME". NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en inglés). 2012-09-28. Consultado o 2019-12-29. 
  13. "Interpol announce new album, El Pintor, due out in September". Consequence of Sound (en inglés). 2014-06-05. Consultado o 2019-12-29. 
  14. "Interpol have been stranded on Buffalo highway for 50 hours due to record-breaking snowstorm". Consequence of Sound (en inglés). 2014-11-19. Consultado o 2019-12-29. 
  15. Subscribe. "Interpol announce remix LP, ‘El Pintor Remixes’". DIY (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  16. "Watch “Will Interpol be back?! - Paul Banks of Banks & Steelz” posted by Ebro Darden on Apple Music." (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  17. "Interpol Announce Turn On the Bright Lights Anniversary Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  18. "INTERPOL - El Pintor Bonus Tracks". Boomkat. Consultado o 2019-12-29. 
  19. "Interpol Announce New Album Marauder, Share New Song “The Rover”: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  20. "Interpol share new, office-set single "Number 10": Stream". Consequence of Sound (en inglés). 2018-07-30. Consultado o 2019-12-29. 
  21. "Kristen Stewart and Finn Wittrock star in Interpol's edgy new video for 'If You Really Love Nothing'". NME (en inglés). 2018-08-23. Consultado o 2019-12-29. 
  22. Greene, Andy; Greene, Andy (2019-01-30). "Hear Interpol's Haunting New Song 'Fine Mess'". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-12-29. 
  23. "Interpol tell us about their new 'A Fine Mess' EP: "This is about taking the party by the horns" | NME". NME (en inglés). 2019-03-28. Consultado o 2019-12-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]