Saltar ao contido

The Velvet Underground

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Velvet Underground
 Instancia de
 Epónimo
 Composto por
Obra
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
1965 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1964 Editar o valor en Wikidata
 Fin de actividade
1972 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Premios
Identificadores
VIAF312664365 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123758832 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07yg2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm0892754 Facebook: TheVelvetUnderground Instagram: thevelvetundergroundofficial MySpace: velvetunderground1969 Youtube: UCXNWrugB_J3sRBYR9idQWzg BNE: XX146371 Souncloud: thevelvetundergroundofficial Spotify: 1nJvji2KIlWSseXRSlNYsC Last fm: The+Velvet+Underground Musicbrainz: 94b0fb9d-a066-4823-b2ec-af1d324bcfcf Songkick: 87540 Discogs: 39766 Allmusic: mn0000840402 Deezer: 1559 Genius: The-velvet-underground Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Velvet Underground foi unha banda estadounidense formada en Nova York. Foi un dos grupos máis importantes da historia do rock e tiveron unha influencia determinante nos últimos 35 anos. Cando o soño hippy fascinaba cos discos excelentes de xente coma Grateful Dead ou The Byrds, nas letras de The Velvet Underground falábase de sufrimento, de marxinación e de dor. Aínda que nun primeiro momento pasaran desapercibidos, moitas bandas posteriores reivindicaron o seu patrimonio artístico e hoxe en día son recoñecidos coma un punto e á parte na evolución do rock cara a diferentes formas de expresión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

As orixes da banda hai que situalas na década de 1960. Naquela época Lou Reed estudaba na universidade de Syracuse, en Nova York, e compuña temas de pop, rock and roll e doo-woop. Reed tiña unha personalidade peculiar, que na adolescencia lle achacaran a desviacións e patoloxías nerviosas que intentaron curar con terapia de electrochoque. Á parte dos temas convencionais que vende a diversas discográficas, comeza tamén a crear outras cancións moito máis persoais con textos dunha gran forza lírica.

Na efervescente Nova York do 64, Lou Reed coñece a John Cale, un galés estudante de música contemporánea e admirador de músicos vangardistas coma John Cage ou La Monte Young. Cale amplificaba a súa viola para sacar dela imposibles notas eléctricas dun instrumento clásico. Tamén aparece Sterling Morrison, un excelente guitarrista rítmico veciño de Reed. Reed móstralles a Cale e a Morrison as súas cancións e estes quedan fascinados, así que deciden aplicar unha base de son ao gran potencial literario que posúen. Tras probar diversos baterías, chega á banda Maureen Tucker, unha muller que tocaba dun modo primitivo e desprendía unha imaxe ambigua.

O grupo comezou a tocar en varios locais de Nova York. As primeiras opinións do público foron desastrosas. A banda tocaba dunha forma completamente distorsionada e a maioría de veces fóra de ton, o cal resultaba desagradable para a audiencia. Fartos de ser expulsados de case tódolos locais, a Velvet comezou a tocar no Cafe Bizarre, coma unha das últimas tentativas de ter un mínimo de continuidade na escena. Este lugar constituíu un punto de inflexión para a banda: en medio doutra actuación viron entrar no local a Andy Warhol e todo o seu séquito, que andaba a buscar unha banda de rock para expandir os seus proxectos entre outros públicos diferentes. Ao final da actuación, Warhol propúxolle a Reed e Cale que se trasladasen a The Factory, berce dos protexidos de Warhol, ofrecéndolles novo equipo e a súa promoción. Neste novo contexto as letras e a música de Reed adquiriron un enfoque aínda máis explícito ca antes.

Xunto con Warhol crean o "Exploding Plastic Inevitable", unha combinación de cine, sadomasoquismo e rock co que percorren varias cidades e co que a crítica especializada comeza a falar da banda por riba incluso do espectáculo de Warhol. O propio Warhol axúdalles economicamente para producir o seu primeiro álbum, no que lles impón a presenza á voz de Nico, unha beleza loura que crea un forte contraste co resto da banda. Con Nico xorde a polémica, xa que Reed e Cale non ven con bos ollos o protagonismo que esta intenta asumir, pero ante a imposibilidade de non poderen facer o álbum sen a axuda de Warhol, non teñen máis remedio que aceptala.

The Velvet Underground & Nico sae ó mercado en 1967, realizado polo selo Verve. Naquel intre non vendeu máis dun puñado de copias, debido á mala distribución e promoción por parte da compañía e á súa baixa rendibilidade. A partir de aí a Velvet editou tres discos máis. Warhol deixounos sós para o segundo (White Light/White Heat), no que a cara bonita de Nico tamén desapareceu e os catro compoñentes orixinais do grupo recrearon un disco máis corrosivo que o anterior. No terceiro disco, titulado coma a banda, John Cale abandonou o barco e incorporouse Doug Youle. Este tamén interveu no cuarto e derradeiro LP de estudio do grupo, chamado Loaded, durante cuxa gravación tamén saltou do grupo o propio Lou Reed.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
The Velvet Underground & Nico 1967 Verve Records
White Light/White Heat 1968 Verve Records
The Velvet Underground 1969 MGM Records
Loaded 1970 Cotillion Records
Squeeze 1973 Polydor Records

Álbums en directo

[editar | editar a fonte]
  • Live at Max's Kansas City (1972)
  • 1969: The Velvet Underground Live (1974)
  • Live MCMXCIII (1993)
  • Final V.U. 1971–1973 (2001)
  • The Complete Matrix Tapes (2015)

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]
  • Andy Warhol's Velvet Underground Featuring Nico (1971)
  • VU (1985)
  • Another View (1986)
  • The Best of Lou Reed & The Velvet Underground (1995)
  • The Very Best of The Velvet Underground (2003)
  • Gold (2005)