Lush
Lush | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Londres, ![]() |
Período | 1987-1996 2015-2016 |
Xénero(s) | shoegazing, britpop, dream pop, noise pop, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | 4AD, Reprise, Edamame |
Membros | Miki Berenyi Emma Anderson Chris Acland Meriel Barham Steve Rippon Phil King Justin Welch |
Artistas relacionados | The Lillies, Sing-Sing, Piroshka |
Na rede | |
http://lushofficial.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lush foi unha banda inglesa de shoegazing formada en Londres no ano 1987. A formación orixinal estaba composta por Miki Berenyi (voces, guitarra), Emma Anderson (voces), Steve Rippon (baixo) e Chris Acland (batería). Phil King substituíu a Rippon en 1991. Foi unha das primeiras bandas en ser descritas coa etiqueta "shoegazing". Tras a morte de Acland o grupo separouse en 1996.
O grupo reuniuse durante un curto período de tempo entre 2015 e 2016 con Berenyi, Anderson, King e Justin Welch. Lush saíu de xira e gravou un EP con material novo.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Formación e primeiros anos[editar | editar a fonte]
A banda formouse en Londres no ano 1987 e chamouse inicialmente The Baby Machines (por unha liña da canción de Siouxsie and the Banshees "Arabian Knights")[2], e estaba composta por Meriel Barham (voces), Emma Anderson (guitarra, voces), Miki Berenyi (guitarra, voces), Steve Rippon (baixo) e Chris Acland (batería).[3] As súas influencias eran diversas; estaban inspirados pola escena garage rock da serie Nuggets, Cocteau Twins, Siouxsie and the Banshees, The Beach Boys e The Byrds.[4]
Anderson e Berenyi foran amigos do colexio, coñecíanse dende principios dos anos 80, e xuntos publicaran o fanzine Alphabet Soup.[5] En 1986 Anderson uniuse a The Rover Girls como baixista e Berenyi uniuse a The Bugs, tamén como baixista. Ningunda das dúas bandas durou moito, e en 1987 uníronse a Barham e Acland en The Baby Machines. Rippon uniuse pouco despois e os membros do grupo decidiron cambiar o nome a Lush, facendo a súa estrea ao vivo no Camden Falcon o 6 demarzo de 1988.[3][5] Barham deixou a banda e despois uniuse a Pale Saints. Berenyi fíxose entón cargo das voces principais.[3]
Anderson dixo dos inicios da banda, "Éramos unha especie de punk rock en certa maneira. Pensamos, 'Ben, se eles poden facelo, porque carallo non poderíamos nós?' Basicamente, a nosa idea era ter guitarras extremadamente altas con voces moito máis débiles. E, realmente, as voces eran máis débiles debido ao nerviosismo - sempre estaríamos 'Báixaas! Báixaas!'" Berenyi dixo, "Comezamos escribindo himnos riot grrrl de merda... o que probablemente era encantador dende un punto de vista xuvenil. Pero houbo un cambio moi rápido dende o momento no que comezamos a compoñer para as gravacións. A música, as letras fixéronse moito máis reflexivas e expresivas, máis importantes, realmente. Lembro que ese cambio comezou cando Emma escribiu Thoughtforms, certamente fíxome pensar que necesitaba poñerme en orde".[6]
Scar, EPs e Spooky[editar | editar a fonte]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Scar | 1989 | 4AD |
Spooky | 1992 | 4AD |
Split | 1994 | 4AD |
Lovelife | 1996 | 4AD |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "We've been away for ages and ages, but we're really excited...". Facebook. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ "Chorus Lines - Lush In Conversation With Martin Aston". 4AD (en inglés). Consultado o 2022-07-16.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Thompson, Dave, January 3- (2000). Alternative rock. San Francisco: Miller Freeman Books. pp. 478–9. ISBN 0-87930-607-6. OCLC 44516822.
- ↑ "Lush Life: The Sirens Return". FLOOD (en inglés). Consultado o 2022-07-16.
- ↑ 5,0 5,1 Contemporary musicians : profiles of the people in music. Detroit, Mich.: Gale Research. ©1989-. ISBN 978-0810357372. OCLC 20156945.
- ↑ "LUSH Remembered - Biographies". www.lightfromadeadstar.org. Consultado o 2022-07-17.