Turn Blue
Turn Blue | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Black Keys | ||||
Publicado | 12 de maio de 2014 | |||
Gravación | xaneiro de 2013 - febreiro de 2014 | |||
Estudio(s) | Sunset Sound (Hollywood) Key Club (Benton Harbor) Easy Eye Sound (Nashville | |||
Duración | 45:11 | |||
Xénero(s) | rock psicodélico, blues rock, garage rock, soul | |||
Selo(s) | Nonesuch Records | |||
Produtor | Danger Mouse, The Black Keys | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Turn Blue é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock The Black Keys, publicado o 12 de maio de 2014 a través do selo Nonesuch Records. O disco foi co-producido por Danger Mouse e o grupo, sendo a súa cuarta colaboración co produtor. Para Turn Blue, Danger Mouse retomou o seu papel no seu disco anterior, El Camino, como compañeiro de composición de cancións xunto ao guitarrista Dan Auerbach e ao batería Patrick Carney.
The Black Keys gravaron a meirande parte de Turn Blue no estudio Sunset Sound de Hollywood entre xullo e agosto de 2013, con gravacións adicionais no Key Club de Benton Harbor, Míchigan, e no Sound Studio de Auerbach en Nashville, Tennessee, a principios de 2014. As sesións coincidiron co divorcio de Auerbach, o que inspirou gran parte das letras do disco. O material resultante era máis melancólico e lento que as canción animadas e pegadizas de El Camino. O álbum mostra influencias do rock psicodélico e do soul, á vez que inclúe o son habitual de blues e garage rock da banda. Ademais de representar o ton melancólico do disco, o título foi seleccionado como unha homenaxe á frase "turn blue" utilizado polo presentador de terror dos anos 60 Ghoulardi.
A banda anunciou o álbum e marzo de a través dun chío do boxeador xubilado Mike Tyson[1] e dunha serie de crípticos vídeos de YouTube cun hipnotizador. A canción "Fever" foi lanzada como sinxelo principal en marzo,[2] e entrou nas listas en varios países. Lanzáronse catro sinxelos adicionais, incluído "Gotta Get Away", que foi un éxito nas radios de rock en América do Norte. Turn Blue recibiu recensións favorables dos críticos, moitos dos cales comentaron a crecente influencia de Danger Mouse na banda. O álbum estreouse no número un nos Estados Unidos, Australia e Canadá, converténdose no primeiro disco do grupo en encabezar as listas neses países. En maio de 2014, emprenderon unha xira mundial de promoción. Na 57ª edición dos premios Grammy, Turn Blue foi nomeado ao mellor álbum de rock, mentres que "Fever" recibiu nomeamentos á mellor interpretación de rock e á mellor canción de rock.[3]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Dan Auerbach, Patrick Carney, e Brian Burton agás onde se indique.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Weight of Love" | 6:50 | |||||||
2. | "In Time" | 4:28 | |||||||
3. | "Turn Blue" | 3:42 | |||||||
4. | "Fever" | 4:06 | |||||||
5. | "Year in Review" | 3:48 | |||||||
6. | "Bullet in the Brain" | 4:15 | |||||||
7. | "It's Up to You Now" (Auerbach, Carney) | 3:10 | |||||||
8. | "Waiting on Words" | 3:37 | |||||||
9. | "10 Lovers" | 3:33 | |||||||
10. | "In Our Prime" | 4:38 | |||||||
11. | "Gotta Get Away" (Auerbach, Carney) | 3:02 | |||||||
45:11 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Phillips, Amy (2014-03-21). "The Black Keys Announce New Album Turn Blue Via Mike Tyson's Twitter". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-12-22.
- ↑ Blistein, Jon (2014-03-24). "Listen to Black Keys' Hypnotic New Song 'Fever'". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2024-12-22.
- ↑ "57th Annual GRAMMY Awards". grammy.com. Consultado o 2024-12-22.