Violent Femmes
Violent Femmes | |
---|---|
Violent Femmes, 2006. | |
Orixe | Milwaukee, Wisconsin, |
Período | 1980–1987 1988–2009 2013-presente |
Xénero(s) | rock alternativo folk punk post punk |
Selo(s) discográfico(s) | Slash, Reprise, Elektra, Mushroom, Beyond, Add It Up Productions |
Membros | Brian Ritchie Gordon Gano John Sparrow |
Antigos membros | Victor DeLorenzo Guy Hoffman Brian Viglione |
Na rede | |
vfemmes.com | |
Violent Femmes é unha banda de folk punk estadounidense composta por catro membros: Gordon Gano (cantante/guitarrista), Brian Ritchie (baixista),Victor DeLorenzo (percusionista) e Guy Hoffman (percusionista).
O seu estilo musical presenta grandes influencias da música folk norteamericana, así como do punk, creando un son característico que influíu en bandas posteriores como No Doubt, mentres que as letras das cancións tratan temas recorrentes no rock como a frustración adolescente, o amor ou o sexo.
É considerada unha banda de culto por críticos e seguidores, porén, tivo un éxito comercial e un recoñecemento moderado, aínda que algunhas das súas cancións como Add it up ou Blister in the sun gozaron de certa fama.
Historia
[editar | editar a fonte]A banda foi creada por Brian Ritchie e Victor DeLorenzo en 1980, e a formación completouse coa entrada de Gordon Gano. Nos seus inicios adoitaban tocar en cafés e nas rúas. O 23 de agosto de 1981, James Honeyman-Scott (integrante de The Pretenders), interesouse pola súa música cando os viu tocando en fronte do local no que The Pretenders ían actuar esa mesma noite, de tal maneira que Chrissie Hynde invitounos a compartir escenario.
Así foi como o grupo se deu a coñecer e posteriormente firmou coa discográfica Slash Records coa que publicaron o seu primeiro disco, Violent Femmes, no ano 1982. Tras este editaron Hallowed Ground no que a banda se moveu cara a un son country e comezou a tratar temas espirituais.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Violent Femmes | 1982 | Slash |
Hallowed Ground | 1984 | Slash/Rhino |
The Blind Leading the Naked | 1986 | Slash |
3 | 1988 | Slash |
Why Do Birds Sing? | 1991 | Reprise |
New Times | 1994 | Elektra |
Rock!!!!! | 1995 | Mushroom |
Freak Magnet | 2000 | Beyond |
We Can Do Anything | 2016 | PIAS America |
Recompilacións:
- Add It Up (1981-1993)