154 é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de post-punkWire, publicado en setembro de 1979 a través do selo Harvest Records no Reino Unido e Europa e de Warner Bros. Records nos Estados Unidos. Ramificándose aínda máis lonxe do estilo punk rock minimalista do seu traballo anterior, 154 está considerado unha progresión dos sons amosados no seu anterior disco, Chairs Missing, co grupo experimentando con tempos máis lentos, estruturas de cancións máis completas e un maior uso de efectos de guitarra, sintetizadores e electrónica.
154 chegou ao número 39 na lista británica de álbums, a posición máis alta que acadou a banda.[1] Foi editado en CD en 1987 a través de EMI Japan e posteriormente reeditado por Restless Records en 1989. As primeiras edicións en vinilo estaban acompañadas dun EP, con temas que se incluíron no CD de Harvest CD, lanzado en 1994, xunto cunha canción extra adicional. A nova edición remasterizada, publicada por Pinkflag en 2006, non contén cancións extra debido, segundo a banda, eses engadidos deshonran a "claridade conceptual das declaracións orixinais".[2] O álbum chamouse así porque a banda tocara 154 concertos no momento do lanzamento do traballo. Pitchfork listou a 154 como 85 mellor disco dos anos 70.[3]