Marquee Moon é o álbum de estrea da banda estadounidense de rockTelevision, publicado o 8 de febreiro de 1977 a través do selo Elektra Records. Nos anos anteriores ao disco o grupo convertérase nunha prominente peza da escena musical de Nova York e xerara o interese de bo número de selos discográficos. Television ensaiu intensamente na preparación de Marquee Moon e, tras asinar con Elektra Records, gravou o traballo no estudio A & R Recording en setembro de 1976. Foi producido polo líder da banda Tom Verlaine e o enxeñeiro Andy Johns.
En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 1 da súa lista dos 50 mellores álbums de post-punk.[1]