Arctic Monkeys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arctic Monkeys (Logo).png
Arctic Monkeys Playing at MSG.jpg
Os Arctic Monkeys no Madison Square Garden o 22 de marzo de 2012.
Orixe Sheffield, Inglaterra, Reino Unido Flag of the United Kingdom.svg
Período 2001 - 2014
Xénero(s) rock alternativo, garage rock
Selo(s) discográfico(s) Domino Records
Membros Alex Turner
Jamie Cook
Matthew Helders
Nick O'Malley
Antigos membros Andy Nicholson
Na rede
www.ArcticMonkeys.com

Arctic Monkeys é unha banda británica de indie rock e post-punk formada en 2002 nos suburbios de Sheffield, Inglaterra. A banda é xeralmente considerada parte da escena indie rock[1] así como as bandas contemporáneas The Libertines, The Futureheads e Franz Ferdinand. Chegaron ao éxito a través do intercambio de arquivos[2].

Historia[editar | editar a fonte]

Logo de conseguir as súas guitarras no nadal de 2001, os veciños Alex Turner e Jamie Cook montaron unha banda cos seus amigos da escola, Andy Nicholson, que tocaba o baixo, e Matt Helders, a quen tocou ser o batería.

Baixo o nome Bang Bang, tocaban temas de bandas como Led Zeppelin e cantaban con acento estadounidense. Logo Alex asumiu a tarefa de escribir cancións (en verdade xa tiña algunhas), e mudaron o nome da banda como Arctic Monkeys.

Logo dalgúns primeiros concertos, en 2003, comezaron a gravar CDs demos e distribuílos para o público. Como a oferta era limitada, os fans copiaron as cancións e compartíannas por Internet. Ata foi creado un perfil da banda no sitio MySpace, todo sen que os propios membros fosen conscientes. Grazas a esa divulgación viral pola rede, non só os amigos senón centos de persoas cantaban todas as letras nos concertos.

En 2004, a súa popularidade chamou a atención da BBC Radio 1 e da prensa británica. Mark Bull, un fotógrafo afeccionado local filmou unha presentación en vivo e fixo o videoclip de "Fake Tales Of San Francisco", lanzándoo no seu sitio, xuntamente coa recompilación Beneath The Boardwalk.

En maio de 2005 a banda lanzou o seu primeiro EP, Five Minutes with Arctic Monkeys, con só 1.500 copias en CD e 2.000 en Vinilo de 7", mais tamén dispoñíbel en iTunes Music Store. En xuño asinaron un contrato con Domino Records e despois, tocaron no Carling Stage, palco dos festivais de Reading e Leeds reservado para bandas menos coñecidas.

En outubro, o primeiro lanzamento da Domino Records, I Bet You Look Good on the Dancefloor, foi directo para o primeiro lugar nas vendas de discos do Reino Unido. No mesmo mes, fixeran a súa primeira portada na revista New Musical Express.

O segundo compacto, When The Sun Goes Down, saíu o 6 de xaneiro de 2006, alcanzando novamente o top das vendas.

Mesmo coas decargas en Internet e o intenso intercambio de arquivos, o álbum de estrea Whatever People Say I Am, That's What I'm Not, lanzado en 2006, alcanzou cifras récords de venda. As 120.000 copias no Reino Unido só no primeiro día pasaban a suma de todos os outros álbums do "top 20" do país nesa data, e a primeira semana foi pechada como 363.735 copias.

Sen deixar baixar a fama, en abril de 2006 lanzaron un EP con cinco temas, Who the Fuck Are Arctic Monkeys?. A pesar das altas vendas, a linguaxe sucia das cancións tivo como consecuencia as baixas reproducións na radio, o que non incomodou á banda. Logo do lanzamento do EP, a banda presentou un novo baixo, Nick O'Malley. Inicialmente, Nick só substituiría a Andy Nicholson na tourné polos Estados Unidos, mais despois anunciose que deixara a banda definitivamente.

En agosto, lanzaron "Leave Before The Lights Come On", o seu primeiro disco en non alcanzar o primeiro lugar de vendas. Pouco despois, o álbum Whatever People Say I Am, That's What I'm Not gañou o Mercury Prize[3], deixando atrás álbums como The Eraser de Thom Yorke, The Back Room dos Editors e Black Holes and Revelations dos Muse.

En abril de 2007 lanzaron Favourite Worst Nightmare con tal expectativa que foron feitas 400 mil copias na Gran Bretaña.

O 24 de agosto de 2014 a banda anunciou un paréntese na súa actividade tras a súa última xira.[4]

Membros[editar | editar a fonte]

Formación actual[editar | editar a fonte]

Ex-integrantes[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Whatever People Say I Am, That's What I'm Not 2006 Domino Records
Favourite Worst Nightmare 2007 Domino Records
Humbug 2009 Domino Records
Suck It and See 2011 Domino Records
AM 2013 Domino Records

EPs[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Single/EP Álbum
2005 "I Bet You Look Good on the Dancefloor" Whatever People Say I Am, That's What I'm Not
2006 "When the Sun Goes Down" Whatever People Say I Am, That's What I'm Not
2006 "Fake Tales of San Francisco" Whatever People Say I Am, That's What I'm Not
2006 "Leave Before the Lights Come On" Non está incluído en ningún álbum
2007 "Brianstorm" Favourite Worst Nightmare
2007 "Matador" / "Da Frame 2R" Favourite Worst Nightmare
2007 "Fluorescent Adolescent" Favourite Worst Nightmare
2007 "Teddy Picker" Favourite Worst Nightmare
2009 "Crying Lightning" Humbug
2009 "Cornerstone" Humbug
2010 "My Propeller" Humbug
2011 "Don't Sit Down 'Cause I've Moved Your Chair" Suck It and See
2011 "The Hellcat Spangled Shalalala" Suck It and See
2011 "Suck It and See" Suck It and See
2012 "Black Treacle" Suck It and See
2012 "R U Mine?" AM
2012 "Come Together" Isles of Wonder (Londres 2012)
2013 "Do I Wanna Know?" AM
2013 "Why'd You Only Call Me When You're High?" AM

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Videoclips[editar | editar a fonte]

  • "Fake Tales of San Francisco"
  • "I Bet You Look Good On The Dancefloor"
  • "When The Sun Goes Down"
  • "The View from the Afternoon"
  • "Leave Before The Lights Come On"
  • "Brianstorm"
  • "Fluorescent Adolescent"
  • "Teddy Picker"
  • "Crying Lightning"
  • "Cornerstone"
  • "My Propeller"
  • "Brick by Brick"
  • "Don't Sit Down 'Cause I've Moved Your Chair"
  • "The Hellcat Spangled Shalalala"
  • "Suck It and See"
  • "Evil Twin"
  • "Black Treacle"
  • "You and I"
  • "R U Mine?"
  • "Do I Wanna Know?"
  • "Why'd You Only Call Me When You're High?"

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arctic Monkeys Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]