Baix Llobregat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBaix Llobregat
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°25′50″N 1°58′00″L / 41.430555555556, 1.9666666666667Coordenadas: 41°25′50″N 1°58′00″L / 41.430555555556, 1.9666666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona Editar o valor em Wikidata
CapitalSant Feliu de Llobregat Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación825.963 (2019) Editar o valor em Wikidata (1.699,51 hab./km²)
Xeografía
Superficie486 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Llobregat Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
PIB nominal22.731.900.000 € (2014) Editar o valor em Wikidata
PIB per cápita28.500 € (2014) Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT11 Editar o valor em Wikidata

Norte da comarca, con Montserrat ao fondo e Martorell.

O Baix Llobregat (en galego: Baixo Llobregat) é unha comarca que se atopa na provincia de Barcelona, en Cataluña. É a terceira comarca máis poboada con 781.749 habitantes (cifra do 2008, só superada polas do Barcelonès e o Vallès Occidental) e unha superficie de 486,5 km². A capital da comarca é Sant Feliu de Llobregat, aínda que hai diversas cidades importantes e maiores, especialmente no delta do Llobregat e que forman parte da Área metropolitana de Barcelona.

Limita ao norte co Bages, ao leste co Vallès Occidental, ao sueste co Barcelonès, ao sur co mar Mediterráneo, ao suroeste co Garraf, ao oeste co Alt Penedès e ao noroeste con Anoia.

Economía[editar | editar a fonte]

Sector primario[editar | editar a fonte]

Nesta comarca persiste a agricultura, importante no Delta do Llobregat, a segunda zona máis fértil de Cataluña por detrás do Segre. Cultívanse produtos de regadío, como as alcachofas con denominación de orixe Sant Boi, as leitugas e tomates. Respecto á cría de animais, destaca o polo de raza Prat.

Industria[editar | editar a fonte]

A comarca foi unha das primeiras zonas industrializadas do Estado español, mostra disto é a Colonia Güell (en Santa Coloma de Cervelló). Actualmente atópanse aquí algunhas industrias importantes, especialmente no Delta e o Val do Llobregat, aínda que ultimamente, danse casos de deslocalización como o da planta de Seat en Martorell.

Comercio[editar | editar a fonte]

O Baix Llobregat é unha das zonas máis comerciais e mellor comunicadas de Cataluña. Respecto ao comercio ten os seguintes centros comerciais, entre outros:

Infraestruturas[editar | editar a fonte]

Concellos[editar | editar a fonte]

Concello Extensión
(km²)
Poboación
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Distancia
a Barcelona
Abrera 19,89 9.422 473,70 34,4
Begues 50,00 5.284 106 32,1
Castelldefels 12,9 56.815 4.404 27,7
Castellví de Rosanes 17,09 1.297 75,89 36,5
Cervelló 24,25 6.980 288 22,3
Collbató 17,99 3.024 168 42
Corbera de Llobregat 18,46 11.278 611 25,4
Cornellà de Llobregat 6,9 84.131 12.192 9
El Prat de Llobregat 31,17 63.190 2.027 11,1
Esparreguera 27,47 20.163 734 39,7
Esplugues de Llobregat 4,6 46.296 10.064 8,1
Gavà 30,90 43.242 1.399 23,1
Martorell 12,90 25.010 1.939 28,6
Molins de Rei 16 22.496 1.406 17,9
Olesa de Montserrat 16,75 20.294 1.212 37,9
Pallejà 8,41 9.746 1.159 19,3
La Palma de Cervelló 5,37 2.881 536 22,9
El Papiol 8,83 3.628 411 21,1
Santa Coloma de Cervelló 7,52 7.081 942 18,1
Sant Andreu de la Barca 5,52 23.675 4.289 23,9
Sant Boi de Llobregat 21,94 81.293 3.700 17,5
Sant Climent de Llobregat 10,73 3.366 314 19,3
Sant Esteve Sesrovires 18,64 5.978 321 35,9
Sant Feliu de Llobregat 11,79 41.954 3.558 11,9
Sant Joan Despí 6,39 31.438 4.920 13,8
Sant Just Desvern 7,85 14.910 1.899 10,6
Sant Vicenç dels Horts 9,14 26.477 2.897 16,9
Torrelles de Llobregat 13,55 4.324 319 21,7
Vallirana 23,93 11.678 488 25,8
Viladecans 20,11 60.033 2.910 21,8

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]