Saltar ao contido

Rubiá

Modelo:Xeografía políticaRubiá
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°26′59″N 6°56′56″O / 42.449722222222, -6.9488888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalRubiá Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.384 (2023) Editar o valor en Wikidata (13,74 hab./km²)
Xeografía
Superficie100,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude549 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataElías Rodríguez Núñez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Rubiá Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32310 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32073 Editar o valor en Wikidata

Páxina webrubia.es Editar o valor en Wikidata

Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes (1716 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rubiao».

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 1494 (2014)
Menores de 15 anos 100 (6,69 %)
Entre 15 e 64 anos 812 (54,35 %)
Maiores de 65 anos 582 (38,96 %)
Evolución da poboación de Rubiá   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3738 4164 4220 3049 1685 1585 1561
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello ten 100,7 km², e abrangue 10 parroquias. Limita ao norte e ao leste coa provincia de León, ao sur con Carballeda de Valdeorras e ao oeste co Barco de Valdeorras.

É predominantemente montañoso, localizándose ao noroeste a zona máis abrupta, a serra da Enciña da Lastra, que se alonga pola parte central e oriental do concello, e onde nacen dous ríos, o Meiral e o Galir, afluentes do Sil. Ten unha altitude media duns 600 metros, sendo as cotas máis altas os picos das Tres Penas Marías (1268 m), O Piornal (1528 m) e Portelo da Tara (1099 m).

A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza.[1] Durante a romanización construíronse varias vías.[1]

Na idade media albergou varios mosteiros.[1] Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.[1]

Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.[1]

Sendeirismo

[editar | editar a fonte]

Rubiá conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 144 "Ruta Natural dos Castros a Nivieira". É unha ruta sendeirista circular de 6 km con principio e fin en Rubiá.

No concello localízase a árbore senlleira aciñeira de Covas.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Rubiá.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Rubiá

O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción) | Biobra (San Miguel) | Covas (San Salvador) | Oulego (San Miguel) | Pardollán (Santo Estevo) | O Porto (San Cristovo) | Quereño (San Cristovo) | O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción) | Rubiá (Santa Mariña) | A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)

Lugares de Rubiá

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rubiá vexa: Lugares de Rubiá.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Sitio web do concello. Que ver". Arquivado dende o orixinal o 27-07-2011. Consultado o 10-07-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.