Orchis italica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Orchis italica
Orchis italica Poir. 1789
Orchis italica Poir. 1789
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Anxiospermas / Magnoliophyta
Clase: Monocots / Liliopsida
Orde: Asparagales
Familia: Orchidaceae
Subfamilia: Orchidoideae
Tribo: Orchideae
Subtribo: Orchidinae
Alianza: Orchis
Xénero: Orchis
Tourn. ex L. 1753
Especie: O. italica
Nome binomial
Orchis italica
Poir. 1789

Orchis italica é unha orquídea de hábito terrestre que se distribúe pola Europa mediterránea, o Oriente Medio e o norte de África.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Atópase en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra, arredor do Mediterráneo, por Oriente Medio, e o norte de África.

Descrición[editar | editar a fonte]

Orchis italica planta.

As follas son oblongas cunha lonxitude de 5 cm, crecen desde os tubérculos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son elipsoides.

A inflorescencia que é erecta en espiga, sae da roseta basal de 5 a 10 follas oblongo lanceoladas que ás veces están moteadas de puntos púrpura marronáceos. O tallo está cuberto por unha bráctea cor verde até 2/3 da súa lonxitude.
Presenta unha densa floración con flores pequenas en forma cónica. Os tres sépalos son iguais en tamaño estando soldados polos lados quedando os ápices soltos, estes extremos soltos dos dous laterais cúrvanse cara arriba e o central arquéase cara abaixo. Forman unha especie de gorra que cobre a columna. Os sépalos presentan unha cor púrpura con liñas converxentes de ton máis intenso.
O labelo sobresae debaixo do casco 3/4 partes, é de cor rosa esbrancuxada e está profusamente moteado con puntos de rosa máis intensa. O labelo presenta tres lóbulos, o central, máis ancho, ten dúas identacións profundas (no centro sobresae un floco moito máis fino que os flocos que quedan a ambos lados), e dous lóbulos máis pequenos e delgados un a cada lado que están lixeiramente arqueados cara afora e cara arriba. Ten ademais dous pétalos moi reducidos no interior que non se observan a simple vista
Florece desde marzo até xuño. A cor pode variar desde a esbrancuxada a diferentes tons de rosa e púrpura.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Orchis italica zingaro 137.jpg
  • Orchis longibracteata Schur 1866
  • Orchis tridentata ssp. lactea (Poir.) Rouy 1912
  • Orchis fusca var. stenoloba Coss. & Germ. 1845
  • Orchis italica f. albiflora Nicora ex Fiori & Paol. 1896
  • Orchis italica f. maculata Soó 1932
  • Orchis longicornis Lam. 1798
  • Orchis longicruris Link 1799
  • Orchis longicruris subsp. longipenis Font Quer & P.Palau 1954
  • Orchis militaris Poir. 1789
  • Orchis purpurea var. stenoloba (Coss. & Germ.) Willk. 1861
  • Orchis tephrosanthos Desf. 1799
  • Orchis tephrosanthos var. undulatifolia (Biv.) Webb 1838
  • Orchis undulatifolia Biv. 1807
  • Orchis welwitschii Rchb.f. 1851[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sinónimos en Orchidspecies

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leroy-Terquem, Gerald and Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. London: Cassel Publishers Ltd., 1991.
  • Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. New York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
  • White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. New York: Houghton-Mifflin, 1996.
  • The Illustrated Encyclopedia of Orchids by Alec Pridgeon. Published by the Timber Press.
  • The Manual Of Cultivated Orchid Species By Bechtel, Cribb and Launert, Published by The MIT Press.
  • Williams, N. H. 1972. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110.