A Veiga de Cascallá, Rubiá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°27′09″N 06°53′59″O / 42.45250, -6.89972

A Veiga de Cascallá
Igrexa da Veiga de Cascallá, Rubiá.jpg
Igrexa parroquial
ConcelloRubiá
Poboación82 hab. (2013)
Entidades de poboación1

Santa Cruz da Veiga de Cascallá é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 82 habitantes (40 homes e 42 mulleres), nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.

Está situada entre o río Galir -afluente do Sil- e a estrada N-120, e crúzaa a estrada OU-622.

A igrexa parroquial, de estilo neoclásico, foi construída en 1959 coas pedras da igrexa da Alberguería (A Veiga), parroquia asolagada en 1958 ao se construír o encoro de Prada, no río Xares[1].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Aquí nos vendría bien la iglesia de Alberguería", artigo en La Voz de Galicia, 10 de setembro de 1995.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Veiga de Cascallá[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Veiga de Cascallá no concello de Rubiá (Ourense)

A Veiga de Cascallá

Parroquias de Rubiá[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Rubiá

O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción) | Biobra (San Miguel) | Covas (San Salvador) | Oulego (San Miguel) | Pardollán (Santo Estevo) | O Porto (San Cristovo) | Quereño (San Cristovo) | O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción) | Rubiá (Santa Mariña) | A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]