Cobra viperina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Natrix maura")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cobra de auga viperina
Natrix maura 01 by-dpc.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Colubridae
Subfamilia: Natricinae
Xénero: Natrix
Especie: N. maura
Nome binomial
'Natrix maura'
Linnaeus, 1758
Distribución da cobra de auga

Distribución da cobra de auga

A cobra viperina[2][3][4][5] (Natrix maura) ou cobra de auga viperina[4] é unha especie de cobra da familia Colubridae.[6] Debe o nome de 'cobra de auga' á súa grande afinidade polas zonas húmidas e a súa grande habilidade de nadar e mergullarse e o de 'viperina' á súa semellanza coas víboras, malia ser inofensiva.

Descrición[editar | editar a fonte]

É de tamaño medio, podendo alcanzar unha longura de ata 80 cm, aínda que non supera xeralmente os 50 cm.[7] Caracterízase por presentar escamas moi carenadas no dorso.[8] A súa coloración é moi variada, xeralmente olivácea ou castaña amarelada, máis tamén pode ser avermellada.[7] Mostra ao longo da liña medio dorsal unha fila de manchas que nalgúns exemplares poden chegar a xuntarse ata dar forma a unha liña en zig-zag.[7]

Distribución[editar | editar a fonte]

Encóntrase en España, Portugal, Francia, Suíza, noroeste de Italia e o norte de África en Alxeria, Libia, Marrocos e Tunisia.[1] Foi introducida tamén nas illas Baleares.[1] Está habitualmente asociada a medios acuáticos dentro de prados ou bosques abertos, como ríos e lagoas, na agua ou nas súas proximidades.[1]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Reprodución[editar | editar a fonte]

A femia pon entre tres e vinte ovos.[1]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Os exemplares adultos aliméntanse de ras, sapos e peixes, mentres que os xuvenís capturan insectos, larvas de anfibios e pequenos moluscos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jose Antonio Mateo Miras, Marc Cheylan, M. Saïd Nouira, Ulrich Joger, Paulo Sá-Sousa, Valentin Pérez-Mellado, Benedikt Schmidt, Andreas Meyer, Roberto Sindaco, Antonio Romano, Iñigo Martínez-Solano. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Digalego.
  3. Vocabulario forestal, páx. 63, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
  4. 4,0 4,1 Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 996. ISBN 84-95335-46-8
  5. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.
  6. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Cobra viperina (TSN 700797)" (en inglés). 
  7. 7,0 7,1 7,2 Hernández Gil, V. (1993). Anfibios y reptiles de la región de Murcia: Guía ecológica para su identificación, conocimiento y conservación (en castelán). EDITUM. p. 221. ISBN 9788476844199. 
  8. Padilla Álvarez, F.; Cuesta López, A. E. (2003). Zoología Aplicada (en castelán). Ediciones Díaz de Santos. p. 488. ISBN 9788479785888. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]