Filipe Apóstolo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 5 Betsaida, Israel |
| Morte | c. 80 Hierápolis, Turquía |
| Causa da morte | pena de morte, crucifixión |
| Lugar de sepultura | Basilica dei Santi Apostoli |
| Apóstolo | |
| | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo xudeu |
| Relixión | Cristianismo e xudaísmo |
| Actividade | |
| Ocupación | misioneiro |
| Profesores | Xesús de Nazaret |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 14 de novembro (Cristianismo ortodoxo) Igrexa ortodoxa 27 de novembro Igrexa católica 3 de maio 1 de maio |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |

Filipe Apóstolo, nado a finais do século I antes de Cristo ou a principios do século I era oriúndo de Betsaida. É o apóstolo, elixido como tal por Xesús de Nazaret, que aparece sempre en tódalas listas en quinto lugar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pescador no lago de Xenesaret, fíxose discípulo de Xoán o Bautista círculo dentro do cal coñeceu a Xesús. Xunto con André Apóstolo era o único dos mesmos que tiña un nome grego, facendo de interlocutor de xentes desa fala que querían coñecer ao seu mestre. Levou a Natanael ao grupo de discípulos. Por indicación de Xesús predicou en Galilea o Reino de Deus e o amor ao inimigo. No Evanxeo de Xoán, durante a derradeira cea, pídelle a Xesús que lles amose ao Pai, recibindo a contestación deste: quen me ve a min, ve ao Pai
Segundo a tradición, tras a resurrección de Xesús, predicou a Boa Nova en Frixia. Padeceu o martirio cravado nunha cruz e lapidado. Algunhas das súas reliquias dise que están na igrexa de Doci Apostoli en Roma
Significación
[editar | editar a fonte]O evanxeo apócrifo de contido gnóstico, Evanxeo de Filipe, atribúeselle á súa autoría. É o patrón de Luxemburgo e Brabante.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filipe Apóstolo |