José María Pereda Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José María Pereda Álvarez, nado en Verín en 1895 e finado en 1960, foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Pereda, que foi xefe da Prisión de Verín. Estudou Maxisterio. Foi mestre en Porqueira (1914), Viveiro (onde foi nomeado concelleiro en 1927) e Verín, vila da que foi profesor da Academia Verinense. Colaborou en El Támega, El Eco de Monterrey e foi correspondente de Faro de Vigo en Verín. Galeguista, mantivo relación con Antón Vilar Ponte, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco e colectivos na emigración. Escribiu o artigo "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega" (1953).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Aos contos, Lugo, 1930.
  • Casos y cosas.
  • En perro flaco.
  • Nuestra Señora de los Remedios.
  • Tiempos pretéritos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]