Arealonga, Vilagarcía de Arousa
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arealonga.
Arealonga | |
---|---|
Igrexa de Santa Baia | |
Concello | Vilagarcía de Arousa[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°35′28″N 8°45′57″O / 42.5911079, -8.7657559 |
Poboación | 2 326 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Baia de Arealonga é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 2 326 habitantes (1 225 mulleres e 1 101 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ó ano 2010, cando tiña 2 369 habitantes, pero un aumento respecto a 2005, cando eran 2 244.
Arealonga na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Na aldeíña da Torre/ non entra un carro con toxo/ por causa dunha meniña/ que ten o peliño roxo [2].
- Se che preguntan mañán/ de quen era a parranda,/ era das mozas da Torre/ porque elas levan a palma [3].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Arealonga
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Arealonga no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) | |
---|---|
As Bocas | A Bouza | A Caldigüela | A Laxe | O Monte Xaquín | As Mulatas | A Pena | Pereira | O Porto | O Quinteiro | A Torre | Trabanca Badiña |
Parroquias de Vilagarcía de Arousa
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ A Torre é un lugar de Arealonga. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 160.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", 163.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fachada
-
Santa Baia
-
Escudos na fachada da igrexa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.