Lobeira, Lobeira
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lobeira.
Lobeira | |
---|---|
Casa do concello. | |
Concello | Lobeira[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°59′14″N 8°02′22″O / 41.98719444, -8.03958333 |
Poboación | 233 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente de Lobeira é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 263 habitantes (141 homes e 122 mulleres).
San Vicente de Lobeira na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Adios, Calvos e Corvelle,/ adios, Taboazas i a Fraga,/ adios, Quintas de Lubeira,/ adios, demos de Parada [2].
- As mociñas de Corvelle/ son pequenas e redondas;/ que vivan as de Facós,/ que son longuiñas e longas! [3].
- En Quintela hai boas mozas/ e no Pazo nada delas,/ en Santa Baia carnochas,/ ninguén quer cargar con elas [4]
- Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia [5].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lobeira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lobeira no concello de Lobeira (Ourense) | |
---|---|
Facós | Meás | As Quintas | Santa Baia | A Vila |
Parroquias de Lobeira
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle, parroquias do concello de Bande; Taboazas é lugar da parroquia de Santa Eufemia de Parada, concello de Lobeira; San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira; As Quintas, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello; Parada, parroquia do mesmo concello.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: Corbelle. Santa María de Corvelle é unha parroquia do concello de Bande; Facós é un lugar da parroquia de Lobeira no concello de Lobeira. Ambos lugares están próximos pero non lindeiros.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. Quintela pode ser lugar das parroquias de Santa Comba ou do Ribeiro, no concello de Bande; Santa Baia é lugar de San Vicente de Lobeira, no concello de Lobeira.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.