Alessandro Malaspina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alessandro Malaspina
Alessandro Malaspina
Alessandro Malaspina

Naval Jack of Spain.svg
Brigadier
1774 – 1795

Datos persoais
Nacemento 5 de novembro de 1754
Mulazzo, Gran Ducado de Toscana
Falecemento 9 de abril de 1809
Pontremoli, Reino de Etruria
Profesión Militar e político

Alessandro Malaspina,[1] nado en Mulazzo, Gran Ducado de Toscana, o 5 de novembro de 1754 e finado en Pontremoli, Reino de Etruria, o 9 de abril de 1809, foi un nobre e mariño italiano ao servizo de España desde, célebre por protagonizar unha das grandes viaxes científicas da era ilustrada, a chamada Expedición Malaspina, unha viaxe ao redor do mundo, de 1789 a 1794, especialmente ao longo do océano Pacífico, explorando e cartografando gran parte da costa oeste de América desde o cabo de Fornos até o golfo de Alasca, cruzando logo a Guam e as Filipinas, e facendo escalas en Nova Zelandia, Australia e Tonga.

Tras conspirar para derrubar a Godoy, caeu en desgraza, o que levou ao esquecemento dos seus logros.

Xuventude[editar | editar a fonte]

Alessandro Malaspina naceu o 5 de novembro de 1754 en Mulazzo, actual Italia, daquela no Gran Ducado de Toscana (que formaba parte do Sacro Imperio Romano Xermánico). Seus pais foron o marqués Carlo Morelo e Caterina Meli Lupi di Soragna.

Desde 1762 a 1765 el a a súa familia viviron en Palermo, Sicilia, baixo a protección de seu tío, o vicerrei de Sicilia Giovanni Fogliani d'Aragona. (Daquela Sicilia formaba parte da coroa española.)

De 1765 a 1773 Malaspina estudou no Colexio Clementino de Roma, aceptando en 1773 ingresar na Orde de Malta. Viviu en Malta un ano, onde aprendeu rudimentos de navegación na frota da Orde.[2]

Ao servizo de España[editar | editar a fonte]

Accións militares e primeiras grandes viaxes[editar | editar a fonte]

En 1774 ingresou na Mariña Real española, recibindo o 18 de novembro dese ano o grao de gardamariña.[2]

Durante os anos 1775 e 1776 tomou parte en varias accións armadas no norte de África (unha delas, en xaneiro de 1775, unha expedición en auxilio de Melilla, asediada por partidas de piratas bérberes).[2]

De 1777 a 1779, a bordo da fragata Astrea, participou nunha viaxe ás Filipinas (ida e volta, rodeando o Cabo da Boa Esperanza). Durante esta viaxe foi ascendido a tenente de Fragata (1778). Tomou parte en varias accións contra os británicos, en 1780, tras o cal foi ascendido a tenente de Navío.[2]

En 1782 foi denunciado ante a Inquisición española como herexe, pero non foi encarcerado nin xulgado. Ese ano tomou parte no Grande Asedio a Xibraltar.[2]

Durante 1783 e 1784, como segundo comandante da fragata Asunción, levou a cabo unha segunda viaxe a Filipinas.

Circunnavegación[editar | editar a fonte]

O Spanish Landing Site, na illa de Bauza, Nova Zelandia.[3]

De setembro de 1786 a maio de 1788 Malaspina, ao mando da fragata Astrea, fixo unha terceira viaxe ás Filipinas, comisionado pola Real Compañía de Filipinas. Esta vez tratábase dunha volta ao mundo.[4] A súa rota foi vía o cabo de Fornos e o regreso, vía o cabo da Boa Esperanza.[2]

A Astrea chegou a Concepción, en Chile en febreiro de 1787; o seu gobernador militar, nacido en Irlanda, Ambrosio O'Higgins (o pai de Bernardo O'Higgins, o futuro pai da patria chilena), recomendara seis meses antes a goberno de España que organizara unha expedición ao Pacífico similar ás dirixidas por Lapérouse e Cook.[5]

Higgins fixera esta recomendación despois da visita da expedición Lapérouse a Concepción en marzo de 1786, e presumibelmente discutiu con Malaspina mentres a Astrea estivo en Concepción. Ao regreso da Astrea a España, Malaspina fixo, en asociación con José de Bustamante, unha proposta para unha expedición ao segundo as ideas reflectidas no memorando que lle deu Higgins. Pouco tempo despois, o 14 de outubro de 1788, Malaspina informose da aceptación polo goberno do seu plan. José de Espinoza y Tello, un dos oficiais da expedición Malaspina, confirmou posteriormente a importancia da información enviada por Higgins para estimular ao goberno para que iniciase un amplo programa de exploracións no Pacífico.[6]

A rápida aceptación da proposta de Malaspina foi estimulada polas noticias de que o goberno ruso estaba preparando a expedición Mulovsky no Pacífico Norte, que tiña como obxectivo a reivindicación de territorios ao redor da baía de Nootka, na illa de Vancouver, que tamén eran reclamados por España e que deu lugar á chamada crise de Nootka, incidente diplomático e político entre os reinos da Gran Bretaña e España.[7]

A expedición Malaspina[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Expedición Malaspina.
O mapa mostra a rota da corveta Descubierta de Malaspina, coa volta a España desde Tonga.

En setembro de 1788 Alessandro Malaspina e e o seu colega José de Bustamante y Guerra presentáronsese perante o goberno español, ao que propuxeron organizar unha expedición político-científica co fin de visitar case todas as posesións españolas en América e Asia. O rei Carlos III, promotor da ciencia no Imperio español, aprobouna. Esta viaxe coñeceríase como a expedición Malaspina.

Dúas corvetas, Descubierta e Atrevida, foron construídas, baixo a dirección de Malaspina, para esta expedición.[8] Malaspina mandou a Descubierta e Bustamante a Atrevida. Os nomes dos barcos foron elixidos por Malaspina en honor de James Cook, que mandara o HMS Discovery e o HMS Resolution.[2] As dúas corvetas foron construídas polo carpinteiro de ribeira Tómas Muñoz no estaleiro do arsenal de La Carraca (San Fernando, Cádiz). Tiñan 36 metros de eslora e desprazaban 306 toneladas. Botáronse xuntas o 8 de abril de 1789.[9]

A expedición estaría baico o "mando dual" de Malaspina e Bustamante. Aínda que co tempo a expedición pasou a denominarse como de Malaspina, Bustamante nunca foi considerado como un subordinado. Malaspina insistiu na súa igualdade pero, así e todo, Bustamante recoñeceu pronto a Malaspina como o "defe da expedición".[10]

A viaxe partiu de Cádiz o 30 de xullo de 1789.

A expedición tiña metas explicitamente científicas, similares ás das recentes viaxes de James Cook e Lapérouse. Algúns dos pricipais científicos españois da época acompañaron a Malaspina. Os datos que os científicos recolleron durante a expedición sobrepasarton en moito á de Cook pero, debido ás circunstancias políticas cambiantes en España, Malaspina foi encarcerado ao seu regreso e as coleccións poron gardadas, e prohibiuse a publicación dos informes. A expedición e os seus resultados seguían sendo escuros e non foron case estudadas polos historiadores até o século XX.[11]

Durante os cinco anos que durou esta expedición, Malaspina fixou as medidas da costa occidental de América cunha precisión nunca antes alcanzada. Mediu a altura do monte San Elías, en Alasca e explorou os xigantescos glaciares alasquianos, entre eles o glaciar de Malaspina, así denominado na súa honra. Ademais, demostru a viabilidade dun posíble canal en Panamá e esbozou plans para a súa construción.[12]

Ademais, a expedición Malaspina foi a primeira viaxe importante de longa distancia por mar na que non se experimentou practicamente ningún caso de escorbuto. O oficial médico de Malaspina, Pedro González, estaba convencido de que os limóns e as laranxas frescas eran fundamentais para previren o escorbuto. Soamente ocorreu un brote, durante unha viaxe de 56 días a través do mar aberto: cinco mariñeiros tiveron que ser dados de baixa porque amosaron os síntomas da enefermidade, un deles seriamente afectado; pero despois de tres días en Guam os cinco estaban xa curados. James Cook xa fixera grandes avances contra a doenza, pero outros capitáns británicos, tales como George Vancouver, encontraron a súa realización difícil de pór en funcionamento. Coñecíase desde mediados do século XVIII que os froitos dos cítricos eran efectivos contra o escorbuto, pero durante décadas foi pouco práctico almacenar froitas ou zume de froitas durante longos períodos de tempo nas naves sen que perderan o ácido ascórbico necesario. O grande Imperio español, con moitos portos de escala, facía máis fácil adquirir froita fresca.[13]

Regreso e caída en desgraza[editar | editar a fonte]

Malaspina regresou a España o 21 de setembro de 1794 e, en decembro dese ano, foi recibido polo rei Carlos IV e os seu primeiro ministro Manuel Godoy, aos que presentou un informe, Viaje político-científico alrededor del mundo. Neste encontro todo foi moi ben, e Malaspina foi ascendido a brigadier da frota en marzo de 1795.[2]

Pero o manuscrito de Malaspina incluía un informe político confidencial, con observacións críticas de carácter político acerca das institucións coloniais españolas e favorábel á concesión dunha ampla autonomía ás colonias españolas americanas e do Pacífico, dentro dunha confederación de estados relacionados mediante o comercio.[8]

En setembro de 1795, enviou ao Goberno español os seus escritos, pero este xulgou pouco oportuna a súa publicación na situación política daquela existente. Desencantado, Malaspina tomou parte nunha conspiración para derrubar a Godoy, o que conduciu ao seu arresto o 23 de novembro. Tras un xuízo dubidoso, o 20 de abril de 1796 foi condenado a dez anos de prisión no Castelo de San Antón da Coruña. Durante o seu cativerio, Malaspina escribiu ensaios sobre estética, economía e literatura.[2]

Regreso a Italia, e actividades políticas na época napoleónica[editar | editar a fonte]

Malaspina non chegou a cumprir a totalidade da condena, pois a finais de 1802 foi posto en liberdade debido ás presións de Napoleón (a instancias de Francesco Melzi d'Eril) e deportado a Italia. Malaspina partiu para a súa localidade natal a través de Xénova, asentándose finalmente en Pontremoli, a 10 km de Mulazzo, daquela parte do reino de Etruria. Alí involucrouse na política local.[2]

En 1803 desprazouse a Milán, capital da República Cisalpina. En decembro dese ano, o goberno da república encargoulle a organización da corentena entre a república e o reino de Etruria durante unha epidemia de febre amarela en Livorno. En 1805 foi nomeado membro do Consello de Estado do napoleónico Reino de Italia (no que se transformara a República Cisalpina). A raíña de Etruria, María Luísa de Borbón (filla de Carlos IV) recibiuno na súa corte de Florencia en decembro de 1806. Pouco despois ingresou na Sociedade Colombina de Florencia co título de Addomesticato.[2]

A primeira manifestación dunha enfermidade incurábel ocurren en 1807.[2] Dous anos máis tarde, Alessandro Malaspina morría en Pontremoli, reino de Etruria, o 9 de abril de 1809, aos 55 anos.[8]

A noticia da súa morte foi publicada na Gazzetta di Genova o 18 de abril de 1810:

Pontremoli, 9 de abril de 1810:
Hoxe ás 10:00 horas da tarde o famoso e douto navegante Signore Alexandro Malaspina de Mulazzo pasou a mellor vida. Tal perda non pode deixar de ser amplamente lamentada por todos aqueles que, tendo un alto sentido da importancia dos relatos náuticos e as viaxes deste italiano tan talentoso, coñeceron a súa ecuanimidade na boa e na mala fortuna; é sen dúbida máis amargo aínda para os que foron testemuñas da final da súa vida e que, ademais, admiraron a súa fortaleza no sufrimento paciente das últimas dores máis severas dunha longa enfermidade intestinal.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coñecido nos documentos oficiais españois da época co nome de Alejandro Malaspina, escrito segundo a ortografía da época como Alexandro Malaspina Carmen Sotos Serrano Los pintores de la expedición de Alejandro Malaspina, Volume 1
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 John Black; Dario Manfredi. "A Biography of Alexandro Malaspina". Malaspina University-College. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2008. Consultado o 24-04-2016. 
  3. Na placa de bronce situada en Marcaciones Point, di: Don Felipe Bauza of the Spanish expedition commanded by Captain Malaspina was the first European to explore Doubtful Sound. He landed on this point on 25 February 1793.
    Don Felipe Bauza da expedición española comandada polo capitán Malaspina foi o primeiro europeo en explorar o Doubtful Sound. Chegou a este punto o 25 de febreiro de 1793.
    Na foto, Aaron Nicholson como Alessandre Malaspina.
  4. Dario Manfredi (1988): Il Viaggio Attorno al Mondo di Malaspina con la Fregata di S.M.C. Astrea, 1786–1788. Memorie della Accademia Lunigianese di Scienze, La Spezia.
  5. Archivo Histórico Nacional (Madrid), Estado, legajo 4289. Tamén no Archivo Nacional de Chile, Fondo Vicuña Mackenna, vol. 304, D, ff.5–26. Publicado na Revista chilena de historia y geografía, nº 107, 1946, pp. 387–401.
  6. "Noticia de las principales expediciones hechas por nuestros pilotos del Departamento de San Blas al reconocimiento de la costa noroeste de América, desde el año de 1774 hasta el 1791, extractada de los diarios originales de aquellos navegantes", Novo y Colson, Viaje, p.428; citado en Warren L. Cook, Flood Tide of Empire, New Haven and London: Yale University Press, 1973, p.115, e en Robert J. King, "Ambrose Higgins and the Malaspina Expedition", presentada na International Conference of the Association of Iberian and Latin American Studies of Australasia (AILASA 99), La Trobe University, Melbourne, Xullo de 1999. En: http://web.viu.ca/black/amrc/index.htm.
  7. Pedro Normande a Floridablanca, San Petersburgo, 16 de febreiro de 1787. Archivo Histórico Nacional (Madrid), Estado, legajo 4289; copia na Library of Congress Manuscripts Division, Foreign Copying Project Reproductions; citada en Anthony H. Hull (1973): Spanish and Russian Rivalry in the North Pacific Regions of the New World, University of Alabama PhD thesis, UMI microfilm, pp. 113–7; e en Warren L. Cook (1973): Flood Tide of Empire: Spain and the Pacific Northwest, 1543-1819. New Haven: Yale University Press, p. 116.
  8. 8,0 8,1 8,2 "Captain Alexandro Malaspina". Malaspina University-College. Consultado o 24 de agosto de 2016. 
  9. Cutter, Donald C. (1991). Malaspina & Galiano: Spanish Voyages to the Northwest Coast, 1791 & 1792. University of Washington Press. p. 3. ISBN 0-295-97105-3. 
  10. Cutter, Donald C. (1991). Malaspina & Galiano: Spanish Voyages to the Northwest Coast, 1791 & 1792. University of Washington Press. pp. 4–5. ISBN 0-295-97105-3. 
  11. Felipe Fernández-Armesto (2007): Pathfinders: A Global History of Exploration. New York: W. W. Norton & Company Inc. ISBN 978-0-3933-3091-5, pp. 305–307.
  12. Vaughan, Thomas; E. A. P. Crownhart-Vaughan & Mercedes Palau de Iglesias (1977): Voyages of Enlightenment: Malaspina on the Northwest Coast. Oregon Historical Society, p. 16.
  13. Felipe Fernández-Armesto, Op. cit., pp. 297–298.
  14. Véxase tamén a Gazzetta Universale, nº 33, 24 Aprile 1810, páx. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alessandro Malaspina Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ibáñez, Victoria (1992): "Trabajos Cientificos y Correspondencia de Tadeo Haenke", in Museo Naval / Ministerio de Defensa (1992): La Expedición Malaspina, 1789-1794. Tomo IV. Madrid / Barcelona: Lunwerg Editores.
  • Higueras Rodriguez, Mª Dolores (1989-1994): Catálogo crítico de los documentos de la Expedición Malaspina en el Museo Naval. Tomos I, II y III. Madrid: Museo Naval.
  • Higueras Rodriguez, Mª Dolores (1999): "Diario General del Viaje de la Corbeta "Atrevida" por José Bustamante y Guerra", in Museo Naval / Ministerio de Defensa (1999): La Expedición Malaspina, 1789-1794. Tomo IX. Madrid / Barcelona: Lunwerg Editores.
  • King, Robert J. (2010): "Puerto del Pendulo, Doubtful Sound: la visita de la expedición Malaspina a Nueva Zelanda en busca de la verdadera forma de la tierra", in Asclepio: Revista de Historia de la Medicina y de la Ciencia, vol. 62, no.1, pp. 209–224.
  • Manfredi, Dario (1988): Il Viaggio Attorno al Mondo di Malaspina con la Fregata di S.M.C. "Astrea", 1786-1788. La Spezia: Memorie della Accademia Lunigianese di Scienze.
  • Manfredi, Dario (1992): Italiano in Spagna, Spagnolo in Italia: Alessandro Malaspina (1754-1810) e la più importante spedizione scientifica marittima del Secolo dei Luni. Torino: Nuova Eri Edizioni Rai.
  • Orozco Acuaviva, Antonio (ed.) (1989: La Expedición Malaspina (1789-1794), Bicentenario de la Salida de Cádiz, Cádiz. Cádiz: Real Academia Hispano-Americana.
  • Palau Baquero, Mercedes & Antonio Orozco Acuaviva (eds.) (1994): Malaspina '92: I Jornadas Internacionales - Madrid, Cádiz, La Coruña. 17-25 de Septiembre de 1992. Cádiz: Real Academia Hispano-Americana.
  • Pimentel Igea, Juan (2001): Viajeros Científicos. Colección Novatores. Madrid: Ed. Nívola.
  • Sagredo Baeza, Rafael e José Ignacio González (2004): La Expedición Malaspina en la Frontera Austral del Imperio Español Santiago de Chile: Editorial Universitaria. ISBN 978-956-11-1737-2
  • Saiz, Blanca (1992): Bibliografia sobre Alejandro Malaspina y acerca de la expedicion Malaspina y de los marinos y cientificos que en ella participaron. Madid: Ediciones El Museo Universal.
  • Saiz, Blanca (ed.) (1995): Malaspina '93: Alessandro Malaspina e la sua spedizione scientifica (1789-1794). Atti del Congresso Internazionale, nel bicentenario della massima impresa di Alessandro Malaspina, tenutosi a Mulazzo, Castiglione del Terziere e Lerici dal 24 al 26 settembre 1993. Mulazzo: Centro di Studi Malaspiniani.
  • Emilio Soler Pascual, Emilio (1956): La Conspiración Malaspina, 1795-1796. Alacant: Instituto de Cultura "Juan Gil Albert".

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]