Illas de Lord Howe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa de Lord Howe
A illa vista desde o satélite
Situación da illa
Situación
PaísAustralia Australia
MarMar de Tasmania
Coordenadas31°33′00″S 159°05′00″L / -31.55000, -159.08333
Xeografía
Superficie56 km²
Punto máis altoMonte Gower (875 m)
Demografía
Poboación350 (permanentes)
Densidade23´97 hab./km²
Grupo de illas de Lord Howe
Vista panorámica das illas.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísAustralia Australia
Localización31°33′00″S 159°05′00″L / -31.55000, -159.08333
TipoNatural
CriteriosVII, X
Inscrición1982 (6ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador186

A Illa de Lord Howe é unha pequena illa do océano Pacífico a 600 km ao leste do continente australiano. Xunto coa Pirámide de Ball, está administrada polo consello da Illa de Lord Howe, unha das 175 autoridades locais do estado de Nova Gales do Sur, e forma parte da Mid-North Coast Statistical Division. Non está constituída en administración local e polo tanto ten un tratamento de área desincorporada, pero está autogobernada polo xa mencionado consello da Illa de Lord Howe. O grupo de illas que compón Lord Howe foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1982, en atención á súa beleza única e á súa biodiversidade. Os parques marítimos Lord Howe Island Marine Park e Lord Howe Island Marine Park (augas da Commonwealth) protexe o espazo marítimo que rodea o grupo de illas.

O fuso horario do grupo de illas é UTC 10:30. Durante o horario de verán isto cambia media hora e pasa a UTC 11, no canto de cambiar unha hora completa.

Historia[editar | editar a fonte]

A Illa de Lord Howe descubriuse o 17 de febreiro de 1788 por unha expedición do barco HMS "Suply", baixo o mando do Tenente Henry Lidgbird Ball, da Royal Navy, durante unha travesía desde a baía Botany á Illa Norfolk. Nesta singradura o HMS "Suply" trasladaba convictos para pór en marcha un novo penal. O 13 de marzo, durante a viaxe de volta, enviou unha expedición á illa. Estaba deserta e aparentemente era descoñecida polos habitantes da Polinesia. O monte Ligbird dentro da illa e a Pirámide de Ball reciben o seu nome do xefe desa expedición. A illa recibiu o seu nome de Richard Howe, 1º conde de Howe, que foi Primeiro Lord do Almirantado.

Moitos barcos militares que navegaban entre Nova Gales do Sur e a Illa de Norfolk facían unha escala na illa, da mesma forma que o facían algúns baleeiros e barcos mercantes. Algúns barcos deixaron cabras e porcos na illa, para ter alimento en futuras visitas. Non houbo asentamentos permanentes ata 1834, nunha área da illa coñecida hoxe como Old Settlement (asentamento antigo).

Ata 1974 non tivo conexión aérea, e a única forma de chegar á illa por aire era un hidroavión que se podía tomar desde Sydney e que amaraban no lago que forma o arrecife de coral. No ano 2002 o destrutor da mariña británica HMS Nottingham encalloú nun lugar próximo "Wolf Rock, un arrecife próximo á illa, e estivo a piques de naufragar.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Vista da Illa de Lord Howe na que se poden ver os montes Lidgbird e Gower.

Ten unha orografía moi accidentada, que se desenvolve ao longo de aproximadamente 10 km de longo por 2 de ancho. Provén dun volcán en escudo de 7 millóns de anos de antigüidade, cuxo remanente erosionado é a illa de Lord Howe. A súa forma de media lúa protexe un arrecife de coral e un lago.

A cadea de montes submarinos de Lord Howe, formada por guyots cubertos de coral, esténdese 1000 km cara ao norte e parece ser formada por un movemento cara ao norte da placa indoaustraliana, realizado sobre un punto quente estacionario (ver Tectónica de placas). Esta cadea é unha das características atopadas na meseta coñecida como a elevación de Lord Howe, unha parte do continente mergullado de Cealandia.

O monte Lidgbird, de 777 msnm de altitude e o monte Gower, de 875, dominan o extremo sur da illa. Ambos son de roca basáltica, restos de lava que no seu día enchía o que hoxe é unha gran caldeira volcánica. Estes ríos de lava producíronse fai 6,4 millóns de anos, e foron as últimas manifestacións de actividade volcánica na illa, que despois foi erosionada ata quedar como a coñecemos na actualidade.

O arrecife de coral, a 31º sur, é o arrecife situado máis ao sur que se coñece.

A pirámide de Ball é un illote rochoso situado a 16 km ao sur da Illa de Lord Howe, e como ela mesma é o resto dun volcán erosionado. É o maior dunha serie de amoreamentos de orixe volcánica que forman illotes na zona.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

A Illa de Lord Howe constitúe unha ecorrexión terrestre, coñecida como Bosques subtropicales da Illa de Lord Howe. É parte da ecozona de Australasia, e ten moitas bioafinidades con Australia, Nova Guinea e Nova Caledonia. A Illa de Lord Howe nunca foi parte dun continente, e toda a súa flora e fauna colonizoú a illa atravesando os mares. Case a metade das plantas que crecen na illa son especies endémicas. Unha das máis coñecidas é a palmeira Howea, un endemismo do as palmeiras Arecaceae, da cal expórtanse anualmente varios millóns de exemplares, o que supón para a illa a única industria significativa á parte do turismo.

Outra característica endémica da illa é o Cogomelo Brillante, que se dá logo de choivas fortes. Atópase durante varios días. O brillo é tan forte que se pode utilizar para ler na escuridade.

No grupo de illas crían 14 especies de aves mariñas e 18 de aves terrestres, incluíndo unha especie endémica "Galiña Madeireira de Lord Howe" (Gallirallus sylvestris) e 3 subespecies, o "Canario Dourado de Lord Howe" (Pachycephala pectoralis contempta), o "Ollo Branco de Lord Howe" (Zosterops lateralis tephropleurus) e o "Currawong de Lod Howe" (Strepera graculina crissalis).

Varias especies e subespecies endémicas de paxaros extinguíronse desde o descubrimento da illa. A Galiña de Marisma de Lord Howe ou Gallinácea Branca (Porphyrio albus), a Pomba de Pescozo Branco (Columba vitiensis godmanae), o Periquito de Peito Vermello (Cyanoramphus novaezelandiae subflavescens) e o Paxaro Bobo de Tasmania (Sula tasmani) foron eliminadas polos poboadores da illa ao longo do século XIX. A chegada accidental da rata negra debida ao naufraxio do Makambo en 1918 disparou unha segunda onda de extincións, incluíndo o tordo chamado polos insulares Paxaro Doutor (Turdus poliocephalus vinitinctus), o Ollo Branco Forte (Zosterops strenuus), o Estorniño de Lord Howe (Alponis fusca hulliana), a Pomba de Lord Howe (Rhipidura fuliginosa cervina) e o Gerygone de Lord Howe (Gerygone insularis).

Só perdura un mamífero orixinario da illa, o Morcego Grande do Bosque (Eptesicus sagittula). A especie endémica de morcegos (Nyctophilus howensis) só se coñece por unha caveira atopada e actualmente suponse que está extinguido. A extinción puido deberse á introdución na illa do Bufo con Máscara en 1920, co obxecto de controlar a poboación de ratas. Este bufo pode ser tamén a causa da extinción da lechuza (Ninox novaeseelandiae albaria).

Palmeiras Howea na Illa de Lord Howe

Hai dous réptiles terrestres que son nativos do grupo de illas: o lagarto scincidae (Leiolopisma lichenigera) e o lagarto gecko (Phyllodactylus guentheri). Ambos son raros na illa principal pero máis comúns nas illas máis pequenas. O lagarto scincidae (Lampropholis delicata) e a Ra Gritona (Litoria dentata) introducíronse accidentalmente desde o continente australiano en épocas recentes.

O Insecto Pau da Illa de Lord Howe (Dryococelus australis) desapareceu da illa principal pouco despois da introdución da rata negra. En 2001 descubriuse unha pequena poboación nun único arbusto (Melaleuca howeana) nas pendentes da Pirámide de Ball.

Outro invertebrado que é un endemismo, o Placostylus de Lord Howe, tamén se viu afectado pola chegada da rata negra. Nun tempo era moi común, pero agora está ameazada. Púxose en marcha un programa de cría en catividade para salvar esta serpe da extinción.

Nas augas que rodean Lord Howe pódense atopar máis de 400 especies de peixes, incluíndo 9 endemismos. Hai máis de 80 especies de coral que se dan nos arrecifes ao redor do grupo de illas.

Ao redor dun 10% da superficie forestal da Illa de Lord Howe talouse para dedicala á agricultura, e outro 20% viuse afectada por gañado bovino doméstico e ovellas, cabras e porcos silvestres. As cabras elimináronse da illa recentemente, a poboación de porcos silvestres reduciuse, e estanse a por esforzos crecentes para controlar o número de ratas, ratos, e plantas introducidas na illa. Un programa de recuperación conseguiu aumentar o número de exemplares de Galiña Madeireira de Lord Howe, desde os 20 que existían no ano 1970 aos aproximadamente 200 que viven na actualidade.

Ameazas[editar | editar a fonte]

Baseado na análise feita por Tim Flannery en "A ameaza do cambio climático", o ecosistema da Illa de Lord Howe está ameazado polo cambio climático e o arrequecemento global. Os arrecifes están ameazados por un aumento da temperatura da auga. A gran barreira de coral situada ao nordés de Australia está ameazada especificamente polos efectos en Australia do arrequecemento global, e o mesmo pódese afirmar dos arrecifes da Illa de Lord Howe. A flora e fauna de clima tépedo están ameazados polo aumento da temperatura xa que aqueles que están no monte Gower non poden emigrar a lugares máis elevados para buscar o seu rango de temperaturas propio.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]