IES Sánchez Cantón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Instituto Sánchez Cantón")

Coordenadas: 42°25′43″N 08°38′55″O / 42.42861, -8.64861

IES Sánchez Cantón
IES Sánchez Cantón.jpg
Vista frontal
Enderezo
Avenida da Raíña Vitoria, Pontevedra
Datas
Creación 1845
Edificio actual 1986
Educación
Ensinanzas Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato; ciclos formativos
Xestión
Tipo público
Titularidade Xunta de Galicia
Director Eladio Otero López
Vicedirector Francisco Manuel Pérez Carral
Xefe de estudos Rocio Viéites Rey
Secretario Ana María Martínez Fernández
Na rede
Web
ies.sanchez.canton@edu.xunta.es

O Instituto de Ensino Secundario Sánchez Cantón é un centro pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Pontevedra. Leva o nome do polígrafo Francisco Javier Sánchez Cantón. Está situado no Verxel, a carón do río dos Gafos.

Nel impártese Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e os títulos de Técnico Superior en Animación de Actividade Física e Deportiva, Técnico Deportivo en fútbol, Técnico Deportivo en balonmán, Técnico Superior en fútbol e Técnico Superior en balonmán. O Instituto Sánchez Cantón ten unha extensión no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Historia[editar | editar a fonte]

O Instituto de Pontevedra foi creado por Real Orde do 30 de outubro de 1845 ao abeiro do Plan Xeral de Estudos (plan Pidal), que creaba un centro de ensino secundario en cada capital de provincia. A súa localización inicial foi no convento de San Bartolomé de Pontevedra (anterior colexio dos Xesuítas e desamortizado uns anos antes), actual edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. En 1880 acolleu parte da Exposición Rexional que acolleu a cidade.

O Instituto de Pontevedra (posteriormente IES Sánchez Cantón) estivo nas instalacións do actual IES Valle-Inclán entre 1929 e 1971.

Despois pasou ó edificio da Escola Normal de Maxisterio (pertencente na actualidade á Deputación de Pontevedra), e en 1929 construíuse un edificio novo a carón das ruínas de San Domingos (actual IES Valle-Inclán). A localización actual foi inaugurada en 1971, e en 1973 recibiu o nome de Sánchez Cantón, historiador finado dous anos antes. O instituto estivo dirixido por Xosé Filgueira Valverde entre 1946 e 1976, ano da súa xubilación. O novo edificio presentaba problemas estruturais, e foi reconstruído de novo en 1986.

Despois de Filgueira Valverde o Sánchez Cantón foi dirixido por José Ramón Pereiró Rodríguez, Eladio Rodríguez Gandoy, Elena Santillán Pedrosa, Margariña Valderrama Currás, Casimiro Mesejo González, Rafael Táboas Pastor e Eladio Otero López.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]