Enrique Mauricio Iglesias
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de marzo de 1977 Pontevedra |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela IES Sánchez Cantón |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
Enrique Mauricio Iglesias, tamén coñecido por Mau, nado en Pontevedra o 13 de marzo de 1977, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Foi xogador de balonmán. Estudou no IES Sánchez Cantón a secundaria e logo fixo Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela.
Participou na campaña de Onde vén o leite para Feiraco, na banda deseñada Dominicanas Somos e nunha curta de animación para o Museo Massó.
É autor, conxuntamente con Carlos Álvarez Taboada, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008.
Polo Correo do Vento foi Premio Cidade de Pontevedra 2025 na categoría de persoa xurídica, xa que segundo o Concello «vén amosando desde a súa creación unha excelencia artística recoñecida e recoñecíbel, así como un compromiso para coa cultura galega e pontevedresa... que destaca pola súa capacidade creativa excepcional e polo seu foco no público infantil con materiais de extraordinaria calidade».[1]
Debido ao pasamento de Carlos Taboada Polo correo do vento deu paso en 2026 ao Colectivo Xurelo, liderado por Enrique Mauricio Iglesias e do que forman parte os músicos Antón Ke, Marcelo Dobode e Alba Faro, ademais da ilustradora Tania Solla.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Con Carlos Taboada
[editar | editar a fonte]- Hugo, o carteiro teixugo (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-912-0.
- Mariquiña, a carteira andoriña (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-911-3.
- Martiño, o carteiro porquiño (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7.
- Carola, a carteira centola (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-065-0.
- Violeta, a carteira bolboreta (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7.
- Xelo, o carteiro xurelo (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7.
- Amaranta, a carteira Saramaganta (2011). Edicións Xerais. 32. p. ISBN 978-84-9914-193-0.
- O esquío rampante (2015). Edicións do Cumio. 76 p. ISBN 978-84-8289-493-5.
- Un ronsel de Ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño (2016). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-0-0.
- Periplo Atlántico. Unha versión moi libre de “O negriño Panchito” de Alfonso R. Castelao (2016). Lela Edicións. 56 páxs. ISBN 978-84-946043-1-7.
- Meiga nova, metade anxo, metade marisco. Pequena biografía de Maruja Mallo (2017). Lela Edicións, 32 páxs. ISBN 978-84-946043-2-4.
- Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero (2017). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-4-8.
- A detective Peregrina e o misterio do Torque (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-5-5.
- A detective Peregrina e o insólito "caso Antón Fraguas" (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-8494604362.
- Seoane. O creador na súa tinta. Primeira parte (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-7-9.
- De cando Antonio Fraguas foi alumno de Castelao (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-9-3.
- Ricardo Carvalho Calero (2019). Lela Edicións. Ilustracións de Miguel Pérez Ramudo. ISBN 978-84-121263-0-3.
- Unha casiña branca na Mariña. Pequena biografía de Filomena Dato (2020). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-3-4.
- Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-5-8.
- De Valdeorras a México. Terra a nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán (2021). Lela Edicións. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-6-5.[3]
- A cabalo dunha pomba. Pequena biografía de Manuel Lueiro Rey (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-121263-4-1.
- Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego (2022). Ilustracións de Tania Solla. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-9-6.
- Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta (2023). Lela Edicións. 31 páxs. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-12623505.
- Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira (2023). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla.[4]
- O poeta da terra. Pequena Biografía de Enrique Labarta Posse (2024). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 9788412623512.
- Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas (2025). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-126235-2-9.
Como colectivo Xurelo
[editar | editar a fonte]- Begoña Caamaño. Pequena Biografía (2026). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 9788412623543.[5]
Notas
[editar a fonte]- ↑ Pereiro, Carlos (2026-01-13). "Fernando Pintos e Polo Correo do Vento, premios Cidade de Pontevedra no 2025". Concello de Pontevedra. Consultado o 2026-01-16.
- ↑ López, Belén (2026-04-21). "Colectivo Xurelo remonta a corrente: Kike Mauricio lidera dende Pontevedra un novo proxecto para a cativada". Diario de Pontevedra. Consultado o 2026-04-21.
- ↑ Nicolás, Ramón (2021-12-23). "De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán, de Polo Correo do Vento". Caderno da crítica. Consultado o 2021-12-23.
- ↑ "Así é "Campioa", o libro sobre Tere Abelleira ilustrado por Tania Solla e creado por Polo Correo do Vento". Pontevedra Viva. 2023-12-29. Consultado o 2023-12-29.
- ↑ Casal, Sergio (2026-04-08). "Quique Mauricio: "Temos a sorte de que cada vez hai máis, pero seguen faltando referentes galegas no ensino"". Nós Diario. Consultado o 2026-04-09.