Antonio de Ron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio de Ron
Nacemento4 de outubro de 1952
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónprofesor de educación superior e investigador
editar datos en Wikidata ]

Antonio Miguel de Ron Pedreira, nado en Lugo o 4 de outubro de 1952, é un profesor e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela en 1974, na mesma universidade presentou en 1987 a tese de doutoramento Estudio genético y taxonómico de las poblaciones gallegas de maíz (Zea mays L.).[1] Experto Universitario en Métodos Avanzados de Estatística Aplicada, UNED, 2011.

Postos desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Catedrático de Instituto entre 1977 e 1988, exerceu no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
  • Entre 1988 e 2004 foi Científico Titular e entre 2004 e 2009 Investigador Científico no Consello Superior de Investigacións Científicas, no que foi Profesor de Investigación desde 2009, Grupo de Bioloxía de Agrosistemas (BAS).
  • Na Misión Biolóxica de Galicia-CSIC (Pontevedra) foi Xefe do Departamento de Mellora Vexetal entre 1993 e 2004 e de Recursos Fitoxenéticos entre 2004 e 2010, dirixindo o grupo de investigación Bioloxía de Agrosistemas.[2]
  • No Campus de Lugo da Universidade de Santiago foi Profesor Asociado de Xenética entre 1990 e 2004
  • No Centro da UNED en Pontevedra foi Profesor-Titor entre 1991 e 2014.
  • Entre 1992 e 1994 foi Delegado do Colexio Oficial de Biólogos en Galicia.[3]
  • En 1988 foi nomeado Presidente da Sociedade de Ciencias de Galicia.[4]
  • Entre 2006 e 2012 foi Presidente da Asociación Española de Leguminosas.
  • Desde 2013: Líder do Protein Crops Working Goup da European Association for Research on Plant Breeding, EUCARPIA.
  • Profesor no Máster Universitario en Genómica Xenética, USC e UVigo.[5]
  • En 2019: membro da Comisión de Títulos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
  • En 2019 Delegado do CSIC en Galicia.[6]

Líñas de investigación[editar | editar a fonte]

En 2019 era o investigador principal de “Actividades do CRF de conservación e documentación de coleccións de xermoplasma vexetal” (2800 mostras de sementes conservadas), “Contrato de transferencia de material e licenza de explotación da variedade vexetal faba Galaica entre a Axencia Estatal CSIC e Terras da Mariña Galega” e “Acordo de colaboración para o desenvolvemento de accións e proxectos de innovación sobre cultivos de calidade para consumo humano”.[7]

Ademais traballou en Bioloxía de Agrtosistemas: interaccións planta-medio ambiente, Biodiversidade e recursos fitoxenéticos de Leguminosas e outras especies cultivadas, Phaseolus vulgaris como planta modelo para estudos de xenética, e evolución, Xenética e mellora de Leguminosas e outras especies cultivadas.[8]

Coordinou de proxectos internacionais, nacionais e de I+D no campo da xenética e mellora vexetal.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Estudio de la influencia de un parque de maderas en la propagación de plagas forestales (1978). Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. ISBN 84-500-2840-X.
  • Sobre la ciencia: ensaios (1983). Ed. de autor. ISBN 84-300-8804-0.
  • El medio ambiente. Manual para profesores (1986). Con José Luís Álvarez. Celulosas de Pontevedra. ISBN 84-398-6959-2.
  • Estudio genético y taxonómico de las poblaciones gallegas de maíz (Zea mays L.) (1987). Resume da tese de doutoramento. Santiago de Compostela. ISBN  84-404-0287-2.
  • Tendencias actuales en genética (1996). Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 8481214345.
  • Exercicios prácticos de ciencias da natureza (Bioloxía e Xeoloxía) para o ensino secundario (1998). Tórculo. ISBN 8484080048.
  • Geología y biología: volumen práctico : oposiciones al Cuerpo de Profesores de Enseñanza Secundaria (2004). MAD. ISBN 8466539786.

É autor de artigos científicos en revistas de impacto e internacionais de investigación con índice de impacto, e de ducias de artigos en medios de comunicación. Dirixiu 15 teses de doutoramento.[9][10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1975: "Colexial Distinguido" no Colexio Maior San Clemente, Universidade de Santiago de Compostela.
  • 1981: Premio "Cidade de Pontevedra - Valores Científicos".
  • 1999: Premio "Cidade de Córdoba de Ciencias Hortícolas".
  • 2003: Medalla de Bronce do Consello Superior de Investigacións Científicas. Vigo.
  • 2010: Premio “Amigos de Pontevedra”, como catedrático e investigador.
  • 2014: Pontevedrés do Ano en Investigación, Ciencia e Universidade.
  • 2018: Socio de Honor da Asociación Española de Leguminosas.[11] Córdoba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pedreira, Antonio M. de Ron (1987). "Estudio genético y taxonómico de las poblaciones gallegas de maíz (Zea mays L.)" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  2. M. Vázquez. "Antonio De Ron Pedreira, nuevo delegado institucional del CSIC en Galicia – Instituto de Investigaciones Marinas" (en castelán). Consultado o 2019-02-26. 
  3. "Colexio Oficial de Biólogos de Galicia". www.biologosdegalicia.org. Consultado o 2019-02-26. 
  4. "Junta de Gobierno". Sociedad de Ciencias de Galicia (en castelán). 2014-09-19. Consultado o 2019-02-26. 
  5. "Master Genómica y Genética - Antonio Miguel De Ron Pedreira". mastergenomicaygenetica.com (en castelán). Consultado o 2019-02-26. 
  6. Pontevedra, Diario de (2019-02-26). "Antonio de Ron, nuevo delegado del Csic en Galicia". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2019-02-26. 
  7. Redacción (2019-02-25). "Antonio de Ron, novo delegado do CSIC en Galicia". GCiencia. Consultado o 2019-02-26. 
  8. "Antonio Miguel De Ron Pedreira. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-02-26. 
  9. "Antonio M. de Ron Pedreira". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-02-26. 
  10. "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España - Resultados del catálogo - '^A1108381'". catalogo.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-02-26. 
  11. "Antonio De Ron, nombrado socio de honor de la AEL – Misión Biológica de Galicia" (en castelán). Consultado o 2019-02-26.