Saltar ao contido

Julia Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulia Varela
Nome orixinalJulia Varela Ruano
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1981 (44 anos)
Pontevedra
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
IES Sánchez Cantón Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónXornalista e presentadora
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm6951081 Twitter: varelajulia Editar o valor en Wikidata

Julia Varela Ruano, nada o 30 de xuño de 1981 en Pontevedra, é unha presentadora de radio e reporteira de televisión galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla dos profesores pontevedreses Carmen Ruano e Eloy Varela, estudou no IES Sánchez Cantón e despois de graduarse en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid comezou a traballar na RTVE en 2005 como locutora e redatora nos Servizos Informativos da RNE para a Radio Exterior de España. En 2008, pasou a ser locutora e redatora de Radio 3 en programas como Siglo 21, 180 Grados ou Los Conciertos de Radio 3, e na retransmisión de distintos festivais de música. Desde 2013, Varela traballa como reporteira para TVE en programas como Comando actualidad e La mañana de La 1; neste último tamén colabora como comentarista da sección de espectáculos.

Nas edicións 2015,[2] 2016[3] e 2017 do Festival de Eurovisión, Varela foi a comentarista para TVE xunto con José María Íñigo. Varela e Íñigo comentaron tamén a gala especial Eurovision Song Contest's Greatest Hits, que conmemorou o 60º aniversario do Festival de Eurovisión en 2015. Na edición de 2018 compartirá o micrófono co locutor da emisora de radio LOS40, Tony Aguilar.[4]

En xullo de 2019 dirigiu A partir de hoy,​ un programa matutino de verán de La 1 de Televisión Española conducido por Màxim Huerta. Desde o 31 de agosto de 2020 e ata o verán de 2022 dirixiu e presenta en RNE o espazo vespertino Tarde lo que tarde.[5] En setembro de 2022 comezou a presentar e dirixir o magacine nocturno de RNE Gente despierta.[6] No verán de 2023 copresentará Dúos increíbles con Xavi Martínez en TVE1.[7]

Ligada á Barrela e Chantada, onde exerceu o seu avó o garda Varela e se criou seu pai Eloy Varela, o 22 de agosto de 2015 foi a pregoeira das festas de Chantada. Nun discurso reivindicativo falou do prezo xusto para o leite que producen os gandeiros da zona e pediu axudas para a rehabilitación das casas abandonadas no rural.[8]

En 2019 publicou a súa primeira novela ¿Por qué me pido un gin tonic si no me gusta?

  • ¿Por qué me pido un gin tonic si no me gusta?​ (2019). Ediciones B. 312 páxs. ISBN 978-8466665575. Unha obra para descubrir as preocupacións das mulleres de trinta nos a través do humor.[9]
  1. López, Belén (5 de maio de 2015). "Ver cantar a España en Eurovisión debería ser como ver jugar a la selección de fútbol". Diario de Pontevedra. Consultado o 27 de maio de 2017. 
  2. RTVE.es (ed.). "Julia Varela acompañará a José María Íñigo como comentarista de TVE para Eurovisión 2015". Consultado o 27 de maio de 2017. 
  3. RTVE..es (ed.). "José María Iñigo y Julia Varela repiten como comentaristas de Eurovisión 2016 para TVE". Consultado o 27 de maio de 2017. 
  4. "Tony Aguilar comentará junto a Julia Varela Eurovisión 2018" (en Spanish). RTVE. 14 March 2018. 
  5. "Presentación de la temporada 2020-21 de RNE 4". www.rtve.es. Consultado o 2020-11-26. 
  6. "Gente despierta - El prograna nocturno de RNE en RTVE Play". RTVE.es (en castelán). 2023-07-17. Consultado o 2023-07-19. 
  7. RTVE, PRENSA (2023-06-24). "'Dúos Increíbles' regresará con Julia Varela y Xavi Martínez". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2023-07-19. 
  8. Biempica, María (2023-03-23). "Julia Varela". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-07-19. 
  9. "Hoy empieza todo 2: Julia Varela: ¿Por qué me pido un gin tonic si no me gusta? RTVE Play". RTVE.es (en castelán). 2019-04-29. Consultado o 2023-07-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]