Saltar ao contido

Jaime Terceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJaime Terceiro
Biografía
Nacemento(es) Jaime Terceiro Lomba Editar o valor en Wikidata
30 de abril de 1946 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Premio Rei Juan Carlos I de Economía
2012 
 Pedro SchwartzAgustín Maravall (en) Traducir 
Académico da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas
12 de novembro de 1996 
 sen valor
Presidente Caja Madrid
22 de xaneiro de 1988 – 10 de setembro de 1996
 valor descoñecido – Miguel Blesa de la Parra  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, banqueiro, economista, xurista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsJosé Buenaventura Terceiro Lomba Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1176529

Jaime Terceiro Lomba, nado en Pontevedra o 30 de abril de 1946, é un economista galego catedrático de universidade, expresidente de Caja Madrid e exdirector xeral do Banco Hipotecario de España e académico da Real Academia de Ciencia Morais e Políticas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou a secundaria no Instituto de Pontevedra.[1] Doutorouse en enxeñaría aeronáutica con premio extraordinario e licenciado en Ciencias Económicas con premio extraordinario. En 1974 diplomouse en enxeñería na Messerschmitt-Bölkow-Blohm (MBB). En 1978 foi profesor agregado e en 1980 catedrático de Econometría e métodos estatísticos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Complutense de Madrid. De 1980 a 1981 foi vicerreitor Primeiro da Universidade Complutense.[2]

De 1981 a 1983 foi director xeral de Expansión e Director Xeral de Planificación e Investimentos do Banco Hipotecario de España. De 1988 a 1996 foi presidente executivo de Caja Madrid[3] e impulsou a súa expansión estatal. En 1995 foi nomeado académico de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.[4] Saíu da dirección de Caja Madrid por presións políticas do Partido Popular[5] e o seu lugar foi ocupado por Mercedes de la Merced.[6] En 2015 entrou a formar parte do consello de administración de AENA.[7]

Distincións

[editar | editar a fonte]

Recibiu o premio Rei Juan Carlos I de Economía en 2012 polo seu labor precursor en detectar os problemas das caixas de aforro.[8]

  • Economía del cambio climático. ISBN 9788430607563 EAN:9788430607563.[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É irmán do tamén economista José B. Terceiro.

  1. "Historia_SC: Alumnado ilustre". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-02-04.
  2. "Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". www.racmyp.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-04.
  3. País, Ediciones El (1988-01-22). "El consejo de Cajamadrid nombra presidente a Jaime Terceiro Lomba". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04.
  4. País, Ediciones El (1996-11-13). "Jaime Terceiro entra en la Academia de Ciencias Morales y Políticas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04.
  5. País, Ediciones El (1996-09-05). "El PP logra los apoyos para relevar a Terceiro en Caja Madrid". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04.
  6. País, Ediciones El (1997-07-01). "Mercedes de la Merced sustituye a Terceiro en el Consejo de Caja Madrid". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04.
  7. País, El (2015-04-28). "José Luis Bonet y Terceiro se unen al consejo de administración de AENA". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04.
  8. Noceda, Miguel Ángel (2012-09-25). "Jaime Terceiro Lomba recibe el premio rey Juan Carlos de Economía". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04.
  9. "Economía del cambio climático de Jaime Terceiro Lomba". www.revistadelibros.com (en castelán). Consultado o 2019-02-04.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]