Luciano Varela Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luciano Varela Castro, nado en Pontevedra en 1948 é un xuíz galego, maxistrado do Tribunal Supremo de España desde 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luciano Varela foi maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra durante 23 anos, antes de acceder en 2007 ou Tribunal Supremo. Foi fundador da asociación Jueces para la Democracia e profesor de Dereito na USC. Creou a revista Xurídica Galega, e preparou, xunto a outros xuíces, a moitos alumnos de xudicatura, dos que 40 son agora xuíces e fiscais –entre eles dous dos seus fillos. Tamén foi autor do borrador da Lei do Tribunal do xurado popular, que tralo procedemento parlamentario procedente, foi publicada no BOE co nome oficial de Ley Orgánica 5/1995, de 22 de mayo, del Tribunal del Jurado[1].

Desde outubro de 2007 forma parte da Sala do Penal do Tribunal Supremo. Entre as súas actuacións, en abril de 2009, no caso do xuíz Francisco Javier de Urquía, entendeu que non había delito de prevaricación pero si de suborno, polo que o condenou a 21 meses de suspensión do cargo e a unha multa de 73.800 €, a mínima que contempla a lei.

Resolución xudicial contra Baltasar Garzón[editar | editar a fonte]

En 2009 foi instrutor do caso Garzón, onde este xuíz da Audiencia Nacional foi imputado por un delito de prevaricación na causa sobre os crimes do franquismo, tras unha querela do sindicato de funcionarios Manos Limpias, que o acusaba de ditar resolucións inxustas á mantenta[2].

Nun primeiro auto, do 3 de febreiro de 2010, Varela considerou que Baltasar Garzón prevaricou ao abrir a primeira causa penal contra os crimes do franquismo. No mesmo auto, o instrutor entende que debe ser a Sala en pleno a que estime a transformación do procedemento, imprescindible para sentar no banco da acusación a Garzón. Distintos medios de comunicación consideran que o xuíz Varela mantiña un enfrontamento con Garzón dende había anos[3] e a portavoz de Jueces para la Democracia, Victoria Rosell, considerou que a acción de Varela contra Garzón era a de "criminalizar o debate xurídico"[4]. A Sala do Penal está composta por un presidente, Juan Saavedra, e os maxistrados Francisco Monterde, Juan Ramón Berdugo, Joaquín Giménez e Adolfo Prego de Oliver. Este último foi relator do auto de admisión a trámite e as acusacións intentaron apartalo do caso, tras saber que asinara un manifesto contra a Lei de Memoria Histórica que responsabiliza os partidos de esquerda da Guerra Civil española[5] e que é membro do padroádego de honra da Fundación para la Defensa de la Nación Española (DENAES)[6].

O 7 de abril de 2010, conforme á Lei de Axuizamento Criminal española, o maxistrado do Supremo decidiu transformar nun procedemento abreviado as dilixencias abertas ao xuíz Baltasar Garzón por un delito de prevaricación que cometería ao iniciar, sen competencia legal, unha causa polas desaparicións do franquismo[7].

Obra[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado coa concelleira pontevedresa Margarita Castejón, coa que ten catro fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]