Manuel Luis Casalderrey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Luis Casalderrey
Manuel Luís Casalderrey.jpg
Nacemento12 de marzo de 1941
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónquímico e catedrático de ensino secundario
editar datos en Wikidata ]

Manuel Luis Casalderrey García nado na Coruña o 12 de marzo de 1941, é un químico galego. En 1966 licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorándos vinte anos despois. Foi catedrático de Física e Química no IES Sánchez Cantón de Pontevedra até a súa xubilación.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia en Maside, Ourense, logo estudou o bacharelato no IES Otero Pedraio en Ourense e finalmente rematou os seus estudos en Ciencicas Químicas na Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese de doutoramento Interpretación teórica del espectro electrónico de la benzofenona foi dirixida polo profesor Miguel Ángel Ríos Fernández e presentada en 1986.[2]

No plano docente traballou en diferentes lugares e áreas: entre 1966 e 1968 foi profesor no Instituto Ibáñez Martín de Teruel. De 1968 a 1971 foi profesor agregado de Física e Química no IES Agra do Orzán da Coruña. No curso seguinte traballou no Instituto Virgen de la Luz de Avilés. En 1973 pasu ao Instituto Mixto de Carballo, e en 1975 estableceuse no Instituto Sanchez Cantón de Pontevedra ata a súa xubilación en 2011.[3] Amais, foi director adxunto do Instituto de Ciencias da Educación da USC.[1]

Impartiu cursos dirixidos á formación e perfeccionamiento de profesores e ten realizado investigacións no campo da didáctica de Física e Química e da educación do consumidor.[4]

Desde 1989 é un columnista con artigos de alto interese científico e divulgativo no xornal La Voz de Galicia.[5]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Física básica: ideas y orientaciones para el profesor del ciclo superior de la E.G.B (1982). Instituto de Ciencias de la Educación, Universidade de Santiago de Compostela. 236 páxs. ISBN 8460026434.
  • Iniciación a la Química básica elemental: ideas y orientaciones para el profesor (1983). 132 páxs.[6]
  • Aproximación a la integración ciencia-tecnología (1986). Ministerio de Educación y Ciencia. 175 páxs. ISBN 843691273X.
  • Interpretación teórica del espectro electrónico de la benzofenona: memoria (1986). Ed. autor. 292 páxs. ISBN 8439864302.
  • Ciencia, consumo y otras cosas (1993). Ed. do Castro. 281 páxs. ISBN 8474926610.
  • Láser, emisores de luz especial (1995). Ed. Celeste. 197 páxs. ISBN 8482110128.
  • Rincón abierto (2005). La Voz de Galicia. 237 páxs. ISBN 849757222X.
  • Emisión estimulada: artículos publicados en La Voz de Galicia 1989-1996 (2007). Vol I. Deputación Provincial de Ourense. 636 páxs. ISBN 978-84-96503-51-9.[7]
  • Emisión estimulada: artículos publicados en La Voz de Galicia 1997-2007 (2008). Vol II. Deputación Provincial de Ourense. 605 páxs. ISBN 978-84-96503-75-5.

Obra colectiva[editar | editar a fonte]

  • "Proyecto PEAC-I (Proyecto experimental área de Ciencias Naturales)" (1980). María Luisa Fernández Castañón, J. L. Alvarez López, M. L. Casalderrey García, J. A. España Talón, José Lillo Beviá, T. Viel Ramírez. La investigación pedagógica y la formación de profesores, Vol. 2. ISBN 84-300-4111-7. Páxs. 234-235.[8]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1984: Premio Nacional á Investigación e Innovación Educativa do Ministerio de Educación e Ciencia.[4]
  • 1991: Premio de defensa do consumidor polas publicacións no xornal La Voz de Galicia.
  • 1992: Premio Francisco Giner de los Ríos.
  • 1992: Premio de Investigación da Xunta de Galicia ao mellor artigo de divulgación sobre investigación.
  • 1993: Premio Casa das Ciencias de Divulgación Científica polo traballo "Láseres, emisores de luz especial".
  • 1997: Premio Innovación Educativa da Xunta de Galicia no apartado Educación para o Consumo.
  • 2001: Accésit ao Premio Alimentos de España na modalidade de Medios de Comunicación pola serie de artigos "Alimentos con Etiqueta" publicados en La Voz de Galicia.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Manuel Luis Casalderrey García. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-02-01. 
  2. Garcia, Manuel Luis Casalderrey (1986). "Interpretación teórica del espectro electrónico de la benzofenona" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  3. "XesdoCenfam: Espazo para o profesorado que estivo no IES Sánchez Cantón". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-02-01. 
  4. 4,0 4,1 "Wayback Machine" (PDF). web.archive.org (en castelán). 2012-06-21. Consultado o 2019-02-01. 
  5. "La Voz de Galicia. Firmas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-02-01. 
  6. "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España". catalogo.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-02-01. 
  7. "Libro de Manuel Luis Casalderrey". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-05-23. Consultado o 2019-02-01. 
  8. "M. L. Casalderrey García". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-02-01. 
  9. "Historial galarnodados PAE" (PDF). www.alimentación.es. Consultado o 01/02/2019. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]