Alexander Vórtice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexander Vórtice

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1979 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónIES Sánchez Cantón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticopoesía, narrativa
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús Rodríguez Rodríguez, máis coñecido polo pseudónimo de Alexander Vórtice, nado en Pontevedra o 18 de xaneiro de 1979, é un escritor galego[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alexander Vórtice con Ruth Oliveira e Baia Fernández.

Como columnista ten colaborado en Diario de Pontevedra, Pontevedra Viva e en diversos blogs literarios tanto en España como en Suramérica.

Comezou a escribir cando estudaba no IES Sánchez Cantón e conseguiu varios premios literarios en categorías xuvenís: Premio accésit no centenario do IES Otero Pedrayo en 1997 e o accésit de relato curto en galego do concurso Ben Veñas, Maio[2]. Tamén recibiu o Primeiro Premio á Mellor Publicación do 2008 da Asociación Española de Editoriales de Publicaciones Periódicas, por Material de Soños [3].

En lingua castelá é autor de Destilería ocaso (2004), Neurosis tremens (2005), Dios y otros superhéroes (2013) e Crónica de un hombre bueno (2016). En 2017 saíu o libro de poemas Vegetaciones carnívoras[4].

En galego publicou en 2008 Material de soños e en 2015 Atrofiadas as estrelas, 40 poemas nos que se plasman temas como a noite cáustica, o erotismo, o paso do tempo, o influxo da sociedade ou da compañía xunto o ser amado. Antón Sobral é o autor das ilustracións[5]. En 2018 viron a luz os poemas de Tempa maltreita "Versos de lata estriada, poemas mesturados cos escombros propios e alleos... e sentimentos que permanecen malia o leve que é a vida e os grolos de cervexa negra". [6]

Obras[editar | editar a fonte]

En lingua galega[editar | editar a fonte]

En lingua castelá[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista a Jesús R. Rodríguez, Alexander Vórtice". Consultado o 31/01/2018. 
  2. "Alexander Vórtice". Consultado o 31/01/2018. 
  3. "Entrevistas con agallas, Alexander Vórtice". Consultado o 31/01/2018. 
  4. Lozano Fuego, Marisa. "Vegetaciones carnívoras, de Alexander Vórtice". pontevedraviva.com. Consultado o 19/09/2018. 
  5. "Editorial Discursiva, Atrofiadas as estrelas". Arquivado dende o orixinal o 01/02/2018. Consultado o 31/01/2018. 
  6. Vórtice, Alexander (2018). Tempa Maltreira. Discursiva. ISBN 978-84-947663-5-0. 
  7. "Alexander Vórtice presenta a súa nova obra, o poemario 'Diagnóstico Interior'". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-12-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]