Diego Moldes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diego Moldes
Diego Moldes 15.03.2012.JPG
Nacemento27 de xaneiro de 1977
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidade de Vigo
Ocupacióncrítico literario e guionista
PaiFrancisco Moldes Fontán
editar datos en Wikidata ]
Roman Polanski e Diego Moldes en Madrid.

Diego Moldes, nado en Pontevedra o 27 de xaneiro de 1977,[1] é un xornalista e escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É autor de diversos libros, de narrativa e ensaio, fundamentalmente de cinema: La huella de Vértigo (2004)[2], ensaio sobre a influencia do filme de Alfred Hitchcock; Roman Polanski. La fantasía del atormentado (2005)[3]; primeiro libro sobre o cineasta Roman Polanski escrito en castelán; ou El cine europeo. Las grandes películas (2008), entre outros. Tamén é coautor de máis dunha ducia de libros colectivos. En 2009 publicou dous libros de baloncesto do Real Madrid.

Foi guionista en galego, redactor e presentador da Televisión de Galicia.

Escribiu o guión en galego Néboa (premiado pola Xunta de Galicia, os dereitos foron vendidos ó cineasta vigués Juan Pinzás), ademais de diversos relatos e artigos. Foi colaborador do programa Pantalla Panorámica, de Radio Círculo do Círculo de Bellas Artes de Madrid (2004-2005) do programa televisivo Tiempo de Tertulia, diversas publicacións en prensa tradicional e dixital, así como Filmoteca Española e Casa Sefarad-Israel, entre outras institucións.

Estudou secundaria no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. É Doutor en Ciencias da Información (Comunicación Audiovisual) pola Universidad Complutense, Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas (Universidade de Vigo) e Master on Publishing (Máster en Edición) pola Oxford Brookes University. En 2010, dirixido por José Luis Sánchez Noriega, finalizou un doutoramento en Historia do Cine: La imaginación simbólica en la obra cinematográfica de Alejandro Jodorowsky, tese doutoral sobresaínte cum laude por unanimidade, nun tribunal presidido por Darío Villanueva.

Dende 2004 vive en Madrid, onde traballa como executivo de mercadotecnia[4], en áreas de cultura e cine.

Os seus últimos libros publicados son un monográfico sobre o cinema de Alejandro Jodorowsky, a novela Ensoñación,o libro de narrativa, poesía e ensaio Venuspasión e o poemario Ni un día sin poesía.[5]

Diego Moldes é fillo de Francisco Moldes Fontán, neto de José Moldes Castro e bisneto de Ángel Moldes Barreiro.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Diego Moldes con Alejandro Jodorowsky.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Capítulos en libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Todos los estrenos (anuario, 6 volumes, 2003-2008, Ediciones JC, Madrid). 43 capítulos: Todos los estrenos de 2003 (ISBN 84-95121-25-7) [4 críticas] / Todos los estrenos de 2004 (ISBN 84-95121-27-1) [5 críticas] / Todos los estrenos de 2005 (ISBN 84-95121-35-6) [11 críticas] / Todos los estrenos de 2006 (ISBN 84-95121-41-7) [11 críticas] / Todos los estrenos de 2007 (ISBN 84-95121-44-8) [7 críticas] / Todos los estrenos de 2008 (ISBN 84-95121-50-6) [5 críticas].
  • Miradas para el nuevo milenio. Fragmentos para una historia futura del cine español (2006), Festival de Cine de Alcalá de Henares / Fundación Colegio del Rey, coordinado por Hilario J. Rodríguez. ISBN 84-87153-8-77.
  • El universo de Alfred Hitchcock (2006), Notorious Ediciones, Madrid, coordinado por Guillermo Balmori. Capítulo de Pánico en la escena. ISBN 978-84-934701-4-2.
  • El universo de Woody Allen (2008), Notorious Ediciones, Madrid, coordinado por Guillermo Balmori e Hilario J. Rodríguez. Capítulos: Historias de Nueva York, (Edipo Reprimido), Interiores, La tapadera (The front), La rosa púrpura del Cairo e Sueños de seductor. ISBN 84-936000-7-5.
  • El universo de Clint Eastwood (2009), Notorious Ediciones, Madrid, coordinado por Guillermo Balmori. Capítulos: Duro de pelar, El bueno, el feo y el malo, El cadillac rosa, El jinete pálido, El seductor e Mystic River. ISBN 84-93714-8-40.
  • Leyendas extranjeras de la ACB (2009), JC, Madrid, libro colectivo coordinado por Juan Francisco Escudero, capítulos Dejan Bodiroga e Drazen Petrovic. ISBN 978-84-89564-58-9.
  • Historia del Cine en películas, 1970-1979 (2012), Mensajero, Bilbao, edición de José Luis Sánchez Noriega. Textos: 13 entradas. ISBN 978-84-271-3294-8).[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía". diegomolde.com. Consultado o 19/12/2018. 
  2. La Huella del Vértigo, reseña de José Miguel Viña Hernández en "El espectador imaginario"
  3. "Una personalidad atormentada". La Voz de Galicia. Consultado o 19/12/2018. 
  4. "La Fiesta del Cine: un revulsivo contra el aburrimiento. 12/09/2011". academiadecine.com. Consultado o 19/12/2018. 
  5. "Presentación: "Ensoñación" de Diego Moldes". El Corte Inglés (en castelán). 24 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 29 de abril de 2012. 
  6. Vídeo entrevista con Diego Moldes, autor de "Ensoñación" (You Tube). 
  7. "Diego Moldes analiza la estela de «Vértigo» en el cine. 22/10/2004". La Voz de Galicia. Consultado o 19/12/2018. 
  8. "La huella de Vértigo.Diego Moldes. 2004". elcultural.com. Arquivado dende o orixinal o 19/12/2018. Consultado o 19/12/2018. 
  9. "Pepe le Moko. Diego Moldes. Agosto 2009". miradas.net. Consultado o 19/12/2018. 
  10. "EL MANUSCRITO ENCONTRADO EN ZARAGOZA. Decembro 2010". Miradas de cine, 105. Consultado o 18/12/2018. 
  11. Antón, Castro. "El laberinto fantástico de Jan Potocki. 22/11/2009". heraldo.es. Consultado o 19/12/2018. 
  12. "Jodorowsky nunca descansa. Un libro recorre la carrera cinematográfica de este creador abierto a cualquier arte, y que ha vuelto a ponerse tras las cámaras con su la versión fílmica de sus memorias. 12/10/2012". elpais.com. Consultado o 19/12/2018. 
  13. "Alejandro Jodorowsky". ciparaleer.com. Consultado o 19/12/2018. 
  14. "Ficha na editorial". Mensajero. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]