Adela Figueroa
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
| Adela Figueroa | |
|---|---|
| Nome completo | Adela Figueroa Panisse |
| Nacemento | 6 de decembro de 1948 |
| Lugo | |
| Nacionalidade | España |
| Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
| Ocupación | poeta, escritora, bióloga, activista e profesor de secundaria |
| Fillos | tres |
| Xéneros | Poesía, narrativa e ensaio |
| Estudos | Ciencias Biolóxicas |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Adela Clorinda Figueroa Panisse, nada en Lugo o 6 de decembro de 1948, é unha bióloga, activista e escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1971. Catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti de Lugo desde 1996. Participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, foi tamén voceira de Nunca Máis en Lugo. Foi presidenta de ADEGA, das Amizades da Eira da Xoana e da Fundación Eira (Ramil, Agolada).
Participante nas reunións do Primeiro Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa en Río de Xaneiro de 1986. Vocal da Agrupación Cultural O Galo durante os anos de estudante en Compostela (1966-1970). Ten colaborado en diferentes revistas como Cerna ENCIGA ou, Agália, Portal Galego da Língua e en xornais como El Progreso, La Voz de Galicia, Xornal.com, Vieiros e A Nosa Terra. "Praza Pública". "Sermos Galiza".
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Vento de amor ao mar, 2003, Ediciós do Castro.
- Xanela aberta, 2009, Ediciós do Castro.
- Memória de pés sem sombra, 2017, Fundación Eira.
- Obras colectivas de poesía
- Xistral (desde 2004)
- Poesias Escolhidas. Vozes De Um Alma (vol I) e O Melhor de Mim (vol. 2) (2014)
- Abraço Poetico, Cabo Verde-Galiza, 2015
- Sementes da Lingua, Angola-Galiza, 2016
- Literarte, Lugo, 2015
- Mesturas, Lugo 2015
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Madeira de mulher, 2011, Ediciós do Castro.
- Atlantidae: Mulher D'Água, Relatos e poesía. 2017. Fundación Eira
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Loita contra o lume, Xunta de Galicia.
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- O Rei da Floresta, 2011.Disco ( 2012). e Músicas de Xaquin Facal
- O mistério da escada interior, Teatro Infanto-Juvenil. 2012, Ediciós do Castro.
- Cloe a Amiguinha das Flores. Conto Cantado. Texto da autora. Música de Xaquin Facal. Edición dos autores. 2017
Premio de teatro Infantil "O Facho" 2018 com a obra Pingas (o ciclo da áuga para crianzas).
Outras obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Comentários ao novo acordo ortográfico, 1986, Irmandades da Fala de Galiza e Portugal.
- Carvalho Calero 1910-2010: imaxe de cen anos, 2010, Concello de Ferrol.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[1]
- Homenaxe a Manuel María. 2017. Deputación de Lugo
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Figueroa Panisse, Adela". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 101.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 220. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 577. ISBN 84-7492-465-0.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Adela Figueroa na Biblioteca Virtual Galega.
- Adela Clorinda Figueroa Panisse en galegos.galiciadigital.com