María Luaces Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Luaces Méndez
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Pensilvania
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncardióloga , profesor de educación superior Editar o valor em Wikidata

María Luaces Méndez, nada en Ferrol en 1975, é unha cardióloga galega residente en Madrid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou secundaria no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (Premio extraordinario), doutorouse na Universidade Complutense de Madrid, especializouse en cardioloxía na Universidade de Pensilvania no campo de imaxe cardíaca avanzada: TAC cardíaco e Resonancia Magnética Cardíaca.[1][2] Factores determinantes e implicaciones pronósticas del tamaño de la vegetación en el primer ecocardiograma transesofágico en la endocarditis infecciosa é a súa tese de doutoramento (2010, Madrid, ISBN 978-84-693-1125-7).[3]

Foi profesora asociada de Patoloxía Xeral nos Graos de Medicina, Enfermería e Fisioterapia na Universidade Rei Xoán Carlos e desde 2016 na Universidade Complutense de Madrid. Integrada no Grupo de investigación: Mecanismos moleculares e celulares das alteracións metabólicas asociadas á obesidade.[4]

Foi cardióloga no Complexo Hospitalario de Pontevedra, no Hospital Universitario de Fuenlabrada e desde 2012 está no Hospital Clínico Universitario San Carlos de Madrid.[5] Co-Directora da Unidade de Innovación do Hospital San Carlos na que promove e acompaña nas accións innovadoras a nivel nacional e internacional con diferentes proxectos de transformación dixital.[6] Colabora activamente co Massachusetts Institute of Technology (MIT) no desenvolvemento de novas aplicacións de biotecnoloxía.[7]

É autora de múltiples publicacións sobre cardioloxía en revistas especializadas.[8][9]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns exteriores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Luaces Méndez". linkedin. Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  2. "Cardiovascular". IdISSC (en castelán). Consultado o 2022-10-07. 
  3. "Factores determinantes...". researchgate.net. Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  4. "MARIA LUACES MENDEZ - Universidad Complutense de Madrid". produccioncientifica.ucm.es. Consultado o 2022-10-07. 
  5. "Cardiología". Hospital Clínico San Carlos (en castelán). 2018-05-28. Consultado o 2022-10-07. 
  6. EVENTS, SYMPOSIUM. "Modelos de colaboración interdisciplinar entre ingenieros y profesionales de la salud.". Universidad Politécnica de Madrid (en castelán). Consultado o 2022-10-07. 
  7. "Especialidades – Centro Médico Zuber" (en castelán). Consultado o 2022-10-07. 
  8. "María Luaces Méndez". www.researchgate.net. Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  9. "María Luaces Méndez". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-10-07.