Carlos Álvarez Taboada
(2018) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de outubro de 1979 Pontevedra, España |
| Morte | 13 de agosto de 2025 Pontevedra, España |
| Educación | IES Sánchez Cantón |
| Actividade | |
| Ocupación | ilustrador, escritor |
Carlos Álvarez Taboada, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1979 e finado na mesma cidade o 13 de agosto de 2025,[1] [2] foi un activista cultural, ilustrador e escritor galego.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Foi xogador de balonmán nas categoría inferiores do Teucro, defendeu con Enrique Mauricio a portería do club Artai. Estudou a secundaria no IES Sánchez Cantón e logo Publicidade.
Ten colaborado en diversas publicacións, como por exemplo no fanzine catalán Despacio ou na campaña "Mans Limpas" promovida polo SERGAS en 2007.
É autor, conxuntamente con Enrique Mauricio Iglesias, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008. Tamén colaboraron en "Queres un conto" do Xabarín Club da TVG e en 2016 foron convidados á Feira do Libro de Bos Aires como embaixadores do Salón do Libro de Pontevedra. Asinaron murais no espazo público, boa parte deles en colexios de Pontevedra. Da súa autoría son o dedicado á e scritora María Victoria Moreno e o dedicado ás mulleres de Pontevedra.[4]
En 2018 publicou en solitario A biblioteca de Pedrarcana, obra finalista no Premio Merlín:
Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana."A biblioteca de Pedrarcana" é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade[5].
Pasamento
[editar | editar a fonte]Finou de morte repentina o 13 de agosto de 2025 con 45 anos. Xente do mundo da cultura, da política, do activismo social e do deporte ateigou o tanatorio de San Mauro no acto civil que se celebrou polo seu pasamento. Falaron a muller, a irmá, curmáns e amigos nun acto conducido por Enrique Mauricio e no que se cantaron na súa honra "Grandola", "Non canta na cha ninguén" etc.[6]
O alcalde Pontevedra, os líderes da oposición, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), o Salón do Libro, o Festival de Cans, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, Xerais, o Xabarín, Sete falares, o Museo de Pontevedra e a Consellería de Cultura mostraron o seu pesar polo falecemento.[7]
Obras
[editar | editar a fonte]- A biblioteca de Pedrarcana (2018). Edicións Xerais, 216 p., ISBN 978-84-9121-370-3.
- O caderno de Roque (2025). Vigo: Xerais, Merlín. 160 páxs. ISBN 978-84-1110-620-7. ePub: ISBN 978-84-1110-625-2. Finalista do XXXIX Premio Merlín 2024.[8] Ilustracións do autor.[9]
Con Enrique Mauricio
[editar | editar a fonte]- Hugo, o carteiro teixugo (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-912-0.
- Mariquiña, a carteira andoriña (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-911-3.
- Martiño, o carteiro porquiño (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7.
- Carola, a carteira centola (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-065-0.
- Violeta, a carteira bolboreta (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7.
- Xelo, o carteiro xurelo (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7.
- Amaranta, a carteira Saramaganta (2011). Edicións Xerais. 32. p. ISBN 978-84-9914-193-0.
- O esquío rampante (2015). Edicións do Cumio. 76 p. ISBN 978-84-8289-493-5.
- Un ronsel de Ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño (2016). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-0-0.
- Periplo Atlántico. Unha versión moi libre de “O negriño Panchito” de Alfonso R. Castelao (2016). Lela Edicións. 56 páxs. ISBN 978-84-946043-1-7.
- Meiga nova, metade anxo, metade marisco. Pequena biografía de Maruja Mallo (2017). Lela Edicións, 32 páxs. ISBN 978-84-946043-2-4.
- Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero (2017). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-4-8.
- A detective Peregrina e o misterio do Torque (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-5-5.
- A detective Peregrina e o insólito "caso Antón Fraguas" (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-8494604362.
- Seoane. O creador na súa tinta. Primeira parte (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-7-9.
- De cando Antonio Fraguas foi alumno de Castelao (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-9-3.
- Ricardo Carvalho Calero (2019). Lela Edicións. Ilustracións de Miguel Pérez Ramudo. ISBN 978-84-121263-0-3.
- Unha casiña branca na Mariña. Pequena biografía de Filomena Dato (2020). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-3-4.
- Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-5-8.
- De Valdeorras a México. Terra a nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán (2021). Lela Edicións. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-6-5.[10]
- A cabalo dunha pomba. Pequena biografía de Manuel Lueiro Rey (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-121263-4-1.
- Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-5-8.
- De Valdeorras a México. Terra a nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán (2021). Lela Edicións. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-6-5.[11]
- A cabalo dunha pomba. Pequena biografía de Manuel Lueiro Rey (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-121263-4-1.
- Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego (2022). Ilustracións de Tania Solla. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-9-6.
- Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta (2023). Lela Edicións. 31 páxs. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-12623505.
- Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira (2023). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla.[12]
- O poeta da terra. Pequena Biografía de Enrique Labarta Posse (2024). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 9788412623512.
- Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas (2025). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-126235-2-9.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Belén López (13 de agosto de 2025). "Falece aos 45 anos o escritor, ilustrador e editor pontevedrés Carlos Taboada". Diario de Pontevedra.
- ↑ "Fallece Carlos Taboada, uno de los fundadores de «Polo correo do vento»". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-08-13. Consultado o 2025-08-16.
- ↑ Diario, Nós (2025-08-13). "Falece o escritor, ilustrador e editor Carlos Taboada". Nós Diario. Consultado o 2025-08-16.
- ↑ López, Belén (2025-08-13). "Falece aos 45 anos o escritor, ilustrador e editor pontevedrés Carlos Taboada". Diario de Pontevedra. Consultado o 2025-08-16.
- ↑ "Ficha de libro". xerais.es. Consultado o 27/04/2018.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2025-08-14). "A despedida a Carlos Taboada en Pontevedra convértese nunha homenaxe colectiva ao autor". Diario de Pontevedra. Consultado o 2025-08-16.
- ↑ Puga, Natalia (2025-08-14). "Loito na cultura galega por Carlos Taboada: "Nada parecía imposible coas súas indicacións"". Pontevedra viva. Consultado o 2025-08-16.
- ↑ "O caderno de Roque - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2025-01-13.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2025-03-13). "Carlos Taboada escríbelle un caderno a Roque". Diario de Pontevedra. Consultado o 2025-08-16.
- ↑ Nicolás, Ramón (2021-12-23). "De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán, de Polo Correo do Vento". Caderno da crítica. Consultado o 2021-12-23.
- ↑ Nicolás, Ramón (2021-12-23). "De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán, de Polo Correo do Vento". Caderno da crítica. Consultado o 2021-12-23.
- ↑ "Así é "Campioa", o libro sobre Tere Abelleira ilustrado por Tania Solla e creado por Polo Correo do Vento". Pontevedra Viva. 2023-12-29. Consultado o 2023-12-29.