Teresa Cuíñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeresa Cuíñas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónIES Sánchez Cantón
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata

María Teresa Cuíñas Lavandeira, nada en Pontevedra o 5 de novembro de 1976, é unha xornalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou COU no IES Sánchez Cantón e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, na que tamén se licenciou en Xornalismo.

Foi redactora en RNE (2004-2006), TVE (Desde Galicia para el mundo) e CNN+. Colaborou en El País[1] (2007-2014) sobre temas de cultura[2], en Rockdelux (desde 2015)[3] como crítica musical e en Atlas Galicia, e na revista Dorna.[4] É redactora da TVG desde 2006.[5]

Colaborou no Culturgal[6], no Foro Galicia Creativa[7] e foi xurado dos Premios Martín Códax[8] e do Festival de Cans.[9]

Participou no vídeo Caminos de Santiago: los caminos de la concordia / Camiños de santiago: os camiños da concordia (2005),[10] nos textos de O mar. IX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, xaneiro-febreiro 2008[11] e Amor. X Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, febreiro-marzo 2009.[10]

Publicou “m-Talá, Chus Pato” no Anuario de Estudios Literarios Galegos: 2000, 334-336. (2001).[12]

Escribiu con Iria Sobrino Freire o prólogo de Narradoras (25 autoras galegas), Vigo: Xerais, 2000.

Con Anxo González Guerra na Libraría Paz de Pontevedra en novembro de 2021

En 2021 foi comisaria con Pepe Cunha de CantáMOLA en galego, A canción en galego no século XXI, un percorrido polos últimos 20 anos de historia da música galega.[13]

Escribiu o prologo de Xela Arias Cancións (2021) con Desertores, Xerais. ISBN 978-84-1110-038-0.[14]

Presentando Pecados veniais de Nazaret López na Libraría Paz de Pontevedra

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PAÍS, Ediciones EL. "Artículos escritos por Teresa Cuíñas Lavandeira". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2021-01-19. 
  2. "Os días dunha axitada Movida. Reportaxe de Teresa Cuíñas a partir dos libros «Vigo. A explosión dos ’80» e «Vigo a 80 revolucións por minuto» Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-19. 
  3. "Telexornal Serán CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-01-19. 
  4. "Dorna, Expresión Poética Galega, núm. 26 - Dorna - USC". www.usc.gal. Consultado o 2021-01-19. 
  5. "Listaxes de contratación" (PDF). www.crtvg.es. 
  6. "Teresa Cuíñas Axenda cultural AELG". Consultado o 2021-01-19. 
  7. "Vigo acoge el Foro Galicia Creativa sobre la música actual gallega". www.sgae.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-19. 
  8. "Gala de entrega dos Premios Martín Códax 2017 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-01-19. 
  9. Porriño (2016-05-21). "El videoclip del grupo Herdeiros da Crus gana el concurso del Festival de Cans". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-19. 
  10. 10,0 10,1 "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2021-01-19. 
  11. Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra; Cuiñas Lavandeira, Teresa; Lourenzo González, M, eds. (2008). O mar. Pontevedra: Concello de Pontevedra e Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte. OCLC 433937478. 
  12. "m-Talá, Chus Pato Teresa Cuíñas Lavandeira" (PDF). www.poesiagalega.org. 
  13. "CantáMola en galego: unha exposición para un fervedoiro de músicas actuais". Praza Pública. 2021-05-14. Consultado o 2021-11-08. 
  14. Cancións na páxina web da editorial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]