Manuel Moldes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Moldes
O pintor galego Manolo Moldes
AlcumeManolo Moldes
Nacemento12 de novembro de 1949
 Pontevedra
Falecemento3 de decembro de 2017
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Educado enETS de Madrid
Universidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpintor
CónxuxeCarmen Díaz Cacheda (May).
Fillosdous
Xénerossurrealismo, cubismo, maxicismo
OrganizaciónGrupo Atlántica
editar datos en Wikidata ]

Manuel Rodríguez Moldes (Manolo Moldes), nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1949, e finado na mesma cidade o 3 de decembro de 2017[1], foi un pintor e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi unha referencia inescusable e das máis solitarias. A súa obra comezou na década de 1970, en Madrid, participando na renovación impulsada dende Galicia. Nos anos oitenta as súas obras mostraban unha práctica desgarradora e visións atormentadas que xiran ó redor dunha estabilidade onde se percebe as influencias de Pablo Picasso e Ingres.

Na segunda metade da década de 1980 propuxo unha ollada densa e ordenadora do ámbito galego, da súa paisaxe, arquitectura, xentes, materias... en cadros cada vez máis físicos.

En 1995 pasou a ser mestre de debuxo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. En 2005 ingresou como membro numerario na Real Academia Galega de Belas Artes.[2]

Teñen obra súa, entre outras institucións, o Centro Galego de Arte Contemporánea[3], o Museo Municipal Quiñones de León[4], o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, a Colección Afundación[5] e a Fundación María José Jove.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]