Xurxo Ayán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurxo Ayán (dereita), xunto a Manuel Gago Mariño, en 2012.

Xurxo M. Ayán Vila, nado en Lugo o 5 de novembro de 1976, é un arqueólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arqueólogo e investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC de Santiago de Compostela). Desenvolve o seu traballo técnico en tres eidos fundamentais: a avaliación e corrección de impacto arqueolóxico de grandes obras públicas, a posta en valor do patrimonio e a difusión e divulgación do coñecemento arqueolóxico. A nivel de investigación básica traballa en Arqueoloxía da Arquitectura, en Arqueoloxía de Idade do ferro e en Etnoarqueoloxía.

Pola súa vez, é autor dun cento de artigos científicos en revistas e relatorios en congresos nacionais e internacionais, participando en diferentes proxectos. Colabora tamén con diversos medios, como o portal Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, o xornal Certo e Galicia Confidencial.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Casa, Familia y Comunidad en la edad del Hierro del NW, 2012, Redelibros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]