Paulo Novás
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1899 São Paulo, Brasil |
Morte | 12 de novembro de 1936 (37 anos) Pontevedra, España |
Catedrático | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Paulo Novás Souto, nado en São Paulo o 16 de abril de 1899[1] e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado no Brasil, retornou coa familia a Galicia sendo novo. Fíxose mestre polo Plano de Estudos de 1914. Foi mestre da escola mixta de Sacos, Cotobade (1925-1927), e despois en Cobres, Vilaboa. Creada en 1931 unha sección de Escola Preparatoria de Ingreso no Instituto de Pontevedra, accedeu a esta praza. Pertenceu á comisión organizadora da Casa del Maestro de Pontevedra. Militou de Acción Republicana,[2] e despois en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Porto Ucha, Anxo Serafín (2011). "Paulo Novás Souto". Hermes&Atenea I (8): 30. Consultado o 28 de agosto de 2012.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Paulo Novás na páxina web Nomes e Voces.