Imperio colonial alemán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Territorios controlados por Alemaña no mundo, contra 1914.
Mapa diacrónico das colonias de Alemaña.

O Imperio colonial alemán (en alemán Deutsches Kolonialreich) é o nome que recibe o conxunto constituído por as colonias de ultramar, as dependencias e os territorios da Alemaña imperial, e os intentos de colonización de curta duración por parte de estados alemáns individuais que ocorreron nos séculos anteriores.

Segundo o artigo 1 da Constitución do Reich alemán, non formaban parte do territorio do Reich, senón que eran posesións no estranxeiro.

Cómpre non confundilos cos asentamentos que cidadáns alemáns emigrados fundaron no estranxeiro, que ás veces son denominados "colonias alemás", pero que non exercían dereitos soberáns do país de orixe.

Os esforzos coloniais importantes só comezaron en 1884 co repartimento de África. Alemaña reclamou gran parte das colonias que aínda non se reclamaran na división dese continente, e logrou construír nese momento o terceiro imperio colonial máis grande, despois do Imperio británico e o Imperio colonial francés.[1] E en termos de poboación, foi o cuarto imperio colonial, despois dos tres citados e o neerlandés.[2]

Alemaña perdeu o control das súas colonias cando comezou a Primeira Guerra Mundial en 1914 e a maioría das súas posesións foron conquistadas polos seus inemigos nas primeiras semanas da guerra. Porén, algunhas unidades militares resistiron un pouco máis: a África do Suroeste alemá rendeuse en 1915, Kamerun en 1916 e a África Oriental alemá (que compendía os actuais estados de Burundi e Ruanda, e Tanganica, a parte continental de Tanzania), só en 1918, ao final da guerra.

O imperio colonial de Alemaña foi oficialmente confiscado no Tratado de Versalles de 1919 despois da derrota de Alemaña na guerra, e as súas distintas posesións convertéronse en mandatos da Sociedade de Nacións baixo a supervisión (pero non a súa propiedade) das potencias vitoriosas: Francia, Gran Bretaña, Bélxica, Unión Surafricana, Xapón, Australia, Nova Zelandia e Portugal.

Este «modesto» imperio colonial controlaba colonias en África, Asia e Oceanía. O período de colonización alemá foi moi curto. Tanto que Kössler Reinhart, un experto en socioloxía política e en historia de África, chegou a falar dunha "amnesia colonial" na memoria colectiva alemá.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A Confederación Xermánica e a Unión Aduaneira de Alemaña[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Confederación Xermánica.
Artigo principal: Unión Alfandegueira Alemá.

Nos estados da Confederación Xermánica (fundada en 1815, tras o Congreso de Viena) e da Unión Aduaneira de Alemaña ou Zollverein (fundada en 1833), xurdiu a iniciativa por parte do sector privado de fundar colonias alemás, especialmente a partir da década de 1840.[4] Pero non houbo tal aspiración por parte do Estado. En 1839 fundouse a Sociedade Colonial de Hamburgo por parte de invesitidores privados, que quería comprar as illas Chatham ao leste de Nova Zelandia para asentar alí aos emigrantes alemáns, pero Gran Bretaña apelou a reclamacións máis antigas sobre estas illas. A cidade de Hamburgo necesitaba a protección da Mariña Real británica para comerciar por todo o mundo e, polo tanto, renunciou ao apoio político da sociedade colonial.[5] Tivo algo de éxito a Asociación para a Protección de Inmigrantes Alemáns en Texas, fundada en 1842, que quería expandir os asentamentos alemáns en Texas e establecer a colonia de "Nueva Alemania" (en alemán Neu Deutschland), pero a anexión da República de Texas polos Estados Unidos de América en 1845 fixo que esta suxestión fora anulada.

Os puntos decisivos para a falta de interese por parte do Estado alemán para a creación de colonias foi a limitación do pensamento político do momento, os problemas que tiña Alemaña en Europa e a falta dun poder naval alemán, que non podía ofrecer apoio político para a adquisición de colonias no estranxeiro.[6] Co establecemento da frota austrohúngara e a frota prusiana a partir de 1848, creáronse tales medios de poder.

Primeiros intentos de adquisicións coloniais a nivel estatal (1857-1862)[editar | editar a fonte]

En 1857, a fragata austríaca Novara saíu de Trieste para unha expedición, que incluía a exploración e ocupación das illas Nicobar no océano Índico. En 1858, a Novara perrecorreu as Nicobar, pero os austríacos non chegaron a facer unha toma de posesión efectiva.

O Thetis, un dos barcos da escuadra do Reino de Prusia.

O seguiente intento de adquirir unha colonia, estra vez por parte dos alemáns, ocorreu en 1859, cando Prusia quixo adquirir a illa chinesa de Formosa. Prusia asegurou a aprobación do emperador francés Napoleón III para a compañía, xa que Francia simultaneamente quería adquirir colonias no leste de Asia. Como Francia estaba interesada en Vietnam, pero non en Formosa, Prusia podería tomar posesión da illa. Unha escuadra prusiana, que abandonou Alemaña a finais de 1859 e debía concluír tratados comerciais en Asia para Prusia e todos os demais estados da Unión Aduaneira de Alemaña, tiña como obxectivo ocupar Formosa, pero debido ás débiles forzas da escuadra, e para non poñer en perigo un acordo comercial co Imperio chinés, non se executó a orde. Coa orde do gabinete do 6 de xaneiro de 1862, acompañando á escuadra, o embaixador Friedrich zu Eulenburg foi «eximido do cumpeimento das ordes que se lle deran para a determinación dun asentamento prusiano no territorio de ultramar». Porén, un barco da escuadra prusiana, o Thetis, encontrábase nas costas da Patagonia en Suramérica, e co liderado naval prusiano pensábase crear unha base naval na costa suramericana. A Thetis xa chegara a Buenos Aires pero, tras o esgotamento da tripulación despois de anos de viaxe ao estranxeiro, e a necesidade dunha revisión da nave mesma, o seu comandante ordeou o regreso a casa.[7]

O rexeitamento de Bismarck á adquisición de colonias (1862-1879)[editar | editar a fonte]

Factoría da empresa Woermann en Camerún.
Desde a década de 1830, os armadores alemáns estiveron negociando en África e estableceron fábricas alí e, desde a década de 1850, o comercio e a xestión de plantacións nos mares do Sur foron operados por compañías alemás. Algunhas destas empresas económicas no estranxeiro finalmente acabaron converténdose en puntos de partida para a súa adquisición como colonias alemás.[8]

Despois da guerra xermano-danesa de 1864, os círculos coloniais de Prusia buscaron tomar posesión das illas Nicobar danesas.[9]

Pola súa parte, Dinamarca ofreceu en van en 1865 as Antillas danesas para evitar a perda completa de Schleswig. En 1866 e, novamente en 1876, o sultán das illas Sulu, que se encontra entre Borneo e as Filipinas, fixo unha oferta para poñer ás súas illas baixo a protección de Prusia, ou do Imperio alemán, pero isto foi rexeitazado en ambas as ocasións.[10]

O sultán de Witu, territorio da África Oriental de aproximadamente 3000 km², pediulle en 1867 ao viaxeiro Richard Brenner que exercera un protectorado prusiano sobre o seu país, o que nin sequera foi considerado en Berlín.[11]

Na constitución da Confederación de Alemaña do Norte, que entrou en vigor en 1867, o artigo 4, punto 1, incluía a "colonización" como un dos asuntos baixo la "supervisión da Confederación", e este artigo 4, punto 1, non se modificou na constitución do II Reich alemán de 1871.

A petición de Otto von Bismarck, o buque de guerra Augusta navegou ao Caribe durante 1867-1868 para enarborar a bandeira da Confederación de Alemaña do Norte. A instancias persoais do comandante en xefe da Confederación, Adalberto de Prusia, e sen o consentimento de Bismarck, o comandante do Augusta, Franz Kinderling, negociou unha base naval en Puerto Limón co presidente de Costa Rica.
Bismarck rexeitou a oferta, por respecto á doutrina Monroe dos Estados Unidos. Así mesmo, o seu desexo de non desafiar aos Estados Unidos, fíxolle rexeitar unha oferta dos Países Baixos para establecer unha base naval na illa holandesa de Curaçao fronte á costa venezolana.[12]

A política da Confederación de Alemaña do Norte non era nese momento a adquisición de colonias, senón de bases navais individuais. Desde elas, a política de canoneiros e o espírito dun imperialismo informal debería protexer o comercio mundial do Estado. En 1867 decidiuse instalar cinco estacións estranxeiras. Así, en 1868, compráronse terras para un hospital naval alemán no puerto xaponés de Yokohama, que existiu até 1911. Tsingtau (actual Qingdao) foi adquirido polo Imperio en 1897 e chegou a estar dispoñíbel como porto naval en China, en tanto que Yokohama seguiu sendo unha base para a flota alemán no leste de Asia. En 1869, a Ostasiatische Station (Estación da Asia Oriental) converteuse na primeira estación no estranxeiro establecida pola Mariña como unha área marítima ocupada constantemente por buques de guerra alemáns, que máis tarde demostraron seren útiles para adquirir as colonias no Pacífico e de Kiau Chau.[13]

En 1870 Bismarck deulle a enviado da Confederación de Alemaña do Norte en Pequín a tarefa de negociar co goberno chiné unah base para a flota da Confederación. Pero co estalido da guerra franco-prusiana, os buques de guerra alemáns na estación da Asia Oriental, Hertha e Medusa, tiveron que retirarse a Xapón fronte a supremacía francesa en augas chinesas, polo que o enviado, Guido von Rehfues, nin sequera negociou esta posición. Despois da guerra, Bismarck declinou o intento de adquirir unha base en China.[14]

A proposta de compensación francesa despois da guerra franco-prusiana de cambiar Alsacia-Lorena pola colonia francesa da Cochinchina foi rexeitada por Bismarck e pola maioría dos diputados do Reichstag da Confederación de Alemaña do Norte en 1870. Despois da fundación do Reich en 1871, Bismark mantivo esta opinión. Porén, no transcurso da década de 1870, a propaganda colonial en Alemaña gañou cada vez máis importancia. En 1873 fundouse en Alemaña a Afrikanische Gesellschaften (Sociedade Africana), cuxa tarefa principal era a exploración xeográfica de África. En 1878 fundouse a Centralverein für Handelsgeographie und Förderung deutscher Interessen im Auslande (Asociación Central para a Xeografía, o Comercio e a promoción dos intereses alemáns no estranxeiro), que pretendía adquirir colonias para Alemaña. En 1881 fundouse a Westdeutsche Verein für Colonisation und Export (Asociación de Colonización e Exportación de Alemaña Occidental), en cuxo estatuto destacaba a "adquisición de colonias cultivábeis e comerciais para o Reich alemán". En 1882 fundose a Deutscher Kolonialverein (Sociedade Colonial Alemá), que se consideraba un club de intereses para a propaganda colonial. En 1884 xurdiu a Deutsch-Ostafrikanische Gesellschaft (Compañía Alemá da África Oriental), que tiña como obxectivo promover unha colonización práctica. Ambos os clubs fusionáronse en 1887 coa Sociedade Colonial Alemá.[15]

Bismarck permaneceu naquela época pechado a estes argumentos e prefiriu un imperio de comercio informal, no cal as empresas alemás en territorios non europeos comerciaron con éxito e introducíronse economicamente, pero sen ocupar os seus territorios ou establecer a súa propia condición de Estado.[16] Polo tanto, os primeiros casos de expansión colonial no estranxeiro tamén foron moi reacios: en 1876, concertouse un tratado de amizade entre o Reich alemán e Tonga para a construción dunha estación de carbón en Tonga, que contaba co grupo das illas Vava'u. O Reich alemán tiña garantidos todos os dereitos de libre uso da terra que necesitara. A soberanía do rei de Tonga, porén, debía permanecer intacta.[17] A colonización como tal non sucedeu. O comandante do buque de guerra Ariadne, ocupou o 16 de xullo de 1878 os lugares de Falealili e Saluafata na illa de Upolu en Samoa "en nome do Imperio". A ocupación alemá destas aldeas reverteuse en xaneiro de 1879, mediante a conclusión dun "tratado de amizade" cos gobernantes locais.[18] O 19 de novembro de 1878, Werner concluíu un contrato de privilexios cos xefes principais de Jaluit e dos arquipélagos Ralik, Lebon e Letahalin, coa instalación exclusiva dunha estación de carbón alemá. A estación converteuse oficialmente na colonia alemá das illas Marshall en 1885.[19] Werner tamén adquiriu un porto nas illas de Makada e Mioko, do grupo Duke of York, que se situaron en 1884 como parte do futuro protectorado da Nova Guinea alemá.[20] O 20 de abril de 1879 o comandante do SMS Bismarck, Karl Deinhard, e o cónsul imperial alemán para as illas do mar do Sur, Gustav Godeffroy Junior, asinaron co goberno da illa de Huahine, nas illas da Sociedade, un acordo de amizade e comercio, entre outros. A flota alemá tamén obrtivo ancoraxe en todos os portos da illa.[21] En setembro de 1879, o cónsul alemán en Samoa, xunto cos cónsules de Gran Bretaña e dos Estados Unidos, asumiu a administración da cidade e o distrito de Apia na illa samoana de Upolu. As illas do oeste de Samoa, coa súa capital Apia, convertéronse en colonia alemá en 1899.[22]

A política colonial de Bismarck (1880-1890)[editar | editar a fonte]

Baía de Lüderitz contra 1900.
Primeira adquisición colonial do Imperio alemán.
Colonias alemás en África e Nova Guinea acontra 1885.

O Imperio alemán iniciou a súa expansión mundial na década de 1880 baixo o liderado de Otto von Bismarck, alentado pola burguesía nacional. Algúns destes burgueses, afirmando ser do pensamento de Friedrich List, defenderon a expansión nas Filipinas e en Timor; outros decidiron establecerse en Formosa (a actual Taiwán), etc. A finais da década de 1870, estas voces illadas empezaron a seren relevadas por unha verdadeira política imperialista, coñecida como a Weltpolitik (política mundial), que foi respaldada pola tese mercantilista. En 1881 Hübbe-Schleiden, un avogado, publicou Deutsche Kolonisation, na cal dicía que "o fomento duna conciencia nacional demandaba unha política exterior independente".[23] O panxermanismo foi así ligado ás xoves campañas imperialistas da nación. Ao principio dos anos da década de 1880 creouse o Deutscher Kolonialverein, que tivo a súa propia revista en 1884, a Kolonialzeitung. Este grupo colonial foi relevado polo grupo nacionalista Alldeutscher Verband.

Este cambio na política de Bismarck con respecto ás colonias coincide exactamente co período da súa política arancelaria proteccionista, para asegurar a economía alemá contra a competencia estranxeira. En abril de 1880, Bismarck interveu activamente por primeira vez nun asunto colonial, cando presentou o proxecto de lei de Samoa no Reichstag, lei que, aínda que foi aprobada polo Bundesrat (Consello Federal), foi rexeutada polo Reichstag. Neste caso, unha empresa comercial colonial privada alemá con problemas debía ser compensada financeiramente polo Reich. En maio de 1880 Bismarck pediulle ao banqueiro Adolph von Hansemann un borrador sobre os obxectivos coloniais alemáns no Pacífico e as posibilidades da sua aplicación. Hansemann envioulle ao chanceler en setembro dese ano o seu "memorándum sobre as aspiracións coloniais nos mares do sur", e as adquisicións territoriais propostas catro anos máis tarde foron tomadas ou reclamadas como colonias. As reclamacións de 1884-1885 sobre os territorios aínda non tomados en zonas do Pacífico, finalmente foron transferidos en 1899 como posesións coloniais alemás.[22] Significativamente, Hansemann tamén foi membro fundador do Consorcio de Nova Guinea creado en 1882 para a adquisición de colonias en Nova Guinea e nos mares do sur.

En novembro de 1882 o estanqueiro bremenés Adolf Lüderitz contactou co Ministerio de Asuntos Exteriores de Alemaña e pediulle protección para un posto comercial a sur de Walvis Bay, na costa suroeste de África. En febreiro e en novembro de 1883, Bismarck preguntoulle ao goberno de Londres se a Gran Bretaña quería facerse cargo da protección do establecemento comercial de Lüderitz. En ambas as ocasións o goberno británico negouse.[24]

Despois da publicación da Convención de Serra Leoa entre Gran Bretaña e Francia en marzo de 1883, na cal se demarcaron esferas de interese entre estes dous estados en África occidental, sen considerar outras nacións comerciais, o goberno alemán solicitou, en abril de 1883, aos Senados das cidades de Lübeck, Bremen e Hamburgo a súa opinión respecto ao asunto. Os comerciantes de Hamburgo no estranxeiro exixiron na súa resposta a adquisición de colonias en África occidental. En decembro de 1883 Bismarck informou aos hamburgueses que se enviaría un Comisionado Imperial a África occidental para asegurar o comercio alemán, e tamén para concluír contratos con "estados negros independentes", e un buque de guerra, o SMS Sophie, que debería outorgar protección militar. Ademais, Bismarck solicitou as propostas deste proxecto e pediulle persoalmente ao empresario hamburgués Adolph Woermann as instruccións que deberían darlle ao Comisionado Imperial en camiño. En marzo de 1884, Gustav Nachtigal foi nomeado Comisionado do Reich para a costa de África Occidental, e embarcou no acoirazado SMS Möwe cara a África occidental para cumplimentar os contratos pertinentes.[25][26]

O buque SMS Olga no bombardeo de Douala, Camerún, en decembro de 1884.

O ano 1884 marcou o inicio real das adquisicións coloniais alemás, aínda que xa desde 1876 se adquiriran no estranxeiro varios dereitos de posesión para o Reich alemán. Primeiro, as posesións adquiridas polo comerciante de Bremen Adolf Lüderitz na baía de Angra Pequena (Lüderitzbucht) e o seu interior adxacente (Lüderitzland) que se puxeron en abril de 1884 baixo a protección do Reich como África Suroriental alemá. En xullo do mesmo ano seguiron Togolandia e as posesións de Adolph Woermann en Kamerun, en febreiro de 1885, a África Oriental alemá adquirida por Carl Peters e a súa Compañía Alemá da África Oriental e, en abril, os irmáns Denhardt finalmente adquiriron Witulandia, na actual Kenya. Coa adquisición dos territorios do Pacífico, en maio de 1885, a parte nodeste de Nova Guinea (a chamada Kaiser-Wilhelmsland ou Terra do Kíaser Guillerme) e o arquipélago adxunto (arquipélago de Bismarck), e despois as illas Marshall e varias das illas Salomón, completouse a primeira fase da política colonial alemá. Unha subseguinte expansión das súas posesións no Pacífico fracasou pola chamada crise das Carolinas de 1886. En 1888 Alemaña puxo fin á guerra tribal de Nauru, no Pacífico central, e tamén anexionu esta illa.

Os motivos das repentinas adquisicións coloniais a gran escala por Bismarck son controvertidos na investigación histórica. As declaracións están dominadas por dúas correntes que emanan dunha "primacía da política interna" ou de unha "primacía da política exterior". Como unha razón política interna, a presión pública foi liderada pola "febre colonial" qur había na poboación alemá. Aínda que a organización do movemento colonial non era moi forte, logrou levar a súa propaganda aos debates sociais.[27] Un memorando enviado a Bismarck o 6 de xulilo de 1883 pola Cámara de Comercio de Hamburgo, iniciado polo propietario de buques Adolph Woermann, ten un significado especial na investigación.[28] As próximas eleccións ao Reichstag en 1884 e a intención de Bismarck de fortalecer a súa propia posición e reter a opinión favorábel do Partido Nacional Liberal á colonización tamén se consideran motivos políticos internos.[29]</ref> Hans-Ulrich Wehler avoga pola tese do imperialismo social, segundo a cal a expansión colonial serviu para "desviar" as tensións sociais creadas pola situación de crise económica, dando así ao goberno carismático de Bismarck a lexitimidade política interna.[30] A chamada "tese deo príncipe herdeiro", por outro lado, supón que Bismarck intentou debilitar deliberadamente as relacións coa Gran Bretaña en previsión do cambio esperado no trono e, polo tanto, influír de antemán na política do herdeiro, o futuro Federico III de Alemaña, aparentemente anglófilo.[31] No campo da política exterior, a decisión de expandirse considérase unha extensión do concepto de "equilibrio europeo" desde unha perspectiva global: ao "avanzar" na carreira por África, o Reich alemán continuaría defendendo a súa posición entre as principais potencias.[32] Do mesmo modo, un acercamento con Francia foi visto como unha "entente colonial". Estaba destinado a distraer a Francia dos pensamentos de vinganza en relación coa anexión de Alsacia-Lorena en 1871.[33]

A través de cartas de protección do estado, Bismarck transferiu a organizacións privadas o comercio e a administración das respectivas áreas protexidas alemás. A administración dos territorios adquiridos practicouse en nome do Reich alemán, primeiro pola Compañía Alemá da África Oriental (1885-1890), a Compañía Alemá de Witu (1887-1890), a Compañía Alemá de Nova Guinea (1885-1899) e a Compañía Alemá de Jaluit (1888-1906). A petición de Bismarck, as colonias alemás no suroeste e o oeste de África tamén debían administrarse desta maneira, pero nin a Sociedade Colonial Alemá para a África Suroccidental nin o Sindicato para a África Occidental estaban dispostos ou podían facelo.[34]

Transporte de algodón en Togo ao redor de 1900. O café, o cacao, o algodón e os produtos da palma de coco encontrábanse en Togo, así como nas outras colonias tropicais de Alemaña, en gran parte as únicas mercadorías para eo mercado alemán e internacional.

Estas áreas adquiríronse despois de demostracións de poderío militar ou mediante contratos extremadamente desiguais cos alemáns: en contra dunha vaga promesa de protección e ridiculamente baixa para os estándares alemáns, os gobernantes indíxenas entregaron grandes zonas ás que tiñan dereito, a miúdo sen reclamacións; con frecuencia, os detalles do contrato tamén eran escuros debido á falta de habilidades lingüísticas. Pero seguiron adiante porque as laongas negociacións cos colonizadores e a conclusión do contrato ritualmente executada aumentaron enormemente a súa autoridade. Estoes contratos foron confirmados polo Reich alemán; ás organizacións outorgáronselle amplos dereitos soberanos sen unha separación de poderes. O Reich conservou a soberanía exclusiva e certos dereitos de intervención só na lei de áreas protegxidas de 1886, sen que isto fora especificado ou xustificado. Polo tanto, a participación do Estado reduciuse financeira e organizativamente ao mínimo.[35]

Porén, esta estratexia fracasou en poucos anos: debido á mala situación financeira en case todas as "áreas protexidas" e á situación de seguridade parcialmente precaria, ameazada en 1888 polas insurxencias dos indíxenas en Kamerun e Togo, o perigo de disputas fronteirizas coas veciñas colonias británicas en África Oriental, as sociedades estaban abrumadas co establecemento dunha administración eficiente: Bismarck e os seus sucesores víronse obrigados a presentar todas as colonias de maneira directa e formal á administración estatal do Reich alemán.[36]

Despois de 1885, Bismarck volveu a opoñerse a novas adquisicións colonialis e continuou as súas prioridades políticas para manter as relacións coas grandes potencias: Gran Bretaña e Francia. Cando en 1888 o periodista Eugen Wolf instouno a adquirir novas colonias para non quedar atrás na competencia socio-darwinista coas outras grandes potencias, Bismarck respondeu que a prioridade para el aínda era asegurar a unidade nacional recentemente alcanzada.[37]

En 1889 Bismarck considerou a retirada de Alemaña da política colonial, segundo testemuñas contemporáneas, particularmente as actividades alemás no leste de África e as aspiracións con respecto a Samoa. Tamén se ten dito que Bismarck xa non tiña nada que ver coa administración das colonias e quería entregalas ao Almirantado imperial alemán. Bismarck ofreceulle ao primeiro ministro italiano Francesco Crispi, en maio de 1889, a opción de compra das posesións alemás en África, ao que este último respondeu cunha contraoferta sobre as colonias italianas.[38]

As colonias servíeronlle a Bismarck neste contexto, pero tamén como moeda de cambio. Así, na Conferencia de Berlín de 1884-1885, no repartimento de África, este continente dividiuse entre as grandes potencias. En 1884 asinouse un contrato a nome de Adolf Lüderitz co rei zulú, Dinuzulu, para asegurar a Alemaña unha reclamación dunha área local na baía de Santa Lucía e na Zululandia. No curso dun acordo coa Gran Bretaña, porén, a solicitude retirouse en maio de 1885,[39] e Pondolandia en Suráfrica non foi recoñecida como unha colonia alemá en favor dos británicos. En 1885, Alemaña tamén renunciou ás reclamacións dos territorios de África Occidental de Kapitaï e Koba en favor de Francia. O mesmo sucedeu con Mahinlandia en relación coa Gran Bretaña. En 1886, Alemaña e a Gran Bretaña tamén acordaron a delimitación das súas esferas de interese na África Oriental. Despois da renuncia de Bismarck, o Reich alemán renunciou no tratado Heligoland-Zanzíbar do 1 de xullo de 1890, que preparara de maneira significativa, a calquera reclamación ao norte da África Oriental alemá. As reclamacións alemás en toda a costa somalí entre Burgabo e Alula foron abandoadas, o que beneficiou as relacións con Italia. A África do Suroeste alemá estaba á súa vez vinculada ao Zambeze (franxa de Caprivi). Nestas circunstancias, os esforzos coloniais alemáns no sur de África fracasaron novamente.[40]

A política colonial baixo o káiser Guillerme II[editar | editar a fonte]

Baixo o káiser Guillerme II (1888-1918), Alemaña intentou expandir as súas posesións coloniais mediante a adquisición de novas representacións comerciais. A era guillermina representa unha política de expansión entusiasta e un rearme forzado, especialmente da Armada imperial alemá. O movemento colonial convertérase nun factor serio na política doméstica alemá. Ademais da Sociedade Colonial Alemá fundada en 1891, esperábase unha asociación extremadamente nacionalista. Á parte dos argumentos presentados anteriormente, o movemento colonial alemán agora argumentaba que se debía combater o comercio de escravos por parte dos árabes nas colonias e liberar aos pobos indíxenas dos seus traficantes de escravos musulmáns. Estas demandas abolicionistas, con claro impacto antimusulmán, producíronse despois da chamada revolta árabe na costa de África Oriental en 1888.[41] No primeiro plano, porén, había cuestións de prestixio nacional e autoafirmación nunha competencia coas principais potencias entendida polos sociodarwinistas: Alemaña como "recentemente chegada" agora debía reclamar a súa parte.[42]

Área de arrendamento alemán Kiautschou coa cidade portuaria de Tsingtau.
Colonias ao redor do golfo de Guinea.

Despois de 1890, Alemaña só logrou adquirir unhas poucas áreas. En 1895, adquiriu unha concesión na cidade chinesa de Hankou e, en 1899, outra na cidade tamén chinesa de Tientsin. En 1897-98 arrendouse Kiauchau e o porto de Tsingtau, tamén na China. Nun semicírculo de 50 km ao redor da baía de Kiauchau estableceuse unha "zona neutral", na cal a soberanía da China estaba restrinxida por Alemaña. Ademais, houbo concesións alemáns mineiras e ferroviarias na provincia de Shandong.

Polo tratado xermano-español de 1899, engadíronse as illas micronesias das Carolinas, Marianas e Palau, no Pacífico central. Porén, as reclamacións alemás polas Filipinas non se puideron efectuar, e mesmo empeoraron as relacións diplomáticas cos Estados Unidos (incidente de Manila).

Polo tratado de Samoa, en 1899, a parte occidental de Samoa no Pacífico converteuse nun protectorado alemán. A parte oriental da área de Salaga, anteriormente neutral, engadiuse ao Togo alemán.

Colonias alemás en África oriental.
Colonias alemás en África suroriental.
Colonias alemás no Pacífico.

Ao mesmo tempo, o dominio estendeuse dentro das colonias, por exemplo, na África Oriental alemá nos reinos de Burundi e de Ruanda.[43] Porén, nas guerras de Bafut e Hehe en 1891, tamén sobre a resistencia persistente entre os grupos étnicos do interior de Camerún e da África Oriental.

O intento da Mariña imperial alemá por arrendar a illa de Langkawi en Singapur, ao redor de 1900, ao sultán de Kedah por 50 anos, fracasou. O goberno inglés intervíu a través do tratado secreto británico-siamés de 1897, que exixía a aprobación da Gran Bretaña para a concesión de dereitos por parte de Siam a terceiras potencias, e o sultanato de Kedah, baixo o goberno de Bangkok, non se viu obrigado a ceder Langkawi ao Reich alemán.[44][45] Así mesmo, tamén fracasou o intento do káiser Guillerme de adquirir, en 1902, bases navais na Baixa California, México, como portos para a flota alemá no Pacífico.[46]

Unha oferta feita por parte dos franceses durante a crise franco-británica de Fachoda a finais de 1898 para cambiar Alsacia-Lorena por unha das colonias francesas foi novamente rexeitada. Tampouco se levou a cabo unha reorganización colonial de África promovida por algúns propagandistas. A excepción foi a adquisición de parte da superficie do Congo francés anexionada ao Kamerun (Neukamerun) a raíz da crise marroquí de 1911; en van Alemaña exixira como compensación toda a colonia francesa do Congo. O crecente ilamento no círculo das grandes potencias, que foi percibido en Alemaña como "cerco", foi o prezo a pagar por esta enérxica política colonial alemá.[47]

Para o desenvolvemento económico das colonias fundouse en 1896 o Kolonialwirtschaftliches Komitee (Comité Económico Colonial). En 1898 fundouse a Deutsche Kolonialschule (Tropenschule) (Escola Colonial Alemá -Escola Tropical-) en Witzenhausen para capacitar ás persoas no seu traslado ás colonias. As institucións sucesoras hoxe forman una institución secundaria da Universidade de Kassel. En 1900, o Instituto Bernhard Nocht para a formación de médicos en barcos e colonias comezou o seu traballo en Hamburgo.

Despois dunha epidemia no gando en 1897 na África do Suroeste alemá, os herero estenderan os pastos do seu gando sobrevivinte moito máis alá do territorio colonial alemán. Estes pastos foran vendidos previamente aos terratenentes, que agora reclamaban o gando dos herero. En 1904, a situación finalmente xenou a rebelión dos herero e os nama, fronte á cal a forza colonial non estaba en igualdade de condicións. O goberno do Reich enviou unha forza expedicionaria naval e reforzos posteriores da Schutztruppe. Cun total de aproximadamente 15 000 homes baixo o mando do tenente xeneral Lothar von Trotha, a rebelión herero foi esmagada en agosto de 1904 na batalla de Waterberg. Trotha emitiu a chamada "orde de exterminio", despois da cal os sobrevivintes fueron expulsados ​ao deserto. Dos herero sobrevivintes da batalla, chegaron á Bechuanalandia británica uns 1 800 a finais de novembro de 1904, varios milleiros fuxiron á África noroccidental e outros miles pereceron no deserto. Das aproximadamente 50 000 persoas do pobo herero, probabelmente a metade delas foron asasinadas en 1908.[48] Ao redor da metade dos nama foron asasinados, con 10 000 vítimas. Estes loitaran previamente xunto cos alemáns como unha forza auxiliar até o final de 1904 contra os herero.[49]

Na África Oriental alemá produciuse en 1905-06 o chamado levantamento dos Maji Maji, no que se estima que pereceron 100 000 habitantes. O rexeitamento dun orzamento suplementario para un maior apoio ás guerras coloniais conduciu a finais de 1906 á disolución do Reichstag e a convocar novas eleccións.[50] As eleccións ao Reichstag de xaneiro de 1907 (a chamada "elección dos hotentotes") debería decidir o futuro das colonias.

Nova política colonial desde 1905[editar | editar a fonte]

Viaxe de Bernhard Dernburg pola África Oriental alemá en 1907. Chegada a Nairobi na África Oriental británica.
Porto de Dar es Salaam contra 1910.
Porto de Kiau Chau contra 1912.

Como resultado das guerras coloniais no suroeste e o leste de África, cuxas causas foron os maloa tratos ás poboacións indíxenas, considerouse como necesarias a reconstrución da administración colonial, un enfoque científico do uso das colonias e unha mellora das condicións de vida dos pobos delas. Para este propósito, a autoridade administrativa suprema para as colonias, o Departamento Colonial, escindiuse do Ministerio de Asuntos Exteriores alemán (o termo para un ministerio nese momento era "amt") e en maio de 1907 converteuse nun ministerio separado, o Reichskolonialamt (Oficina Imperial Colonial).

Como creador da nova política colonial, non foi unha coincidencia que Bernhard Dernburg gañara con éxito a reestruturación corporativa do sector privado para a Oficina Imperial Colonial. Dernburg dirixiu desde setembro de 1906 este departamento colonial. Viaxou ás colonias para onservar os problemas e encontrar solucións. Ao mesmo tempo, promovéronse ou fundáronse centros científicos e técnicos co fin de desenolver as colonias sobre estas bases. Do Instituto Colonial de Hamburgo e da Escola Colonial Alemá xurdiron partes das universidades actuais de Hamburgo e Kassel. Para as poboacións locais mellorouse a atención médica, construíronse escolas e diminuíronse os castigos por flaxelación. Deseñáronse estradas, ferrocarrís e portos en maior medida para o desenvolvemento económico das colonias. Dernburg comentou en xaneiro de 1909: "O obxectivo debe estar estreitamente relacionado coa Patria, con colonias administrativa e economicamente independentes e saudábeis".

O Secretario de Estado para as colonias, Wilhelm Solf, tamén viaxou a África en 1912 e 1913. As impresións recollidas incluíronse no seu programa colonial, que comprendía, entre outras cousas, unha extensión dos poderes dos gobernadores e unha prohibición de traballar como escravos para os africanos. Ademais, Solf avogou pola idea dunha rede de autoestradas nas colonias para usar menos portadores. Wilhelm Solf logrou o consenso de todas as faccións do Reichstag para a sú política colonial comparativamente pacífica, que estaba orientada cara á diplomacia e a política de poder intelixente, en lugar da forza militar.

Como resultado desta nova política non houbo máis levantamentos importantes nas colonias alemás desde 1905, e a eficiencia económica das colonias e protectorados alemáns aumentou rapidamente. A producción de aceite de palma e de cacao nas colonias duplicouse de 1906 a 1914, as exportacións de caucho das colonias africanas cuadruplicáronse, e as exportacións de algodón da África Oriental alemá multiplicáronse por dez. O comercio total entre Alemaña e as súas colonias aumentou de 72 millóns de marcos en 1906 a 264 millóns en 1913. O auxe económico nas áreas protexidas aumentou os aranceis e os ingresos fiscais nas colonias entre 1906 e 1914. O desenvolvemento das colonias fixérase independente do apoio financeiro do Imperio ou estaban en camiño de selo. En 1914 foron subsidiados a Nova Guinea alemá, Kiau Chau e a Schutztruppe en África.[51][52]

Preparándose para a ampliación do imperio colonial[editar | editar a fonte]

Entre 1898 e 1913, o Reich alemán e a Gran Bretaña concluíron acordos para apoderarse das colonias portuguesas. A ocasión debería xurdir se o goberno de Lisboa utilizaba os ingresos das súas colonias como garantía para amortizar un préstamo. Ademais, o tratado de 1913 indicaba como unha razón adicional que pretendía poñer fin á "mala xestión" dos portugueses nas súas colonias. Segundo o acordo, os británicos tomarían o control de Angola e o norte de Mozambique, en tanto que Alemaña adquiría as illas de San Tomé e Príncipe e o Timor portugués. Para a colonia española de Río Muni, que estaba completamente rodeada pola colonia alemá do Kamerun, existía o dereito de tanteo alemán.

En 1914 leváonse a cabo pasos concretos para apoderarse das colonias portuguesas. Coa fundación do Sindicato de Estudos de Ultramar en febreiro de 1914 polos principais bancos alemáns, garantiríanse a toma económica de Angola. O 28 de maio de 1914 un consorcio bancario comprou en nome do Reich alemán a compañía inglesa Nyassa Consolidated Ltd. coa súa posesión, que incluía a metade do norte de Mozambique.[53][54]

En xullo de 1914 o goberno portugués emitiu un bono gobernamental para o desenvolvemento económico de Angola garantido polos ingresos arancelarios da colonia, que foi financiado por un sindicato bancario alemán. Así, cumpriuse unha disposición crucial do acordo xermano-británico de 1913 sobre a división das colonias de Portugal entre Alemaña e a Gran Bretaña.

O 27 de xullo de 1914 o chanceler alemán Theodor von Bethmann Hollweg deulle ao goberno de Londres o seu consentimento para a publicación do tratado de 1913, até entón secreto, sobre a división prevista das colonias portuguesas coas xustificacións necesarias para iso.[55]

No comezo da Primeira Guerra Mundial, a invasión alemá de Bélxica o 4 de agosto de 1914,[56] impediu novos pasos na adquisición das colonias portuguesas.

As colonias na Primeira Guerra Mundial (1914-1918)[editar | editar a fonte]

Askaris e portadores de tropas alemás no leste de África.
Durante a guerra no leste de África, as potencias en guerra utilizaron considerabelmente máis vehículos para abasteceren ás tropas que para mobilizaren aos propios soldados.

Ao estalar a Primeira Guerra Mundial as tropas das colonias alemanas non estaban preparadas para unha guerra coas potencias aliadas. Os alemáns esperaban que se cumprise coa decisión da Conferencia de Berlín de 1885, que dicía que todos os estados coloniais estaban comprometidos coa liberdade de comercio e a resolución pacífica dos problemas coloniais en África. Pero só uns días despois da entrada alemá na guerra comezou unha resistencia desesperada das tropas alemás. A finais de 1914, Togolandia, a Nova Guinea alemá, Samoa e Kiau Chau caeran en mans da Tripla Entente. Porén, nos protectorados máis grandes, os alemáns alcanzaron inicialmente o éxito, como nas batallas de Garua, Sandfontein e Tanga, e na loita por Naulila. Coa ocupación do exenclave surafricano de Walvis Bay, a provincia de Cunene na Angola portuguesa, as cidades fronteirizas de Taveta e Kisii na África Oriental británica e a illa de Idjwi, no lago Kivu, chegaron incluso as pequenas ganancias da zona alemá. De todos os xeitos, a resistencia sostida fracasou debido ao número relativamente baixo de tropas e á falta de subministros e armas pesadas.

A forza de protección da África do Suroeste alemá, de 5 000 efectivos, rendeuse en xullo de 1915 ante as tropas da Unión Surafricana, dez veces máis fortes.

Os británicos e os franceses enviaron un total de 19 000 soldados e 24 buques de guerra á colonia de Kamerun. Porén, as tropas alemanas non se renderon e, finalmente, en febreiro de 1916, invadiron a colonia na neutral España de Río Muni, acompañados por 14 000 nativos de Camerún que non querían vivir baixo o gobierno das potencias da Tripla Entente.[57] A partir de 1917, os intereses do Reich alemán nas súas colonias foron levados pola neutral Suíza, que tivo un éxito parcial baixo a presión da Entente.[58]

Na África Oriental alemá seguían combatendo as tropas do Reich, cun número máximo de 16 670 homes, dos cales aproximadamente o 90 % eran africanos askari baixo o mando do tenente coronel Paul von Lettow-Vorbeck, que permaneceron invictos até o alto el fuego en noviembre de 1918. Porén, Lettow escapou ás colonias de Portugal e da Gran Bretaña para continuar a súa resistencia. Ademais, varias tropas de ducias de nativos baixo o mando do capitán Hermann Detzner en Nova Guinea, non se renderon e estableceron unha guerra de guerrillas. Cando Detzner se enterou da tregua, disolveu ás súas tropas, viaxou a Finschhafen e rendeuse alí a mediados de decembro de 1918 aos australianos.[59]

Mandatos nas colonias alemás e provincias do Imperio otomán      Británico     Francés     Belga     Australiano     Xaponés     Neozelandés     Sudafricano     Mandato colectivo

En Alemaña, os plans para cercar a Mittelafrika (África Central alemá) continuaron durante toda a guerra. Debía estenderse desde o río Níxer até o deserto de Kalahari, e incluír tamén Angola, Mozambique, o Congo Belga e gran parte da África Ecuatorial francesa.

Coa entrada en vigor do Tratado de Versalles en xaneiro de 1920, Alemañaa perdeu todas as súas colonias. A Tripla Entente dividiu as colonias como mandatos da Sociedade de Nacións, entre elas:

Despois da Segunda Guerra Mundial, o Consello de Administración Fiduciaria das Nacións Unidas fíxose cargo da administración dos mandatos da Sociedade de Nacións. A última colonia en independizarse foi Palau, en 1994.

Territorios coloniais[editar | editar a fonte]

Tras a unificación alemá de 1871[editar | editar a fonte]

Á parte da metrópole, localizada en Europa, que abarcaba 540 766 km² en 1910, o Imperio alemán mantivo territorios coloniais en África, Asia e Oceanía, que foron perdidos tras a Primeira Guerra Mundial.

Territorio Período Superficie (aprox.) Países actuais Status
África Occidental alemá (Deutsch-Westafrika) 1884–1919 582.200 km²[60] Camerún Camerún
Nixeria Nixeria
Chad Chad
Guinea Guinea
República Centroafricana República Centroafricana
Ghana Ghana
Togo Togo
A colonia subdividíase en Togolandia (87 200 km²) e Kamerun (495 000 km² en 1910; incluíndo o territorio de Neukamerun cedido por Francia en 1911 chegaba até os 790 000 km²).
África Oriental alemá (Deutsch-Ostafrika) 1880–1919 995.000 km².[60] Burundi Burundi
Quenia Kenya
Mozambique Mozambique
Ruanda Ruanda
Tanzania Tanzania
A colonia estaba formaban polos territorios menores de Tanganica, Ruanda-Urundi, Witulandia (3 000 km²) (Deutsch-Witu) incorporada a Kenya e Triángulo de Kionga (1 000 km²) (Kionga-Dreieck), desde 1916 parte de Mozambique.
África do Suroeste alemá (Deutsch-Südwestafrika) 1884–1918 835.100 km².[60] Namibia Namibia Equivalía ao actual territorio de Namibia coa excepción de Walvis Bay, que quedou en mans do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda; pasou a ser gobernada pola Unión Surafricana tras a Primeira Guerra Mundial.
Nova Guinea alemá (Deutsch-Neuguinea)
(incluíndo Samoa alemá)
1884–1918 247.092 km²[60] Papúa Nova Guinea Papúa Nova Guinea
Illas Salomón Illas Salomón
Palau Palau
Estados Federados de Micronesia Micronesia
Nauru Nauru
Flag of the Northern Mariana Islands.svg Illas Marianas do Norte
Illas Marshall Illas Marshall
Samoa Samoa
Estaba composta polos territorios menores de Kaiser-Wilhelmsland, Illas Salomón, Marshall, Carolinas, Marianas, Palau, Nauru e Samoa alemá (Deutsche Samoa).
Kiautschou 1898–1914 515 km².[60] Flag of the People's Republic of China.svg China Concesión alemá en China, arrendada pola dinastía Qing.
Tientsin 1901–1919 Flag of the People's Republic of China.svg China Concesión alemá en China, arrendada pola dinastía Qing.
Total 2.659.392 km²

Anteriores a 1870[editar | editar a fonte]

Territorio Período Países actuais Status
Klein-Venedig 1528–1545 Flag of Venezuela.svg Venezuela Fallido intento de explorar e colonizar unha parte de Venezuela pola familia alemana Welser, co obxecto de saldar unha débeda. O territorio nunca deixou de ser español.
Tobago 1637, 1642, 1654–1659, 1660–1689 Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago Colonia do Ducado de Curlandia, gobernado desde la Idade Media por alemáns.
Gambia 1651–1661 Gambia Gambia Colonia do Ducado de Curlandia.
Costa do Ouro prusiana 1683–1718 Ghana Ghana Colonia de Brandeburgo-Prusia.
Arguin 1685–1721 Mauritania Mauritania Colonia de Brandeburgo-Prusia.
San Tomé 1685 Flag of the United States.svg Illas Virxes dos EE.UU. Concesión brandeburguesa para vender escravos africanos, sendo a illa propiedade de Dinamarca.

Outros territorios[editar | editar a fonte]

Territorios da Antártida
  • Terra de Guillerme II (1902-1904): territorio explorado por Erich Dagobert von Drygalski sen realizar reivindicación de soberanía.
  • Nova Suabia (1939-1945): territorio explorado por Alfred Ritscher sen realizar reivindicación de soberanía.
Territorios no mar Caribe
  • Caribe alemán (1888): breve ocupación e intento de construción dunha base militar e comercial na illa de Klein Curaçao (Pequeno Curaçao) que sería abandoada pouco despois.
  • Cayo Ernest Thaelmann (1972): ofrecemento simbólico do goberno cubano ao da República Democrática Alemá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diese deutschen Wörter kennt man noch in der Südsee, von Matthias Heine "Einst hatten die Deutschen das drittgrößte Kolonialreich [...]"
  2. James Mitchell (Hrsg.): Große illustrierte Weltgeschichte. Von der französischen Revolution bis zur Gegenwart. Parkland, Stuttgart, 1990, ISBN 3-88059-379-5, p. 66.
  3. Kössler. "Awakened from colonial amnesia? Germany after 2004". www.freiburg-postkolonial.de. Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  4. Michael Fröhlich (1994): Imperialismus. Deutsche Kolonial- und Weltpolitik 1880–1914. München, dtv. ISBN 3-4230-4509-4, pp. 18 e 22.
  5. Walter Nuhn (2002): Kolonialpolitik und Marine. Die Rolle der Kaiserlichen Marine bei der Gründung und Sicherung des deutschen Kolonialreiches 1884–1914. Bonn: Bernard & Graefe. ISBN 978-3-7637-6241-5, p. 27.
  6. Helmut Washausen (1968): Hamburg und die Kolonialpolitik des Deutschen Reiches, p. 21.
  7. Lawrence Sondhaus (1997): Preparing for Weltpolitik. German Sea Power Before the Tirpitz Era. Annapolis: Naval Institute Press. ISBN 978-1-5575-0745-7, p. 68.
  8. Percy Ernst Schramm (1950): Deutschland und Übersee. Der deutsche Handel mit den anderen Kontinenten, insbesondere Afrika, von Karl V. bis zu Bismarck. Ein Beitrag zur Geschichte der Rivalität im Wirtschaftsleben. Braunschweig: Georg Westermann Verlag.
  9. Franz Theodor Maurer (1867): Die Nikobaren: Colonial-Geschichte und Beschreibung nebst motivirtem Vorschlage zur Colonisation dieser Inseln durch Preussen. Berlin: Carl Heymanns Verlag.
  10. Percy Ernst Schramm (1950): Deutschland und Übersee. Der deutsche Handel mit den anderen Kontinenten, insbesondere Afrika, von Karl V. bis zu Bismarck. Ein Beitrag zur Geschichte der Rivalität im Wirtschaftsleben. Braunschweig: Georg Westermann Verlag, p. 92.
  11. Hans-Ulrich Wehler: (1976): Bismarck und der Imperialismus. 4. Auflage, dtv, München. ISBN 3-4230-4187-0, p. 367.
  12. Lawrence Sondhaus (1997): Preparing for Weltpolitik. German Sea Power Before the Tirpitz Era. Annapolis: Naval Institute Press. ISBN 978-1-5575-0745-7, p. 98.
  13. Cord Eberspächer (2004): Die deutsche Yangtse-Patrouille. Deutsche Kanonenbootpolitik in China im Zeitalter des Imperialismus 1900–1914. Bochum: Verlag Dr. Dieter Winkler. ISBN 978-3-8991-1006-7, p. 24.
  14. Cord Eberspächer (2004): Die deutsche Yangtse-Patrouille. Deutsche Kanonenbootpolitik in China im Zeitalter des Imperialismus 1900–1914. Bochum: Verlag Dr. Dieter Winkler. ISBN 978-3-8991-1006-7, p. 62.
  15. Winfried Speitkamp (2007): Deutsche Kolonialgeschichte. Stuttgart: Reclam, Stuttgart. ISBN 978-3-1501-7047-2, p. 18.
  16. Hans-Ulrich Wehler (1995): Deutsche Gesellschaftsgeschichte, vol. 3: Von der "Deutschen Doppelrevolution" bis zum Beginn des Ersten Weltkrieges 1845/49–1914. Munich: C. H. Beck, p. 980.
  17. Freundschaftsvertrag zwischen dem Deutschen Reich und Tonga, Wikisource
  18. Hermann Joseph Hiery (2001): Die deutsche Südsee 1884–1914. Paderborn: Ferdinand Schöningh, p. 2.
  19. Norbert Berthold Wagner (2002): Die deutschen Schutzgebiete. Erwerb, Organisation und Verlust aus juristischer Sicht. Baden-Baden: Nomos, pp. 94–96.
  20. Hermann Joseph Hiery: Die deutsche Verwaltung Neuguineas 1884–1914.
  21. Hermann Joseph Hiery (2001): Die deutsche Südsee 1884–1914. Paderborn: Ferdinand Schöningh, pp. 3 e 6.
  22. 22,0 22,1 Hermann Joseph Hiery (2001): Die deutsche Südsee 1884–1914. Paderborn/München/Wien/Zürich: Ferdinand Schöningh. ISBN 3-5067-3912-3, p. 2.
  23. Imperialismo colonial alemán: un fenómeno a curto e longo prazo (PDF) por Bernard Poloni, en "Imperialismo, hexemonía, liderado", 26 de marzo de 2004, conferencia na Universidade de París.
  24. Michael Fröhlich (1994): Imperialismus. Deutsche Kolonial- und Weltpolitik 1880 bis 1914. München: Deutscher Taschenbuch Verlag. ISBN 978-3-4230-4509-4, p. 37.
  25. Harry R. Rudin (1938): Germans in the Cameroons 1884–1914. A Case Study in Modern Imperialism. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press, pp. 34–39.
  26. Kurt Grobecker (1990): 325 Jahre Handelskammer Hamburg 1665–1990. Hamburg: Handelskammer Hamburg, pp. 79–81.
  27. Horst Gründer (2012): Geschichte der deutschen Kolonien. 6. Auflage, Stuttgart: utb GmbH. ISBN 978-3-8252-3639-7, p. 52.
  28. Horst Gründer: „... da und dort ein junges Deutschland gründen“. Rassismus, Kolonien und kolonialer Gedanke vom 16. bis zum 20. Jahrhundert. dtv, Munich, 1999, p. 68; Karsten Linne: Deutschland jenseits des Äquators? Die NS-Kolonialplanungen für Afrika. Ch. Links, Berlín, 2008, p. 12.
  29. Beate Althammer & 2009 p. 228.
  30. Hans-Ulrich Wehler (1969): Bismarck und der Imperialismus. Köln: Kiepenheuer und Witsch; Deutsche Gesellschaftsgeschichte, vol. 3: Von der „Deutschen Doppelrevolution“ bis zum Beginn des Ersten Weltkrieges 1845/49–1914. München: C.H. Beck, 1995, pp. 985–990.
  31. Beate Althammer 2009, p. 229.
  32. Beate Althammer 2009, p. 231.
  33. Horst Gründer 2012, p. 55.
  34. Wolfgang J. Mommsen: Das Ringen um den nationalen Staat. Die Gründung und der innere Ausbau des Deutschen Reiches unter Otto von Bismarck 1850 bis 1890. Volumen 7, Parte 1, Propyläen, Berlín, 1993, ISBN 3-549-05817-9, p. 523.
  35. Winfried Speitkamp 2005, pp. 26–30.
  36. Winfried Speitkamp 2005, pp. 30–35.
  37. Hans-Ulrich Wehler 1984, p. 423.
  38. Hans-Ulrich Wehler 1984, p. 408.
  39. Santa Lucīa, en: Meyers Großes Konversations-Lexikon. Band 17, Leipzig, 1909, p. 587.
  40. Horst Gründer 2012, p. 80.
  41. Horst Gründer: "Gott will es". Eine Kreuzzugsbewegung am Ende des 19. Jahrhunderts. En: Geschichte in Wissenschaft und Unterricht 28 (1977), pp. 210–224.
  42. Winfried Speitkamp (2005): Deutsche Kolonialgeschichte. Stuttgart: Reclam. ISBN 978-3-1501-7047-2, p. 35.
  43. Helmut Strizek (2006): Geschenkte Kolonien. Ruanda und Burundi unter deutscher Herrschaft. Berlin: Ch. Links. ISBN 3-8615-3390-1.
  44. Khoo Salma Nasution (2006): More Than Merchants: A History of the German-speaking Community in Penang, 1800s-1940s. George Town, Pulau Pinang, Malasia: Areca Books.
  45. Tom Marks (1977): The British Acquisition of Siamese Malaya (1896-1909). Banglamung, Thailand: White Lotus Co., Ltd. ISBN 978-9-7484-9698-6, pp. 25, 26, 33.
  46. Barbara W. Tuchman (1985): The Zimmermann Telegramm. New York, NY, USA: Ballantine Books. ISBN 0-3453-2425-0, p. 27.
  47. Klaus Hildebrand (2008): Deutsche Außenpolitik 1871–1918 (Enzyklopädie deutscher Geschichte). München: R. Oldemburg Verlag. ISBN 978-3-4865-8698-5, pp. 35–38.
  48. Bartholomäus Grill: Kolonialgeschichte: Gewisse Ungewissheiten, en: Der Spiegel, 11 de xuño de 2016.
  49. Sebastian Conrad (2012): Deutsche Kolonialgeschichte. München: Beck. ISBN 978-3-4065-6248-8, p. 53.
  50. Gründer, Horst 2004, p. 241.
  51. Hans Georg Steltzer (1984): Die Deutschen und ihr Kolonialreich. Frankfurt am Main: Societäts-Verlag. ISBN 978-3-7973-0416-2, p. 281.
  52. Wilfried Westphal (1992): Geschichte der deutschen Kolonien. Berlin: Gondrom. ISBN 978-3-8112-0905-3, pp. 262–265, 287–288.
  53. Jacques Attali (1986): Siegmund G. Warburg. Das Leben eine großen Bankiers. München: Econ. ISBN 978-3-4301-1082-2, p. 95.
  54. Rolf Peter Tschapek (2000): Bausteine eines zukünftigen deutschen Mittelafrika: Deutscher Imperialismus und die portugiesischen Kolonien, Deutsches Interesse an den südafrikanischen Kolonien Portugals vom ausgehenden 19. Jahrhundert bis zum Ersten Weltkrieg. Stuttgart: Franz Steiner Verlag. ISBN 978-3-5150-7592-3, pp. 15 e 209.
  55. Rolf Peter Tschapek (2000): Bausteine eines zukünftigen deutschen Mittelafrika: Deutscher Imperialismus und die portugiesischen Kolonien, Deutsches Interesse an den südafrikanischen Kolonien Portugals vom ausgehenden 19. Jahrhundert bis zum Ersten Weltkrieg. Stuttgart: Franz Steiner Verlag. ISBN 978-3-5150-7592-3, pp. 323 e 443.
  56. Skinner, Stacke & Fitz 1922, p. 6.
  57. Wilfried Westphal (1992): Geschichte der deutschen Kolonien. Berlin: Gondrom. ISBN 978-3-8112-0905-3, p. 306.
  58. Daniel M. Segesser (2014): Der Erste Weltkrieg in globaler Perspektive. 4ª ed. Wiesbaden: Marix Verlag. ISBN 978-3-8653-9953-3, p. 143.
  59. Guido Knopp (2011): Das Weltreich der Deutschen. München/Zürich: Piper Taschenbuch. ISBN 978-3-4922-6489-1, p. 213.
  60. 60,0 60,1 60,2 60,3 60,4 "Statistische Angaben zu den deutschen Kolonien". www.dhm.de (en alemán). Deutsches Historisches Museum. Consultado o 27 de xullo de 2019. Sofern nicht anders vermerkt, beziehen sich alle Angaben auf das Jahr 1912. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Althammer, Beate (1964): Das Bismarckreich 1871-1890. Paderborn/München/ Wien /Zürich: Verlag Ferdinand Schöningh GmbH. ISBN 978-3-5067-6354-9.
  • Conrad, Sebastian (2008): Deutsche Kolonialgeschichte. München: Beck. ISBN 978-3-4065-6248-8.
  • Graudenz, Karlheinz & Hanns-Michael Schindler (1994): Die deutschen Kolonien. Augsburg: Weltbildverlag. ISBN 3-8935-0701-9.
  • Gründer, Horst (2004): Geschichte der deutschen Kolonien. 5ª ed. Stuttgart: Utb Gmbh. ISBN 978-3-8252-1332-9.
  • Gründer, Horst & Hermann Joseph Hiery, eds. (2017): Die Deutschen und ihre Kolonien – Ein Überblick. Berlin: be.bra Verlag. ISBN 978-3-8980-9137-4.
  • Gründer, Horst (2012): Geschichte der deutschen Kolonien. 6 überarbeitete und erweiterte Auflage. Paderborn: Schöningh. ISBN 978-3-8252-3639-7.
  • Hermann, Joseph Hiery, ed. (2002): Die deutsche Südsee 1884–1914. Ein Handbuch. 2., durchgesehene und verbesserte Auflage. Paderborn: Ferdinand Schöningh. ISBN 3-5067-3912-3.
  • Hermann, Joseph Hiery, ed. (2005): Bilder aus der deutschen Südsee: Fotografien 1884–1921. Paderborn: Ferdinand Schöningh. ISBN 978-3-5067-0112-1.
  • Höpker, Thomas & Jürgen Petschull (1986): Der Wahn vom Weltreich. Die Geschichte der deutschen Kolonien. Herrsching: Manfred Pawlak Verlag. ISBN 3-8819-9315-0.
  • Kundrus, Birthe, ed. (2003): Phantasiereiche. Zur Kulturgeschichte des deutschen Kolonialismus. Frankfurt am Main/New York: Campus. ISBN 978-3-5933-7232-7.
  • Kundrus, Birthe (2003): Moderne Imperialisten. Das Kaiserreich im Spiegel seiner Kolonien. Köln/Weimar/Wien: Böhlau Verlag. ISBN 978-3-4121-8702-6.
  • Kuß, Susanne (2004): Deutsches Militär auf kolonialen Kriegsschauplätzen. Eskalation von Gewalt zu Beginn des 20. Jahrhunderts. Berlin: Ch. Links. ISBN 978-3-8615-3603-1.
  • Längin, Bernd G. (2004): Die deutschen Kolonien – Schauplätze und Schicksale 1884–1918. Hamburg/Berlin/Bonn: Mittler. ISBN 978-3-8132-0821-4.
  • Möhle, Heiko, ed (1999): Branntwein, Bibeln und Bananen. Der deutsche Kolonialismus in Afrika. Hamburg: Assoziation. ISBN 3-9226-1172-9.
  • Nagl, Dominik (2007): Grenzfälle. Staatsangehörigkeit, Rassismus und nationale Identität unter deutscher Kolonialherrschaft. Frankfurt am Main: Peter Lang. ISBN 978-3-6315-6458-5.
  • Nuhn, Walter (2002): Kolonialpolitik und Marine. Die Rolle der Kaiserlichen Marine bei der Gründung und Sicherung des deutschen Kolonialreiches 1884–1914. Bonn: Bernard & Graefe. ISBN 3-7637-6241-8.
  • Pogge von Strandmann,Hartmut (2009): Imperialismus vom Grünen Tisch. Deutsche Kolonialpolitik zwischen wirtschaftlicher Ausbeutung und "zivilisatorischen" Bemühungen. Berlin: Ch. Links. ISBN 978-3-8615-3501-0.
  • Schinzinger, Francesca (1984): Die Kolonien und das Deutsche Reich. Die wirtschaftliche Bedeutung der deutschen Besitzungen in Übersee. Stuttgart: Franz Steiner. ISBN 978-3-5150-4201-7.
  • Skinner, H. T.; Stacke, H. & Fitz M. (1922): History of the Great War Based on Official Documents by Direction of the Historical Section of the Committee of Imperial Defence. Principal Events 1914–1918. London: HMSO. Consultado o 3 de setembro de 2019.
  • Speitkamp, Winfried (2005): Deutsche Kolonialgeschichte. Stuttgart: Reclam. ISBN 3-1501-7047-8.
  • SteltzerHans Georg (1984): Die Deutschen und ihr Kolonialreich. Frankfurt am Main: Societäts-Verlag. ISBN 3-7973-0416-1.
  • Strizek, Helmut (2006): Geschenkte Kolonien. Ruanda und Burundi unter deutscher Herrschaft. Berlin: Ch. Links. ISBN 978-3-7632-5849-9.
  • van der Heyden, Ulrich & Joachim Zeller, eds. (2005): Macht und Anteil an der Weltherrschaft. Berlin und der deutsche Kolonialismus. Münster: Unrast-Verlag. ISBN 3-8977-1024-2.
  • van der Heyden, Ulrich, ed. (1995): Studien zur Geschichte des deutschen Kolonialismus in Afrika. Festschrift zum 60. Geburtstag von Peter Sebald. Pfaffenweiler: Centaurus-Verlagsgesellchaft. ISBN 978-3-8908-5939-2.
  • Wagner, Norbert Berthold (2002): Die deutschen Schutzgebiete. Erwerb, Organisation und Verlust aus juristischer Sicht. Baden-Baden: Nomos. ISBN 3-7890-8033-0.
  • Wehler, Hans-Ulrich (1984): Bismarck und der Imperialismus. Berlin: Suhrkamp Verlag. ISBN 978-3-5185-7689-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]