Franxa de Caprivi
Coordenadas: 17°52′12″S 23°1′48″L / -17.87000, -23.03000

A Franxa de Caprivi (en inglés Caprivi Strip; en alemán Caprivizipfel) é un estreito corredor terrestre en forma de mango de tixola de cerca de 450 km de lonxitude e largura media de 30 km,[1] situado no nordeste de Namibia e que permite unir a Rexión de Caprivi co resto do territorio namibio.
Denomínase así na honra do conde Leo von Caprivi de Caprera de Montecuccoli, chanceler do Imperio alemán entre 1890 e 1894.[2]
Historia[editar | editar a fonte]
Antecedentes[editar | editar a fonte]

A Faixa de Caprivi creouse polo Tratado de Helgoland-Zanzíbar asinado o 1 de xullo de 1890 entre o Imperio alemán e o Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda. O tratado permitía á colonia alemá da África Suroccidental Alemá (Deutsch-Südwestafrika), como entón era chamada Namibia, o acceso a un dos grandes ríos africanos, o Zambeze e, consecuentemente, ao océano Índico, onde se encontraba a outra colonia alemá, a da África Oriental Alemá (Deutsch-Ostafrika), hoxe a parte continental de Tanzania. Aínda que máis tarde, o río demostrou ser unha ruta inaccesíbel para o océano Índico, debido a que non é navegábel debido ás cataratas Victoria.[3]
Este tratado tamén incluía unha cláusala pola que se cedía a Alemaña a illa de Helgoland, no mar do Norte.[4]
No século XX[editar | editar a fonte]
A partir de 1972, a Franxa de Caprivi foomou parte do bantustán de Kavangoland e, en 1990, logo da independencia de Namibia, foi incluída en dúas das novas rexións de Kavango do Leste, ao oeste, e Zambeze, ao leste.
Durante a Guerra Civil de Rodesia do Sur (1970–1979) durante as operacións do Congreso Nacional Africano contra o goberno do apartheid en África do Sur (1965–1994), a rexion de Caprivi foi utilizada por diversos grupos armados.
Conflito de Caprivi[editar | editar a fonte]
O conflito de Caprivi foi un conflito armado en Namibia entre o Exército de Liberación de Caprivi (ELC), un grupo rebelde que pretendía secesión da Franxa de Caprivi, e o goberno namibio. A súa principal acción ocorreu o 2 de agosto de 1999, cando o ELC lanzou un ataque en Katima Mulilo, ocupando a estación da radio estatal e atacando unha comisaría de policía, un posto fronteirizo en Wanella e unha base do exército.
As forzas armadas do goberno impediron a tentativa de secesión en poucos días.[5]
Importancia[editar | editar a fonte]
A zona é rica en minerais, flora e fauna numerosa e variada, que inclúe grandes mamíferos, como elefantes, hienas, búfalos, antílopes e leopardos.[6]
Nela sitúase o Parque nacional Nkasa Rupara, a maior extensión pantanosa protexida do país.[6]
O acceso ao río Zambeze confírelle potencial para o establecemento de rutas comerciais até a África austral, pero as dificultades que impón o río, os rápidos e as cataratas, ademais da inestabilidade política, adiou o desenvolvemento económico e comercial da rexión.
Imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Caprivi Strip en wiki2.org.
- ↑ Calleo, D. (1980). The German Problem Reconsidered:Germany and the World Order 1870 to the Present. Cambridge University Press. p. 19. ISBN 978-0-5212-9966-4. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ Frank Jacobs (5 de decembro de 2011). "A Few Salient Points". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ Perras, Arne (2004). Carl Peters and German Imperialism 1856-1918: A Political Biography. Clarendon Press. pp. 168–179. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ "Civil supremacy of the military in Namibia: A retrospective case study". NamibWeb. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 Adm. do Goberno (2013). "Mamili (Nkasa Lupala) National Park" (PDF). Ministry of Environment and Tourism of Namibia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de outubro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Caprivi Strip en wiki2.org (en inglés).