Illas Chatham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIllas Chatham
Chatham Islands (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aHMS Chatham (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 44°00′S 176°30′O / -44, -176.5Coordenadas: 44°00′S 176°30′O / -44, -176.5
Distrito (pt) TraducirChatham Islands Territory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalWaitangi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación730 Editar o valor em Wikidata (0,76 hab./km²)
Xeografía
Superficie966 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor em Wikidata
Altitude116 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2NZ-CIT Editar o valor em Wikidata

O arquipélago das illas Chatham ("Rekohu" na lingua moriori), abrangue 10 illas nun radio de 40 km. Pertencen a Nova Zelandia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O arquipélago atópase situado 800 km ao leste da cidade neozelandesa de Christchurch. As illas pertencen oficialmente a Nova Zelandia desde 1842. A superficie total das illas é de 996 km², case toda localízase nas dúas illas maiores, Chatham e Pitt. Estas illas principais son as únicas habitadas, e as illas menores teñen, en gran parte, reservas que posúen un acceso restrinxido ou prohibido.

As illas son:

A maioría destas terras están cubertas por felgos e pastos, aínda que hai algunhas áreas de bosques. O terreo é accidentado, máis na illa Pitt, onde se localiza o punto máis alto a 290 m.

A illa principal desta cadea ten numerosos lagos e lagoas, sendo a maior, a lagoa Te Whanga. Outros lagos da illa Chatham son o Huro e o Rangitahi, e entre os regatos están o Te Awainanga e o Tuku.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes destas illas pertencían a tribos inmigrantes da Polinesia, que se estableceron arredor do ano 1000 ddC., e deste illamento xurdiu o pobo moriori. A orixe exacta desta xente permanece como tema de varias discusións. Algúns postulan que viñeron directamente das illas da Polinesia localizadas máis ao norte, mais na actualidade a crenza xeneralizada é que os maorís teñen a súa orixe en Nova Zelandia[1]. Este debate ten un matiz político, xa que os actuais habitantes maorís, descendentes daqueles que invadiron e conquistaron o arquipélago en 1832, reclaman un acceso aos dereitos ancestrais maorís. Un extenso informe deses reclamos, Rekohu, foi publicado polo Tribunal Waitangi.

A poboación moriori das illas chega a 2000 habitantes. Viven como cazadores e recolectores, obtendo o seu alimento do mar e da flora nativa. Esta sociedade viviu pacificamente, con pequenas organizacións, mais mantenendo unha poboación estábel mediante a castración dunha certa porcentaxe dos nenos varóns.

O nome da illa Chatham provén do barco HMS "Chatham", cuxo capitán William R. Broughton desembarcou o 29 de novembro de 1791 e reclamou posesión para a Gran Bretaña. Os cazadores de focas e de baleas fixeron axiña destas illas un centro das súas actividades. A pesca continúa contribuíndo significativamente na economía, aínda que as industrias relacionadas coas focas e baleas cesaron as súas actividades arredor do 1861.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Origins of the Moriori people Te Ara. The Encyclopedia of New Zealand