Saltar ao contido

Imperio colonial francés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imperio colonial francés
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Subclase de
 Himno
Características
 Lingua oficial
 Moeda
Datas
 Fundación / creación
1534 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1980 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Localización
 País
 Capital
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/01frh0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX480965
Wikidata G:Commons C:Commons
As áreas en cor azul formaron parte do imperio colonial francés nalgún momento da súa historia.

O Imperio colonial francés foi o conxunto das colonias de ultramar, protectorados e territorios baixo mandato e dominio de Francia. Francia tivo posesións coloniais, en varias formas, dende comezos do século XVII ata os anos 60. Entre 1919 e 1939, na súa cúspide, o segundo imperio colonial francés estendíase por máis de 13 500 000 km² de terra, incluíndo a Francia metropolitana.

O que queda hoxe en día deste grande imperio son centos de illas e arquipélagos localizados no Atlántico norte, no Caribe, no océano Índico, no Pacífico (no sur e no norte) e no Océano Antártico, así como tamén un territorio continental en América do Sur, a Güiana Francesa, que, sumada ó anteriormente mencionado, dá 123.150 km², o que se traduce en só o 1% da área do imperio colonial francés anterior a 1939, con 2 800 000 persoas vivindo neses territorios en 2020. Todas estas gozan de representación política total a nivel nacional, así coma tamén varían os graos de autonomía lexislativa e forman parte da rexión ultraperiférica da Unión Europea.

A maior parte do imperio estivo controlada polas Forzas Coloniais Francesas.