Walvis Bay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWalvis Bay
Walvisbaai (af) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 22°56′58″S 14°30′25″L / -22.9494, 14.5069Coordenadas: 22°56′58″S 14°30′25″L / -22.9494, 14.5069
EstadoNamibia
RexiónErongo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación85.000 (2011) Editar o valor em Wikidata (75,62 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.124.000.000 m² Editar o valor em Wikidata
Altitude6 m Editar o valor em Wikidata
Creación1840 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoUilika Nambahu (en) Traducir (2012–2015) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal5017 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico64 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Kristiansand (pt) Traducir
Ndola (pt) Traducir (2007–)
Wenzhou (2008–)
Stenungsund (pt) Traducir (2009–)
Drakenstein Local Municipality (en) Traducir (2010–)
Lobatse (pt) Traducir (2011–) Editar o valor em Wikidata
Sitio Ramsar
Identificador742

Sitio webwalvisbaycc.org.na Editar o valor em Wikidata
Imaxe de Walvis Bay tirada polo satélite Landsat 7 da NASA.

Walvis Bay (do afrikaans Walvisbaai, que significa "Baía das Baleas") é unha importante cidade portuaria de Namibia.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Descubrimento e ocupación[editar | editar a fonte]

En 1485, o navegante portugués Diogo Cão chegou ao que chamou Cabo da Cruz, 160 km ao norte de Walvis Bay.[2] Foi seguido por Bartolomeu Dias, quen, o 8 de decembro de 1487, ancorou o barco Almirante São Cristóvão na baía, que nomeou como Golfo de Santa Maria da Conceição.[3] A pesar destas visitas, e dada a aridez da rexión, esta non foi reclamada pola coroa portuguesa.[4]

A pesar da súa importancia estratéxica para a navegación e a pesca, non foi até xaneiro de 1793 cando a rexión foi reivindicada por unha potencia europea, os Países Baixos. Pero a administración neerlandesa durou menos de cen anos

Dominio inglés e conferencia de Berlín[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Conferencia de Berlín.

En 1815, coa anexión da Colonia do Cabo neerlandesa polos británicos, que pasou a ser unha colonia británica. Durante o repartimento de África, o Imperio británico ocupou Walvis Bay cunha pequena área que rodeaba o porto. Permitiron que a Colonia do Cabo completase a anexión do territorio en 1884, seguindo os primeiros pasos realizados o 12 de marzo de 1878.[5][6]

Namibia converteuse nunha colonia alemá en 1884, coñecida como o África do Suroeste alemá (Deutsch-Südwestafrika) baixo Otto von Bismarck que, para o seu entendemento cos británicos, convocou a Conferencia de Berlín en 1885 para o repartimento de África. Alemaña comezou a administrar este territorio africano, pero a rexión portuaria quedou en mans dos ingleses, segundo o establecido na Conferencia.[7]

En 1910, Walvis Bay, como parte da Provincia do Cabo, pertencía á recentemente nada Unión Surafricana.[8] Posteriormente xurdiu unha disputa con Alemaña polos límites do exclave, que finalmente se resolveu en 1911, deixando oficialmente o territorio de Walvis Bay cunha superficie de 1 124 km² en poder da Suráfrica.[9]

A comezos da Primeira guerra mundial, o enclave foi invadido polos alemáns, durante a chamada Campaña do Suroeste de África, mais foron derrotados pola Union Defence Force (en galego, a Forza de Defensa da Unión, UDF).[10] Pouco tempo despois, Walvis Bay integrouse rapidamente no novo réxime de lei marcial no suroeste de África.

Anexión a Namibia[editar | editar a fonte]

Suráfrica, dominio británico, ocupou Namibia durante a primeira guerra mundial e, despois do tratado de Versalles, administrou o país como un mandato da Sociedade de Nacións até a segunda guerra mundial, momento no que as autoridades surafricanas anexionaron unilateralmente o territorio. En 1966 a Organización do Pobo de África do Suroeste (en inglés South-West African People's Organization, -SWAPO-), de inspiración marxista, iniciou unha guerrilla independentista contra as forzas surafricanas, e no mesmo ano a Organización das Nacións Unidas revogou o mandato que a Sociedade de Nacións outorgara a Suráfrica para administrala. No ano 1988, a República Surafricana decidiu pór fin ao seu control aceptando un plan de paz da ONU, que conduciu á plena independencia de Namibia en 1990. A rexión de Walvis Bay permaneceu baixo control surafricano como enclave, pero finalmente foi cedido a Namibia en 1994.[11][12]

O acordo de cesión foi asinado oficialmente polo goberno de Nelson Mandela, pasando ao dominio namibio o 29 de febreiro de 1994, xuntamente coas illas dos Pinguíns.[13]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Walvis Bay albergaba no ano 2011 a 85 000 habitantes, nunha superficie de 210 km², polo que nese ano a súa densidade de poboación era de 320 hab./km². É a terceira cidade máis grande do país e, de lonxe, a máis densamente poboada.[Cómpre referencia]

Clima[editar | editar a fonte]

Walvis Bay presenta unha rara variación temperada do clima desértico (BWn na clasificación climática de Köppen). Recibe unha media aproximadamente de 10 mm anuais de precipitacións, o cal a fai unha das cidades máis secas do planeta. A pesar de que posúe un clima árido, as temperaturas adoitan seren moi moderadas debido principalmente ás frías correntes costeiras próximas á cidade.

Datos climáticos para Walvis Bay, Namibia
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 25,3 26,4 34,5 25,0 26,0 32,5 32,9 33,4 31,3 27,5 28,3 25,5 34,5
Media máxima en °C 20,0 20,3 19,6 18,6 19,0 18,8 17,8 16,4 15,8 16,6 17,7 19,0 18,3
Media diaria en °C 17,6 17,9 17,2 15,7 15,6 15,2 14,1 13,2 13,2 14,0 15,3 16,6 15,47
Media mínima en °C 15,2 15,5 14,7 12,9 12,1 11,4 10,3 10,1 10,7 11,5 12,9 14,2 12,62
Temperatura mínima en °C 10,5 9,2 10,5 8,5 7,0 5,0 3,4 4,4 6,1 5,0 8,5 9,6 3,4
Precipitación media mm 1,0 2,0 5,0 1,0 1,0 2,0 0,0 0,2 0,1 0,1 0,7 0,1 13,2
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) 0,6 0,8 1,1 0,5 0,4 0,5 0,0 0,4 0,5 0,4 0,6 0,4 6,2
Humidade relativa media (%) 87 87 89 89 86 81 82 86 89 88 88 88 86,7
Media de horas de sol mensuais 232 189 211 237 251 231 236 220 189 226 210 214 2 646
Fonte #1: Deutscher Wetterdienst[14]
Fonte #2: Danish Meteorological Institute[15]

Política[editar | editar a fonte]

Walvis Bay está rexida por un Consello Municipal que, en novembro de 2015 contaba con dez escanos.[16]

Nas eleccións locais e rexionais de Namibia de 2015 foron gañadas en Walvis Bay polo partido SWAPO, que obtivo oito escanos (5 818 votos). Un escano foi gañado pola Alianza Democrática Turnhalle (DTA, 565 votos) e outro pola Fronte Democrática Unida (UDF, 433 votos).[17]

Transportes[editar | editar a fonte]

Walvis Bay é un importante porto loxístico para toda a rexión do sur de África, que ten instalacións portuarias para a importación e exportación de carga para o resto de Namibia, Zambia, República Democrática do Congo e Botsuana. Desde que se estableceu o Grupo Walvis Bay Corridor (WBCG) no ano 2000, a carga que se move a través do porto aumentou de 30 000 contedores intgermodais a 370 000 contedores en 2016. A partir de 2017, o porto está renovándose para aumentar a súa capacidade, para mover 1 millón de contedores ao ano en 2019. Problemas burocráticos e loxísticos no porto da cidade competidora de Durban (Suráfrica) desviaron o tráfico cara ao porto de Walvis Bay. O 95 % de toda a carga transportada por terra a través de Walvis Bay é transportada en camións.[18]

Terminal de contedores[editar | editar a fonte]

En agosto de 2019 abriuse unha nova terminal de contedores, construída nunha plataforma de 40 acres (uns 161 880 m2) en terreos gañados ao mar. A terminal foi construída pola compañía estatal de chinesa Harbour Engineering Company con fondos do goberno de Namibia e do Banco Africano de Desenvolvemento, cun investimento de 2 200 millóns de rands. Isto aumenta a capacidade do porto até os 750 000 contedores ao ano contra os 350 000 anteriores. O terminal tamén inclúe un molle dedicado a atraque de cruceiros.[19]

Economía[editar | editar a fonte]

Presca[editar | editar a fonte]

En Walvis Bay hai diferentes empresas pesqueiras como Hangana Seafood, Caroline Fishing, Benguella Fishing Company, Cadilu Fishing, Etosha Fisheries, Kuiseb Fishing Fishing Enterprises, Blue Ocean Products, Benguella Sea Products, Consortium Fisheries, Talanam Fish Processor ou NovaNam. Estas compañías capturan diferentes especies de peixes como o "snoek" (Thyrsites atun), un xempílido, o "Cape horse mackerel" (Trachurus capensis), un caránguido, "Southern African anchovy" (unha anchoveta, Engraulis capensis), a "white steenbras" (Lithognathus lithognathus, unha especie de palometa), o "kingklip" (Genypterus capensisun), un ofidíido con aparencia de congro, a "Benguela hake" (Merluccius poli), a pescada de Benguela, varias especies de "catfish" (siluriformes), de escómbridos e de sardiñas. As empresas pesqueiras representan unha parte importante da economía de Walvis Bay.

Cómpre sinalar que a empresa NovaNam é unha filial namibiana da multinacional galega Nueva Pescanova, establecida no país desde hai 27 anos (primeiro, como Pescanova), de importancia na pesca de lagosta e pescada, das que a maior parte se destinan á exportación, sendo España un dos principais destinos das súas exportacións pesqueiras. NovaNam conta con dúas plantas de procesado en Namibia, a máis pequena, NovaNam-Walvis Bay, está localizada en Walvis Bay, onde a empresa conta con 300 operarios.[20] A principal, NovanNam-Lüderitz, está radicada en Lüderitz,[21] onde traballan 1 800 operarios dedicados a elaboración dos produtos capturados pola frota pesqueira que a compañía posúe no país.[20]

En maio de 2018, un voceiro da Corporación Nacional de Pesca de Namibia (National Fishing Corporation of Namibia, Fishcor) confirmou que unha nova planta de procesamento onshore de 305 millóns de dólares namibianos estaría operativa antes de setembro dese ano. Despois da conclusión, a fábrica (que prevé empregar a 700 persoas das que o 70 % serán mulleres), promete ser a maior planta de procesamento de peixes peláxicos da África subsahariana, e procesará unhas 80 000 toneladas de peixe ao ano.[22]

Manufacturas[editar | editar a fonte]

En marzo de 2018, o goberno de Namibia en asociación co Grupo francés PSA Peugeot Citroën asinou un acordo de investimento para instalar unha empresa conxunta para montar vehículos Opel e Peugeot en Walvis Bay.[23] O proxecto custará 190 millóns de N$.[24] Comezado en 2018, prevé alcanzar 5 000 unidades en 2020, para satisfacer a demanda de dos países da Union Aduaneira da África Austral (UAAA) (en iglés, SACU), que engloba á República Surafricana, Botsuana, Lesoto e Eswatini, ademais de Namibia.[25]

Educación[editar | editar a fonte]

Walvis Bay ten varias escolas públicas (administradas polo goberno), semipúblicas e privadas. Entre elas están Duneside High School, Duinesig Primary School, International School of Walvis Bay, The Dolphin Schools, Alexanders Private School, Kuisebmond Secondary School, Walvis Bay Private High School e outras. Unha serie de xardíns de infancia atenden aos nenos pequenos.

O Namibian Maritime and Fisheries Institute (NAMFI) é unha institución de educación terciaria con sede na cidade.[26] A International University of Management (IUM) e o Monitronics Success College teñen delegacións en Walvis Bay.

Lugares de culto[editar | editar a fonte]

Walvis Bay Church

Os lugares de culto son predominantemente igrexas e templos cristiáns:[27]

Tamén hai unha mesquita musulmá.

Deportes[editar | editar a fonte]

Walvis Bay contén espazos abertos, beleza escénica e vida mariña e vexetal única. É moi axeitado para o estilo de vida ao aire libre, facendo deportes como sandboard, patinaxe, surf, natación, pesca, vela, golf e outros deportes en locais interiores e no exterior. Na Walvis Bay Lagoon and Aquatic Activities, no Kuiseb River Delta e na praia en si, a xente goza de nadar e capturar peixes.

A praia de area de 2 km permite que a auga adxacente permaneza suave conn ventos moi fortes, ideal para barcos que intenten un rexistro como na Vestas Sailrocket.[28] Este lugar do océano ten un spot de surf de fama mundial coñecido nos medios internacionais deste deporte como "Skeleton Bay".[29]

A cidade é a sede do Eleven Arrows F.C. e do Blue Waters F.C., clubs de fútbol que compiten na Namibia Premier League, e máis do Sparta Cricket Club Ground.[30]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Walvis Bay está irmandada con:

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adm. de Walvis Bay (2011): "Welcome to Walvis Bay" Arquivado 13 de setembro de 2009 en Wayback Machine.. Portal oficial da municipalidade de Walvis Bay. Consultado o 8 de agosto de 2019.
  2. Bailey W. Diffie & George D. Winius (1977). Foundations of the Portuguese Empire, 1415–1580. Minneapolis, Minnesota, USA: University of Minnesota Press. pp. 156. ISBN 0-8166-0782-6. 
  3. Fontoura Costa 1935, p. 31
  4. "Walvis Bay". davidgrant.org (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2024. 
  5. Britannica. Walvis Bay, britannica.com, USA, consultada o 8 de agosto de 2019.
  6. Succession of States and Namibian territories[Ligazón morta], Y. Makonnen in Recueil Des Cours, 1986: Collected Courses of the Hague Academy of International Law, Academie de Droit International de la Haye, Martinus Nijhoff Publishers, 1987, page 213
  7. "German South West Africa". Encyclopædia Britannica. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  8. Parliament, South Africa (1993). Debates of Parliament: Hansard (en inglés). Government Printer. 
  9. Griffiths, Ieuan (1994). "Walvis Bay: exclave no more". Geography 79 (4): 354–357. ISSN 0016-7487. 
  10. Killingray (2012), p. 119
  11. John Carlin: Pretoria to quit Walvis Bay: Multi-party body's policy breakthrough[Ligazón morta], The Independent, 17 de agosto de 1993.
  12. "Treaty between the Government of the Republic of South Africa and the Government of the Republic of Namibia with respect to Walvis Bay and the off-shore Islands, 28 de febreiro de 1994" (PDF). un.org. Consultado o 8 de agosto de 2019.
  13. Adm. da ONU (18 de marzo de 2002). "Treaty between the Government of the Republic of South Africa and the Government of the Republic of Namibia with respect to Walvis Bay and the off-shore Islands" (PDF). Organizacióno das Nacións Unidas (ONU). Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  14. "Klimatafel von Pelican Point / Walfisch-Bucht / Namibia" (PDF). Federal Ministry of Transport and Digital Infrastructure. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  15. "STATIONSNUMMER 68104" (PDF). Ministry of Energy, Utilities and Climate. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  16. "Know Your Local Authority". Election Watch (3) (Institute for Public Policy Research). 2015. p. 4. 
  17. "Local elections results" (PDF). Electoral Commission of Namibia. 28 de novembro de 2015. p. 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de decembro de 2015. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  18. Dall, Nick (6 September 2017). "Is This Country the New Commercial Gateway to Southern Africa?". OZY (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  19. AFP. "Namibia inaugurates R4.2bn Chinese-built port terminal". The Citizen (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  20. 20,0 20,1 Un libro recoge el papel de NovaNam, filial del Grupo Nueva Pescanova, en el desarrollo de la industria pesquera en Namibia.
  21. NovaNam, filial del grupo Nueva Pescanova en Namibia, cumple 27 años de historia
  22. "Fishcor’s N$530 million factory ready by September" Arquivado 17 de xullo de 2018 en Wayback Machine.. New Era, 14 de maio de 2018.
  23. Opel, Peugeot to open auto plant in remote Walvis Bay.
  24. N$190m Peugeot assembly plant for Nam.
  25. About SACU.
  26. "About us". Namibian Maritime and Fisheries Institute. 2008. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2019. Consultado o 08 de agosto de 2019. 
  27. J. Gordon Melton, Martin Baumann, ‘‘Religions of the World: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and Practices’’, ABC-CLIO, USA, 2010, p. 2012-2013
  28. "The Speedspot" Arquivado 08 de marzo de 2018 en Wayback Machine.. Vestas Sailrocket. Walvis Bay Yacht Club.
  29. The World’s Seven Longest Waves Arquivado 01 de maio de 2016 en Wayback Machine., Surf Europe, 21 de xullo de 2015.
  30. "Sparta Cricket Club Ground". Cricket Archive. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  31. Walvis strengthens ties with Drakenstein and Lobatse Arquivado 06 de xuño de 2012 en Wayback Machine., Adam Hartman, The Namibian, 8 de novembro de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]