Confederación Xermánica
Deutscher Bund Confederación Xermánica | |||||
| |||||
| |||||
A Confederación Xermánica en 1820. Os dous poderes maiores, o Imperio Austríaco (amarelo) e o Reino de Prusia (azul), non estaban totalmente were not totally pechados polas fronteiras da confederación (vermello). | |||||
Capital | Frankfurt | ||||
Linguas | |||||
Goberno | Confederación | ||||
Historia | |||||
• Establecido | 1815 | ||||
• Disolución | 1866 | ||||
A Confederación Xermánica ou Confederación Alemá (en alemán, Deutscher Bund) foi unha unión estabelecida en 1815 polo Congreso de Viena que agrupou 39 estados alemáns nunha confederación de estados soberanos baixo a presidencia da Casa de Austria. Sucedeu a Confederación do Rin, creada en 1806 por Napoleón I en substitución do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Funcionamento[editar | editar a fonte]
Creada para manter a seguridade dos múltiples pequenos estados do desaparecido Sacro Imperio Romano Xermánico, a Confederación non supuña ningunha concesión ao crecente nacionalismo alemán, por non ser este do agrado de Viena. A Dieta, que non era un parlamento de representantes elixidos polo pobo senón un congreso de legados con sede en Frankfurt, foi a súa única entidade central, aínda que en 1834 estabeleceuse a Unión Aduaneira de Alemaña (Zollverein) e, con iso, creouse un mercado interno unitario para a meirande parte de estados.
A Revolución de 1848 tivo gran resonancia en Alemaña. En marzo producíronse en todos os Estados da Confederación alzamentos populares que obrigaron aos príncipes a facer concesións, que levaron ao rexurdimento dos primeiros parlamentos verdadeiramente representativos. A Confederación só funcionaba cando coincidían as posicións de Austria e Prusia, cuxa confrontación finalmente conduciu á Guerra das Sete Semanas. Tras o triunfo prusiano, a Confederación Xermánica quedou disolta e foi substituída no ano 1867 pola Federación Alemá do Norte, dominada por Prusia, que serviu de preámbulo ao gran Imperio Alemán.
Estados membros[editar | editar a fonte]
|
|
Legado territorial[editar | editar a fonte]
Os actuais estados cuxo territorio formou parte da Confederación Xermánica (1815 - 1866), xa sexa enteiramente ou unha parte deles son:
Alemaña (tódolos estados)
Austria (tódolos estados excepto Burgenland)
Luxemburgo (todo o territorio)
Liechtenstein (todo o territorio)
Países Baixos (a provincia de Limburgo uniuse á Confederación despois de 1839)
Chequia (todo o territorio)
Eslovenia (excepto Prekmurje e os concellos de Koper, Izola e Piran)
Polonia (as rexións de Pomerania Occidental, Lebus, Baixa Silesia, Opole e parte de Silesia).
Bélxica (A Comunidade Xermanófona e algún outro territorio do leste da provincia de Liexa); a provincia máis grande de Luxemburgo abandonou a confederación na súa adhesión a Bélxica en 1839.
Italia (a rexión autónoma de Trentino-Tirol do Sur, a Provincia de Trieste, a maioría da Provincia de Gorizia excepto o enclave de Monfalcone, e as municipalidades de Tarvisio, Malborghetto Valbruna, Pontebba, Aquileia, Fiumicello e Cervignano na Provincia de Udine)
Croacia (o territorio de Pazin no Condado de Istria e a franxa costeira entre Opatija e Plomin na rexión de Liburnia)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Confederación Xermánica |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- A Acta da Confederación Xermánica de Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.