Saltar ao contido

Lüderitz

Lüderitz
 Nome oficial
Lüderitz (en)  
Lüderitz (de)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Texto lema
Challenge, Innovation, Prosperity Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
12 de maio de 1883
1883 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
16.156 (2023)
12.537 (2011) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   15,3 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
6 m
5,7 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF153630055 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01_qn1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Lüderitz é unha cidade portuaria de Namibia, situada na rexión de Karas, a máis meridional do país.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O municipio ocupa unha superficie de 112,9 km². No ano 2011 tiña 12 537 habitantes, cunha densidade de poboación de 162,44 hab./km².

Ten un clima semidesértico, con fortes diferenzas entre as temperaturas (máxima anual media, 37,5 °C, e mínima anual media de 0,2 °C) e escaseza de precipitacións, cunha media anual de 17 mm.[1]

A cidade foi fundada o 12 de maio de 1883 polo comerciante bremés Adolf Lüderitz, despois da compra da Angra Pequena e os seus arredores a un xefe local nama.

A cidade comezu como unha factoría con actividade pesqueira e de recolección de guano. Foi a cidade principal da Compañía Colonial da África do Suroeste Alemá.

En 1909, tras o descubrimento de diamantes na zona, Lüderitz converteuse nunha cidade próspera. Na actualidade a extracción de diamantes eé escasa, pero segue sendo importante.

O seu porto é de augas pouco profundas, o que o fai inutilizábel para as naves modernas. Isto conduciu a que Walvis Bay se convertera no centro industrial marítimo de Namibia. Recentemente, porén, a construción dun molle novo permitiu que buques de pesca máis grandes atraquen en Lüderitz.

Economía

[editar | editar a fonte]

A actividade pesqueira é a principal fonte de ingresos da cidade. É importante a pesca de lagosta e pescada. A maior parte das capturas destínanse á exportación. España é un dos principais destinos das exportacións pesqueiras. A antiga empresa española Pescanova (e agora a súa sucesora Nueva Pescanova),[2] ten dúas plantas de procesado Namibia, a principal, NovanNam-Lüderitz, en Lüderitz,[3] onde traballan 1 800 operarios dedicados a elaboración dos produtos capturados pola frota pesqueira que a compañía posúe no país.[4] A outra, NovaNam-Walvis Bay, está localizada en Walvis Bay, onde a empresa ten 300 operarios.[4]

Antiga estación ferroviaria, hoxe en desuso.

O turismo cada vez se afianza máis como unha importante fonte de ingresos. Na cidade hai edificios coloridos da época colonial alemá, incluíndo algúns exemplos de Art Nouveau que recordan con nostalxia estar en Alemaña, pero co deserto de fondo. A cidade tamén foi redeseñada nun intento por atraer turistas á área, que inclúe unha zona ribeirá para tendas e oficinas.

Lüderitz conta adenais con construcións para a protección da vida salvaxe, incluíndo focas, pingüíns, flamengos e avestruces.

É tamén sede dun museo, nun edificio que antigamente era a cabeceira final da liña férrea a Keetmanshoop.

Nas aforas de Lüderitz xace o pobo fantasma de Kolmanskop. Este pobo, antigamente animado, está agora abandonado e en constante loita para non ser enterrado baixo as movedizas dunas das areas do deserto do Namib.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]