Saltar ao contido

New Haven, Connecticut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNew Haven, Connecticut
New Haven (en) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°18′30″N 72°55′30″O / 41.3083, -72.925
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoConnecticut
CondadoCondado de New Haven (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación134.023 (2020) Editar o valor en Wikidata (2.577,37 hab./km²)
Número de fogares49.051 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaGreater New Haven (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:864.835) Editar o valor en Wikidata
Superficie52 km² Editar o valor en Wikidata
Auga7,1845 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude18 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1638 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of New Haven, Connecticut (en) Traducir Editar o valor en WikidataJustin Elicker (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal06501–06540 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico203 e 475 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webnewhavenct.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5064107

New Haven é unha cidade costeira do estado estadounidense de Connecticut. Está situada en New Haven Harbor, na ribeira norte do Long Island Sound, no condado de New Haven, Connecticut, e é parte da área metropolitana de Nova York. Cunha poboación de 129 779 segundo o censo do ano 2010,[1] é a segunda cidade máis grande de Connecticut despois de Bridgeport. New Haven é o principal municipio do Gran New Haven, que tiña unha poboación total de 862 477 habitantes en 2010.[2]

New Haven foi a primeira cidade planeada nos Estados Unidos.[3][4] Fundada en 1638 por puritanos ingleses, un ano despois creáronse oito rúas nunha cuadrícula de catro por catro, creando o que é comunmente coñecido como o "Nine Square Plan".[5] O bloque central común é o New Haven Green, unha praza de 6 hectáreas, e o centro de New Haven. O Green é no presente un Fito Histórico Nacional e o "Nine Square Plan" está recoñecido pola American Planning Association como un Fito de Planificación Nacional.[6] O Green tamén serve como un hotspot gratuíto de WiFi.[7]

New Haven é o fogar da Universidade Yale. Como contribuínte e empregador máis grande de New Haven,[10] Yale serve como unha parte integral da economía da cidade. Os servizos sanitarios (hospitais e biotecnoloxía), servizos profesionais (xurídicos, arquitectónicos, de mercadotecnia e enxeñería), servizos financeiros e o comercio retallista contribúen á actividade económica da cidade.

A cidade foi co-capital de Connecticut dende 1701 ata 1873, cando o goberno foi trasladado á máis central cidade de Hartford. Dende entón New Haven considerouse como a "Capital cultural de Connecticut" pola súa oferta de teatros, museos e salas de concertos. The New York Times dixo que a cidade tiña "arte en case todos os lugares que mirase".[8] New Haven tivo o primeiro programa público de plantación de árbores nos Estados Unidos, producindo un dosel de árbores maduras (incluídos algúns grandes olmos) que lle deron á cidade o alcume de "The Elm City".[9]

Fundación precolonial como colonia independente

[editar | editar a fonte]

Antes de que os europeos chegasen, a área de New Haven era o fogar da tribo Quinnipiac de nativos americanos, que vivían en vilas ao redor do porto e subsistían das pesquerías locais e do cultivo de millo. A zona foi brevemente visitada polo explorador neerlandés Adriaen Block en 1614. Comerciantes neerlandeses estableceron un pequeno sistema comercial de pel de castor cos habitantes locais, pero o comercio era esporádico e os neerlandeses non se estableceron permanentemente no lugar.

En 1637 un pequeno grupo de puritanos recoñeceu a área do porto de New Haven e pasou o inverno. En abril de 1638 o grupo principal de 500 puritanos que abandonaran a Colonia da Baía de Massachusetts baixo o liderado do reverendo John Davenport e do mercador londiniense Theophilus Eaton navegaron cara ao porto. Esperaban establecer unha comunidade teolóxica co goberno máis vinculado á igrexa que en Massachusetts e explotar o excelente potencial da zona como porto. Os Quinnipiacs, que estaban sendo atacados polos seu veciños Pequots, venderon a súa terra aos colonos a cambio de protección.

New Haven en 1641

En 1640, o goberno teocrático de "Qunnipiac" e o plan de cuadrícula de nove cadrados estaban en marcha, e a cidade foi renomeada Newhaven, significando 'haven' porto. Porén, a área do norte seguiu en mans dos Quinnipiac ata 1678, cando foi renomeada Hamden. O asentamente converteuse na sede da Colonia de New Haven, distinta á Colonia de Connecticut establecida anteriormente en Hartford. Reflectindo as súas raíces teocráticas, a Colonia de New Haven prohibiu o establecemento doutras igrexas, mentres que a Colonia de Connecticut as permitía.

O desastre económico golpeou a Newhaven en 1646, cando a cidade enviou o seu primeiro barco cargado con bens locais cara Inglaterra. O barco nunca chegou ao seu destino e a súa desaparición estancou o desenvolvemento de New Haven fronte os crecentes potencias comerciais de Boston e Nova Ámsterdan.

En 1660 os desexos do fundador da colonia John Davenport cumpríronse, e fundouse a Hopkins School en New Haven con cartos do patrimonio de Edward Hopkins.

En 1661 os rexicidas que asinaran a sentenza de morte rei Carlos I de Inglaterra foron perseguidos por Carlos II. Dous deles, os coroneis Edward Whalley e William Goffe, fuxiron a New Haven buscando refuxio. Davenport dispuxo que se agachasen nas montañas West Rock ao noroeste da cidade. Posteriormente uniríase a eles un terceiro xuíz, John Dixwell.

Como parte da Colonia de Connecticut

[editar | editar a fonte]

En 1664 New Haven pasou a formar parte da Colonia de Connecticut cando as dúas se fusionaron baixo presións políticas de Inglaterra. Algúns membros da Colonia de New Haven Colony buscaron establecer unha nova teocracia nalgures e acabaron establecéndoa en Newark, Nova Jersey.

No ano 1701 foi nomeada co-capital de Connecticut, un status que mantivo ata 1873.

En 1716 o Collegiate School mudouse de Old Saybrook a New Haven, establecendo á cidade como un centro de aprendizaxe. En 1718, en resposta a unha gran doazón do comerciante da Compañía Británica das Indias Orientais Elihu Yale, antigo gobernador de Madras, o nome do Collegiate School cambiouse a Yale College.

Durante máis dun século os cidadáns de New Haven loitaran na milicia colonial xunto con forzas regulares británicas, como na guerra franco-india. A medida que se aproximaba a Revolución Americana, o xeneral David Wooster e outros influentes residentes agardaban que o conflito co goberno británico puidese resolverse antes da rebelión. O 23 de abril de 1775, data que aínda se celebra en New Haven como o Powder House Day, a segunda compañía da Governor's Foot Guard de New Haven entrou en loita contra o parlamento británico gobernante. Baixo o mando do capitán Benedict Arnold irromperon na casa da pólvora para armarse e comezar unha marcha de tres días cara Cambridge, Massachusetts. Outros membros da milicia de New Haven estiveron presentes para escoltar a George Washington durante a súa estadía dunha noite na cidade de camiño a Cambridge.

O 5 de xullo de 1779 2 600 leais e regulares británicos baixo o mando do xeneral William Tryon, gobernador de Nova York, desembarcaron no porto de New Haven e atacaron a cidade de 3 500 habitantes. Unha milicia de estudantes de Yale estivérase preparando para a batalla, e o antigo presidente de Yale e profesor da Yale Divinity School Naphtali Daggett cabalgou para enfrontarse aos casacas vermellas. O presidente de Yale Ezra Stiles relatou no seu diario que memtres movía mobles anticipándose á batalla aínda non podía crer que a revolución comezara.[10] New Haven non foi incendiada como os invasores fixeran con Danbury en 1777, ou con Fairfield e Norwalk unha semana despois de atacar New Haven, polo que moitas das características coloniais da cidade conserváronse.

Período post-colonial e industrialización

[editar | editar a fonte]

New Haven foi incorporada como cidade en 1784, e Roger Sherman, un dos firmantes da Constitución e autor do "Compromiso de Connecticut", converteuse no seu primeiro alcalde.

A cidade alcanzou a fortuna a finais do século XVIII coas invencións e a actividade industrial de Eli Whitney, un graduado de Yale que permaneceu en New Haven para desenvolver a desementadora de algodón e establecer unha fábrica de armas no norte, preto do límite con Hamden. Esa zona aínda se coñece como Whitneyville, e a principal estrada entre as dúas cidades é coñecida como Avenida Whitney. A fábrica é no presente o museo Eli Whitney, que ten especial énfase nas actividades para nenos e exposicións relacionadas co fabricante de xoguetes A. C. Gilbert Company. A súa fábrica, xunto coa de Simeon North, e os activos sectores da fabricación de reloxos e de ferralla de bronce, contribuíron a facer de Connecticut unha potente economía manufactureira; chegou a haber tantos fabricantes de armas que o estado coñecíase como "O arseal de América". Foi na fábrica de armas de Whitney onde Samuel Colt inventou o revólver automático en 1836. Moitos outros talentosos maquinistas e deseñadores de armas de fogo fundarían exitosas compañías de fabricación de armas en New Haven, entre elas Oliver Winchester e O.F. Mossberg & Sons.

A canle de Farmington Canal, creada a principios do século XIX, foi un transportador de mercadorías de curta vida cara ás rexións interiores de Connecticut e Massachusetts, e ía dende New Haven ata Northampton, Massachusetts.

Lugar da Winchester Repeating Arms Company

New Haven foi o fogar dun dos primeiros acontecementos importantes no crecente movemento anti-escravista cando, no ano 1839, o xuízo dos membros da tribo mende amotinados cando eran transportados como escravos no buque escravista español La Amistad celebrouse no Tribunal de Distrito de New Haven.[11] Hai unha estatua de Joseph Cinqué, o líder informal dos escravos, ao lado da casa do concello. Abraham Lincoln pronunciou un discurso sobre escravitude na cidade en 1860,[12] pouco antes de obter a nomeación republicana para presidente.

A guerra civil estadounidense impulsou a economía local con compras de bens industriais en tempo de guerra, incluídas compras á New Haven Arms Company, que posteriormente se convertería na Winchester Repeating Arms Company (Winchester continuou producindo armas na cidade ata 2006, e moitos dos edificios que eran parte da planta da compañía son no presente parte do distrito histórico Winchester Repeating Arms Company).[13] Tras a guerra a poboación medrou e dobrouse a comezos do século XX, en gran parte grazas á chegada de inmigrantes do sur de Europa, principalmente de Italia. No presente aproximadamente a metade dos habitantes de East Haven, West Haven, e North Haven son italoamericanos. A inmigración xudía a New Haven deixou unha marca duradeira na cidade. Westville foi o centro da vida xudía en New Haven, aínda que hoxe en día moitos expandíronse cara comunidades suburbanas como Woodbridge e Cheshire.

Época postindustrial e remodelación urbana

[editar | editar a fonte]

A expansión de New Haven continuou durante as dúas guerras mundiais, sendo a meirande parte dos novos habitantes afroamericanos do sur do país e portorriqueños. A cidade acadou o seu pico de poboación tras a segunda guerra mundial. A área de New Haven é de só 44 km², fomentando o desenvolvemento de novas vivendas en cidades adxacentes suburbanas. Ademais, como outras cidades estadounidenses nos anos 50, New Haven comezou a sufrir fuga branca de traballadores de clase media. Un autor suxeriu que a redistribución e rezonificación agresiva fixo difícil para os residentes obter financiamento para as vivendas urbanas máis antigas, e condenando así a esas estruturas á deterioración.[14]

En 1954 o entón alcalde Richard C. Lee comezou algúns dos primeiros grandes proxectos de renovación urbana dos Estados Unidos. Certas seccións do centro da cidade foron redesenvolvidos para incluír museos, novas torres de oficinas, un hotel, e grandes complexos de tendas.[15] Outras partes da cidade, particularmente as veciñanzas de Wooster Square e Fair Haven, víronse afectadas pola construción da Interestatal 95, a Interestatal 91 e o conector de Oak Street. O conector de Oak Street (Ruta 34), que se estende entre a Interestatal 95, o centro e a veciñanza de The Hill, orixinalmente ía ser unha autoestrada cara aos suburbios do oeste da cidade pero só se rematou como unha autoestrada cara á zona centro, converténdose a área do oeste nun boulevard.

En 1970 tiveron lugar en New Haven unha serie de procesos penais contra varios membros do Partido das Panteras Negras, incitando a protestas masivas no New Haven Green con 12 000 manifestantes, entre eles moitos dos activistas políticos da Nova Esquerda máis coñecidos.

Dende os anos 60 ata finais dos 90 as áreas centrais de New Haven continuaron o seu declive, tanto económico como en termos de poboación, a pesar dos intentos de resucitar certos barrios a través de proxectos de renovación. Xunto con este declive de poboación, New Haven experimentou un aumento da delincuencia.

Dende aproximadamente o ano 2000 moitas partes do centro foron revitalizadas con novos restaurantes, locais nocturnos e pequenas tendas. En particular, a zona que rodea o New Haven Green experimentou unha afluencia de apartamentos e condominios. Nos últimos anos, as opcións de compras retallistas no centro incrementáronse coa apertura de novas tendas como Urban Oufitters, J Crew, Origins, American Apparel, Gant Clothing e Apple Store, uníndose a comercios máis antigos como Barnes & Noble e Raggs Clothing. Ademais abriron dous supermenrcados para servir á crecente poboación do centro.

Entre os grandes proxectos está a presente construción dun novo campus para o Gateway Community College, e tamén un edificio de 32 pisos con 500 apartamentos/tendas chamado 360 State Street. O 360 State Street é no presente o edificio residencial máis grande de Connecticut.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Río Quinnipiac

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos de América, a cidade ten unha área total de area 52,1 km², dos cales 48,4 km² é terra e 3,7 km² (o 6,67%) é auga.

As características xeográficas máis coñecidas de New Haven son o seu gran e pouco profundo porto, e dúas cristas rochosas basálticas avermelladas que se elevan cara ao nordés e o noroeste da cidade. Estas cristas son coñecidas respectivamente como East Rock e West Rock, e ámbalasdúas serven como grandes parques. West Rock ten un túnel que a cruza de oeste a leste a través do Wilbur Cross Parkway (o único túnel de autoestrada a través dun obstáculo natural en Connecticut), e que foi refuxio dos "rexicidas". East Rock conta co destacado monumento de guerra "Soldados e Mariñeiros" no seu pico, ademais do sendeiro "Great/Giant Steps" que vai polo lado do precipicio.

A cidade está drenada por tres ríos; de oeste a leste, o West, o Mill e o Quinnipiac. O río West descarga en West Haven Harbor, mentres que o Mill e o Quinnipiac descargan en New Haven Harbor. Ámbalas dúas zonas son baías do Long Island Sound.

New Haven ten un clima temperado climate (clasificación climática de Köppen: Dfa) típica de gran parte da área metropolitana de Nova York, con longo veráns quentes, e invernos de frescos a fríos. Dende maio ata finais de setembro o tempo é normalmente quente e húmido, con temperaturas medias que pasan dos 27 °C 70 días por ano. No verán, o anticiclón dos Azores crea un fluxo de aire quente e húmido dende o sur, con treboadas frecuentes. De outubro ata principios de decembro as temperaturas son moderadas e van volvéndose frescas cara ao final do outono, mentres que o principio da primavera (abril) pode ser de fresco a cálido. Os invernos son moderadamente fríos tano con choiva como con neve.

Os patróns climáticos que afectan a New Haven derívanse dunha dirección do vento no mar primaria, o que reduce a influencia mariña do Long Island Sound, aínda que, como noutras zonas costeiras, as diferenzas na temperatura entre áreas na liña de costa e áreas entre 1 e 3 km cara ao interior poden ser grandes ás veces. Durante as vagas de calor do verán as temperaturas poden chegar aos 35 °C ou ocasianalmente máis altas con temperaturas por riba dos 38 °C.

Urbanismo

[editar | editar a fonte]
New Haven vista dende o sur

New Haven ten unha longa tradición de planificación urbana e un deseño intencional para o esquema da cidade.[16] Pode dicirse que New Haven ten un dos primeiros esquemas preconcibidos do país.[17] Tras a súa fundación, New Haven estableceuse nun plan de reixa formado por nove bloques; a praza central deixouse aberta seguindo a tradición de moitas cidades de Nova Inglaterra, como unha área común da cidade. New Haven tamén instituíu o primeiro programa de plantación pública de árbores do país. O New Haven Green alberga no presente a tres igrexas históricas distintas que falan da natureza teocrática orixinal da cidade.[5] O Green segue sendo o centro social de New Haven hoxe en día. No ano 1970 foi nomeado Fito Histórico Nacional.

O centro de New Haven, ocupado por uns 7 000 residentes, ten un carácter máis residencial que a meirande parte dos centros das cidades. A área centro proporciona ao redor da metade dos traballos da cidade e a metade da súa base impositiva.[18]

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de New Haven orixinalmente estaba baseada na manufactura, pero o período de posguerra trouxo un rápido descenso industrial; todo o nordés dos Estados Unidos viuse afectado, e as cidades de tamaño medio con grandes poboacións de clases traballadoras, como New Haven, foron golpeadas con dureza. Ao mesmo tempo, o crecemento e expansión da Universidade Yale afectaron aínda máis o cambio económico. No presente, ao redor da metade da economía da cidade está baseada no sector servizos, en particular na educación e na asistencia sanitaria; Yale é o maior empregador da cidade, seguido do hospital Yale-New Haven. Outros grandes empregadores son a Southern Connecticut State University, o fabricante de sistemas de apertura de portas Assa Abloy, a sede dos Cabaleiros de Colón, Higher One, Alexion Pharmaceuticals, Covidien e United Illuminating.[19] Yale e Yale-New Haven tamén están entre os principais empregadores do estado.

  1. "Profile of General Population and Housing Characteristics: 2010 Demographic Profile Data (DP-1): New Haven city, Connecticut". U.S. Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2015. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  2. "Profile of General Population and Housing Characteristics: 2010 Demographic Profile Data (DP-1): New Haven-Milford, CT Metro Area". U.S. Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2015. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  3. "Strange, Beautiful, and Unexpected: Planned Cities Seen From Space". Wired. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  4. "The Failure of America's First City Plan: Why New Haven, the Colonies' First Planned City, Would Have Been Better Left Unplanned". Urban Lawyer. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "New Haven: The Elm City". Town Greens. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  6. "National Planning Landmark Award". American Planning Association. Archived from the original on 05 de marzo de 2017. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  7. "Mayor Harp to Introduce Official Wi-Fi Service on Historic New Haven Green". City of New Haven. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2018. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  8. "In New Haven, Art Almost Everywhere You Look". The New York Times. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  9. "They’re Putting The “Elm” Back In “Elm City”". New Haven Independent. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  10. Freeman, Joanne B., "The American Revolution", leccción 15, curso Open Yale
  11. "Unidentified Young Man". World Digital Library. Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  12. "Abraham Lincoln". The History Place. Archived from the original on 12 de marzo de 2010. Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  13. "Out With A Bang". The Washington Post. Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  14. "City: Urbanism and Its End (The Institution for Social and Policy St)". Yale University. Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  15. "CITIES: Forward Look in Connecticut". Time. Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  16. "An Architectural Guide". New Haven 1879. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  17. "New Haven town plan". The Society of Colonial Wars in the State of Connecticut. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  18. "Downtown" (PDF). City of New Haven. Archived from the original on 01 de marzo de 2016. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  19. "Major Industries and Commercial Activity". City Data. Consultado o 12 de outubro de 2018.