Timor
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Timor archipelago (en) Illas menores da Sonda | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas da Sonda | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Timor | ||||
Características | |||||
Altitude | 2.963 m | ||||
Tamaño | 102 () × 476 () km | ||||
Punto máis alto | Foho Tatamailau (2.963 m ) | ||||
Superficie | 30.777 km² | ||||
Timor é unha illa ao sur do Arquipélago Malaio, ao norte do mar de Timor. Está dividida entre o Estado independente de Timor Leste, e Timor Occidental, que forma parte da provincia indonesia de Nusa Tenggara Leste. Dentro de Timor Occidental atópase un exclave de Timor Leste chamado Distrito de Oecusse. A illa ten unha superficie de 30 777 kilometros cadrados (11 883 millas cadradas). O nome é unha variante de timur, palabra que en malaio significa "Leste", así chamada por estar no confín oriental dunha cadea de illas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Xeografía de Timor Leste e Xeografía de Timor Occidental.
Timor está situado ao norte de Australia, e é unha das illas da Sonda máis orientais, xunto a Sumba, Babar e outras pequenas illas. Forma parte do arquipélago das illas menores da Sonda coas illas internas de Flores, Alor e Wetar ao norte, e máis aló delas Sulawesi.
Timor é a illa principal do arco exterior de Banda, que emerxeu pola colisión co continente australiano. Timor ten unha xeoloxía máis antiga e carece da natureza volcánica das illas menores da Sonda do norte. A orientación do eixe principal da illa tamén difiere dos seus veciños. Estas características explicáronse como o resultado de estar no bordo norteño da Placa Indoaustraliana que no choque coa Placa eurasiática elevase no Sueste asiático.[1] O clima inclúe unha longa tempada seca con ventos calorosos que sopran desde Australia. Os ríos na illa inclúen o Río Lacló do Norte e do Sur en Timor Leste.
Timor está cuberto de selvas tropicais e subtropicais, con moitas árbores de folla caduca que perden as súas follas durante a estación seca. En Timor houbo durante moito tempo unha cume volcánica, cuxa luz serviu como faro aos mariñeiros que navegaban os mares próximos. En 1637 produciuse unha grande erupción na montaña da que non quedou máis que un lago que agora ocupa o seu lugar.
Segundo a mitoloxía local, a illa de Timor era un crocodilo xigante.
As cidades máis grandes da illa son Kupang a capital provincial de Timor Occidental en Indonesia e as cidades coloniais portuguesas de Dili, a capital e Baucau en Timor Leste. As malas estradas dificultan o transporte cara ás zonas interiores, especialmente en Timor Leste.[2] Timor Leste é un país pobre, con problemas de saúde incluíndo malaria e febre do dengue. As fontes de ingresos inclúen o gas e o petróleo no Mar de Timor, o cultivo de café e o turismo.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa estivo politicamente dividida en dúas partes durante algúns anos por colonias europeas: Timor Occidental, coñecido como Timor Holandés desde a primeira década do século XIX ata 1949 en que se converteu no Timor Indonesio, parte de Indonesia formada polas antigas Indias Orientais Holandesas; e Timor Oriental coñecido como o Timor Portugués desde 1596 ata 1975. Timor Oriental inclúe o enclave de Oecussi-Ambeno en Timor Occidental. Os Países Baixos e Portugal non resolveron formalmente o contencioso fronteirizo ata 1912.
O exército indonesio invadiu Timor Oriental o 7 de decembro de 1975, unha semana logo da proclamación da independencia de Lisboa. Desde entón ata setembro de 1999, rexistrouse no territorio o maior xenocidio proporcional á poboación dun país xamais verificado: 220.000 mortos, nunha poboación que en 1975 calculábase en 650.000 habitantes.
Tras a súa anexión por parte de Indonesia en 1976, Timor Oriental foi chamado Timor Timur ou 'Tim-Tim'. Iacarta considerábao a vixésimo sétima provincia do país, pero isto nunca foi recoñecido polas Nacións Unidas. Logo dun acto de autodeterminación en 1999, no que a poboación rexeitou a oferta de autonomía dentro de Indonesia, Timor Oriental accedeu á independencia en 2002.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Audley-Charles, M.G. (1987) "Dispersal of Gondwanaland: relevance to evolution of the Angiosperms" In: Whitmore, T.C. (ed.) (1987) Biogeographical Evolution of the Malay Archipelago Oxford Monographs on Biogeography 4, Clarendon Press, Oxford, pp. 5–25, ISBN 0-19-854185-6
- ↑ Kusago, Takayoshi (xuño 2005). "Post-Conflict Pro-Poor Private-Sector Development: The Case of Timor-Leste". Development in Practice 15 (3/4): 502–513. JSTOR 4029980.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Timor |